O MELLOR AGASALLO
Despois de levaren as nosas nenas, e os nosos nenos todo o curso coidando a natureza, debullando millo para os paxariños, reutilizando as botellas de plástico para facerlles casiñas e comedeiros, hoxe tivemos a mellor recompensa posible, porque atopamos nunha das árbores que hai á entrada da nosa escola, un niño.
Menuda alegría nós causou este descubremento! E deusenos por pensar que sería o que máis lle gustou da nosa escola a este paxaro, para vir aniñar a esta árbore.
SERÁN AS ZONAS VERDES ?
SERÁ A MANEIRA NA QUE AS NOSAS NENAS, E OS NOSOS NENOS COIDAN A NATUREZA?
SERÁ FLORINDA?
SERÁ A ÁRBORE DA VIDA?
OU QUE VÍU COMO AS NENAS E OS NENOS LLES PREPARAN COMIDA AOS PAXAROS TODOS OS DÍAS
POIDA QUE SEXAN AS NOSAS MACETAS…
OU AS APERTAS QUE LLE DABAN AS NENAS E OS NENOS Á ÁRBORE QUE EL ESCOLLEU.
AÍNDA QUE HAI QUEN DI QUE O QUE MÁIS LLE GUSTOU A ESTE PAXARIÑO, O MOTIVO POLO CAL ESCOLLEU A NOSA ESCOLA, E O PATIO DE EDUCACIÓN INFANTIL FOI POLA VIDA QUE DESPRENDEN OS NOSOS «PEQUENOS REBULIDEIROS»
Tardamos varios días en averiguar cal era o motivo polo que este paxariño aniñara no noso colexio. O martes 16 de maio descubrimos outo niño no patio de Educación Infantil, e foi entón cando nos demos da causa pola que os paxaros estaban aniñando na nosa escola,tal e como vós contaremos na entrada seguinte, este ano conseguimos ser un centro atractivo para os paxariños.