Monthly Archives: abril 2017

QUÉROTE VERDE

Verdes, moi verdes están a nosa horta solidaria, e os patios da nosa escola, grazas aos coidados dos nosos nenos, e das nosas nenas, que sempre están dispostos a botar una man, para regar, reutilizar, sementar…..e en definitiva encher a escola de vida e de cores.

DSC07895

Aixa, Iria, Xiana e Uxia presentaron  a nosa escola vestidas de verde.

VISITA DE ANXO MOURE

Coincidindo coa semana da celebración do Día Mundial da Auga (22 de marzo) e do Día Mundial dos Bosques (21 de marzo) recibimos no cole a visita de Anxo Moure, gran contador de historias e defensor da natureza  e dun mundo máis xusto e solidario. O día 23 de marzo realizou varias sesións de contacontos con todos os alumnos do colexio, a todos lles falou das árbores, da súa defensa e coidado, da importancia do coidado da natureza, da defensa dos nosos bosques autóctonos e dos perigos que os ameazan, do aproveitamento dos recursos, de reciclar, de ser solidarios…

Todo ist23o dun xeito divertido e ameno, onde nos presentou aos seus amigos, o famoso Carballo con botas, a Caureliña, a pastora, o paxaro amigo… facendo participar aos nenos e nenas repetindo consignas e frases en prol da defensa da natureza. «Anxo Moure utiliza os contos como unha ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante de xustiza social.» 

Tamén nos invitou a que o visitaramos na súa Casa na Árbore, na aldea de Garabelos, un proxecto de animación cultural e escola aberta a natureza e que esperamos poder visitar algún día.

Na seguinte presentación podedes ver o ben que o pasaron e disfrutaron coas historias que lles contou Anxo Moure:

22

(Premer na imaxe para ver a presentación)

E na nosa biblio temos algúns dos seus libros que podedes ver alí mesmo ou levar para a casa:

CAPITÁNS VERDEMÁN

Presentámosvos a un grupo de nenos e de nenas que despois de coñecer ao Capitán Verdemán, a través do vídeo e do libro que traballamos na aula, decidiron deseñar os seus traxes, e converterse nos seguidores deste heroe da reciclaxe. 

Agora terán que convencer, ao longo do terceiro trimestre, a máis compañeiros, e compañeiras do cole, ata conseguir un equipo de capitáns verdemáns, especializados en reducir, reutilizar e reciclar.

 

HEROES 12

De momento xa temos varios nenos que, seguindo os pasos do Capitán Verdemán, se comprometen a manter  a escola limpa.

A HORTA ESCOLAR SOLIDARIA

Esta iniciativa  xurdíu cando Sandra Lucía, unha das nais que desenvolven os talleres da ECOPATRULLA, propúxonos que no verán se encargasen de coidar o horto escolar, e de recoller os froitos, as familias da nosa comunidade educativa que teñen máis dificultades económicas; ás que ao longo do curso lles están axudando dende a Anpa co banco de alimentos e co banco de roupa.

Entre todos comezamos con moita ilusión a rexenerar o horto. Aquí vemos como quedou logo de cavar e de abonar.

Coa terra ben preparada chegou o tempo de sementar, e de plantar na nosa horta solidaria.

Xa podemos ver o froito do noso traballo, a horta solidaria chea de vida, de amorodos, de xudías, de acelgas  e de repolos.