Daily Archives: 26/04/2017

A ÁRBORE QUE FALABA

Na nosa carballeira suceden cousas marabillosas. Nela podemos ler, escoitar os paxaros, descansar cos amigos, levar os problemas á árbore dos problemas, coidar a fauna da escola ou atopar unha árbore que fala.

Si, si, por moi estraño que pareza os nosos cativos descubriron unha árbore moi especial, unha árbore cheíña de sentimentos e de palabras, que se comunica cos nenos pedíndolles que lle axuden.

A nosa árbore faladora non lle gusta a contaminación, nin as persoas que non saben coidar a natureza, e como ela ten os pés na terra e non pode moverse, pídelle aos nenos que lle axuden a ter una escola verde e limpa.

Din que hai persoas que non poden escoitar á árbore, mesmo hai quen conta que só a poden oír os nenos, e non todos os nenos, só os que teñen un corazón moi grande, e son capaces de coidar a terra.

Velaí os nosos rapaces de 4º de educación infantil, que demostraron ter un corazón enorme, ao seren capaces de falar coa árbore.

Contáronnos que a árbore lles pedíu que lle axudasen a coidar aos paxaros, e alá foron a colocarlle comida nos comedeiros.

Os nenos e as nenas de 5º de Educación Infantil tamén foron capaces de escoitar as mensaxes da árbore, achegáronse a ela con moito agarimo e descubriron o que lles decía…..

Á árbore máxica pedíulles que recollesen os papeis do patio, que regasen o horto, e que revisasen todos os días os comedeiros dos paxaros.

E asi o fixeron….