Monthly Archives: abril 2017

A NOSA ECOPATRULLA NA TELE

A cadea de televisión local TELEMIÑO realizou no noso cole unha gravación na que fomos os protagonistas. Concretamente gravaron un programa da serie XORNAL ESCOLAR centrado nas actividades que realiza a nosa ECOPATRULLA.

O programa tivo dous momentos diferenciados: un que se gravou no cole con diferentes mostras de todas as actividades que realiza a ECOPATRULLA e outra parte que se gravou nos estudos de TELEMIÑO en onde asistiron como público os nenos e nenas de 4 e 5 anos e fixeron de co-presentadores Jeray (de 5 anos) e Ana e Martín (de 4 anos).

Recordamos que a ECOPATRULLA é unha actividade que realizan 101 nenos e nenas voluntarios na hora de actividades despois da hora de xantar e, que unha vez programadas polo equipo de VOZ NATURA do centro, son levadas a cabo principalmente, por dúas nais que colaboran no servizo de comedor escolar, Sandra e Ana Belén, e por un avó, Sergio.

Para o programa graváronse algunhas mostras dos distintos grupos de actividades que a ECOPATRULLA ven realizando ao longo do curso:

  1. COIDADO DO MEDIO (OU HORTO ESCOLAR)

    2. TALLERES DE RECICLADO

    3. XOGANDO COA NATUREZA

    4. POÑENDO A ESCOLA GUAPA

    5. TALLERES DE COUSAS CON RAÍZ (TALLERES PAN DE MILLO)

    E DE PIÑAS E XESTAS

6. HORTO BOTIQUÍN

7. FACEMOS CASAS PARA ANIMALIÑOS

E mantémolas húmidas, regando todos os días.

8. DEBULLAMOS MILLO E DAMOS DE COMER AOS PAXAROS

9. ESCOITAMOS, TOCAMOS, SENTIMOS E BAILAMOS AO  SON DA NATUREZA

FACEMOS  INSTRUMENTOS CON MATERIAIS DA NATUREZA, E CON OBXECTOS REUTILIZADOS.

E para rematar todos xuntos cantamos LA HORA DEL PLANETA para manifestar o noso compromiso de contribuír a un mundo sostible

O pasado 8 de abril emitiuse o programa na tele local TELEMIÑO e aquí vos deixamos os enlaces para que podades ver o programa completo:

 

P1080463

XORNAL ESCOLAR – PRIMEIRA PARTE

DSC07632

XORNAL ESCOLAR – SEGUNDA PARTE

A ÁRBORE QUE FALABA

Na nosa carballeira suceden cousas marabillosas. Nela podemos ler, escoitar os paxaros, descansar cos amigos, levar os problemas á árbore dos problemas, coidar a fauna da escola ou atopar unha árbore que fala.

Si, si, por moi estraño que pareza os nosos cativos descubriron unha árbore moi especial, unha árbore cheíña de sentimentos e de palabras, que se comunica cos nenos pedíndolles que lle axuden.

A nosa árbore faladora non lle gusta a contaminación, nin as persoas que non saben coidar a natureza, e como ela ten os pés na terra e non pode moverse, pídelle aos nenos que lle axuden a ter una escola verde e limpa.

Din que hai persoas que non poden escoitar á árbore, mesmo hai quen conta que só a poden oír os nenos, e non todos os nenos, só os que teñen un corazón moi grande, e son capaces de coidar a terra.

Velaí os nosos rapaces de 4º de educación infantil, que demostraron ter un corazón enorme, ao seren capaces de falar coa árbore.

Contáronnos que a árbore lles pedíu que lle axudasen a coidar aos paxaros, e alá foron a colocarlle comida nos comedeiros.

Os nenos e as nenas de 5º de Educación Infantil tamén foron capaces de escoitar as mensaxes da árbore, achegáronse a ela con moito agarimo e descubriron o que lles decía…..

Á árbore máxica pedíulles que recollesen os papeis do patio, que regasen o horto, e que revisasen todos os días os comedeiros dos paxaros.

E asi o fixeron….

DÍA DA TERRA

Esta celebración festiva correspóndese con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra, que se celebra o  21 de marzo,  e o Día da Terra ,  o 22 de abril, dende o 1970, data na que se celebrou  por primeira vez nos Estados Unidos.

A festividade foi creada, tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación á que os humanos estabamos sometendo a natureza. Pretende lembrarnos que o planeta, e os seus ecosistemas dannos vida, polo que temos a responsabilidade de coidalos e de protexelos.

Con esta celebración queremos comprometernos, como nos recordaba a Declaración de Río de 1992, para fomentar a harmonía coa Nai Terra, ata acadar o equilibrio do ser humano co medio, desenvolvendo prácticas sostibles.

No noso centro desenvolvemos varias actividades, para  promover a alfabetización mediambiental e climática do noso alumnado.

Comezamos analizando a situación actual do medio ambiente, para establecer a continuación o noso compromiso pola terra, no que cada neno se responsabiliza dunha zona verde da escola.

Aquí temos a un grupo de nenas e de nenos moi responsables, asumindo o seu compromiso, son os madrugadores, que xa regan á primeira hora, antes de subir ás clases.

Logo da análise baixamos ao patio para buscar a zona que ía  coidar cada cativo, ou cada grupo.

Con todas as fotos, da nosa escola verde, organizamos a exposición “VEXO VERDE”, que nos convida a gozar do noso traballo, dunha escola na que todos nos comprometemos no coidado do medio.

EXPOSICIÓN:  ” VEXO VERDE”

Os cativos de educación infantil traballaron varias fichas na aula.

artistas 1

Aquí temos o traballo das nenas, e dos nenos de 4º de Educación Infantil.

Tamén estivemos celebrando este día no horto, e no  xardín dos sentidos, onde aproveitamos para plantar, regar e gozar da fauna e dos sons da natureza.

comprmiso 5

Regando, regando a terra estamos coidando.

Non podían faltar as actividades de reutilizar ou de reciclar, que lle dan vida ao noso proxecto.

Nesta ocasión foi unha nai da comunidade educativa a que nos mandou botellas de leite xa cortadas, para que pudiéramos decoralas, e empregalas para sementar ou para plantar.

As nenas e os nenos de 2º levaron  unha bolsa de sementes para cultivar nas súas casas cebolas, pementos, cabaciñas, chícharos, leitugas ou tomates.

E como somos moi festexeiros, rematamos esta celebración bailando a canción de Chayanne “Madre Tierra”, coa que queremos desexarvos un feliz Día da Terra!!.

UNS RELOXOS MOI ORIXINAIS

A titora de sexto, a profesora  Tamara,  sorprendeunos cunha proposta moi creativa. Reutilizar tapacubos para facer reloxos. E aínda máis soprendente foi o resultado, velaí…….

…os orixinais reloxos que foron capaces de facer as nenas e os nenos de 6º, con materiais do lixo.

tapacubos 5

 

SEMENTANDO IDEAS VERDES

Hoxe, ao estar no recreo tomando a parva, veu Marco a dicirnos que cando terminase o vaso de leite, el e tres compañeiras ían recoller os vasos de plástico do lixo e lavalos, para que os puideramos REUTILIZAR para facer sementeiros, porque había que AFORRAR, COIDAR  o planeta e NON CONTAMINAR.

BLOG 12

BLOG 13

Pareceunos que sementar “ideas verdes” era asegurar unha “boa colleita”, tal e como nolo acababan de demostrar Claudia, Saleth, Aldara  e Marco…….

BLOG 11BLOG 10…que decidiron pasar todo o recreo lavando os vasos de plástico para poder reutilizalos.

A ÁRBORE DOS PROBLEMAS

A miúdo aos nenos resúltalles difícil atender na aula porque teñen preocupacións que os distraen. Na nosa escola démonos conta de que a  maioría dos problemas que traen á escola  afectánlles  ao longo do día, e fan que lles resulte moi complicado concentrarse  nas clases. 

Polo que decidimos traballar  o seguinte conto, escrito por Jorge Bucay.

O carpinteiro que contratara para axudarme a reparar a miña vella granxa, acababa de finalizar o seu primeiro día de traballo, e este fora un día moi complicado.

Unha das  máquinas avariarase facéndolle  perder unha hora de traballo, e o seu antigo camión negábase a arrincar.

Mentres o levaba á  casa, permaneceu calado .

Cando chegamos, convidoume a coñecer á súa familia.

Ao  dirixirnos  á porta, detívose  fronte a unha pequena árbore, tocando as puntas das ramas coas dúas  mans.

Ao entrar na súa casa, ocorreu unha sorprendente transformación. A súa bronceada cara sorría plenamente. Deulle unha aperta  aos seus  fillos e  un bico á súa muller. Posteriormente acompañoume ata o coche. Cando pasamos preto da árbore, sentín curiosidade, e pregunteille porque tocara aquela árbore antes de entrar na casa. E contoume o seguinte:

– “Esa é a miña árbore dos problemas”.

– “Sei que eu non podo evitar ter problemas no traballo, pero hai algo que é seguro: os problemas non pertencen nin á miña casa, nin á miña muller, nin aos meus fillos. Así que, simplemente, cólgoos na árbore cada noite cando chego. Despois, pola mañá recólloos outra vez. O máis divertido é que… cando saio á mañá a recollelos, non  atopo tantos problemas  como os que deixara  a noite anterior.”  

 Propuxémoslle aos nenos que debuxaran  os seus problemas, os seus medos, ou as súas preocupacións.

 

Unha vez debuxados metémolos en bolsas……

Buscamos unha árbore moi forte, para convertela na nosa árbore dos problemas.

arbore problemas 3

E poder  deixar nela todos os días as nosas preocupacións.

 

Antes de colgarlle as bolsas démoslle unhas apertas ben grandes, para que lle axudasen  a cargar cos nosos problemas.

Buscámoslle 2 madriñas moi boíñas.

superpadriños 18

Shaila e Candela amadriñaron o noso carballo dos problemas.

E plantamos a súa beira 2 novas árbores, 2 castiñeiros  para que tivera bos amigos.

A  partir de agora  intentaremos colgar, ao chegar ao centro,  os nosos problemas nesta árbore, para poder subir máis tranquilos ás clases.

ARBORE 1

FORMIFOGAR

Dende que descubrimos formigas no noso horto estivemos pensado que podíamos facer, para movelas da zona na que temos os cultivos á zona de herba.

Fixémoslles unha casiña.

formigas 3

Que temos que manter sempre húmida.

A nosa sorpresa foi ben grande, cando ao volver de vacacións de Semana Santa, descubrimos que as formigas estaban no fogar que lles fixéramos. Desta maneira non danan os cultivos, e poden seguir vivindo na nosa escola.

E dar longos paseos, dende a zona de herba ata o seu novo fogar.

QUEN TEN UNHA MADRIÑA OU UN PADRIÑO TEN UN TESOURIÑO

Que ben lle sentan as nosas plantas aromáticas e medicinais os coidados das súas madriñas e dos seus padriños!

 

Dende que se converteron en afilladas medraron moito, grazas á responsabilidade das nosas nenas e dos nosos nenos que as visitan no recreo, e preocupanse de regalas e de comprobar a súa saúde, mirando a cor das follas, e a humidade da terra.

Ata o carballo con botas parece que está contento co seu padriño.

tesouriño 8Agora estamos buscando 2 voluntarios para que apadriñen os castiñeiros, aínda que como os sementaron os nenos e as nenas de infantil, seguro que queren amadriñalos eles.

castiñeiro 1

 

HOTEL PARA PAXAROS

Belén, Sandra Lucía, e as nenas e os nenos da ecopatrulla, con  ilusión e con moitas gañas de traballar, converteron a nosa carballeira nun auténtico hotel para paxaros.

hote paxaros 7

Comezaron reutilizando os carozos para facerlles randeeiras e casiñas.

BLOG 14E seguiron reutilizando botellas de plástico para facer comedeiros, e ata xoguetes moi creativos.

Carlos ata lle colocou un niño nunha árbore.

ARBORE PERTASAquí podemos ver como quedou o noso hotel para paxaros logo de varios días de traballo.

Á volta das vacacións da Semana Santa as nenas e os nenos de 5º de Educación Infantil foron ao hotel dos paxaros, para revisar as araandeiras e levarlles millo e auga.

E os nenos e as nenas da ecopatrulla remataron as novas casiñas comedeiros, que fixeron reutilizando as botellas de plástico.

APADRIÑANDO PLANTAS E ÁRBORES

Cada neno apadriñou, ou amadriñou unha planta ou unha árbore do recinto escolar.
Na aula, antes de saír ao patio en busca de afillados/as, deseñamos unha tarxeta na que os nenos de educación infantil, de 1º e de 2º se debuxaron e puxeron os seus nomes.

As nenas e os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º, tiveron que engadir un valor, aquel que mellor os definía e que podían compartir co resto da comunidade educativa. Desta maneira as nosas árbores, e as nosas plantas, quedaron acompañadas de fermosas tarxetas, nas que se falaba de: bondade, ilusión, cariño, tenrura, amor, cooperación, paz…, etc.  E o patio da nosa escola converteuse nun banco de sentimentos, no que cando alguén precisa: axuda, cariño, calma, ilusión, compañía, consello ou esperanza sabe a que compañeiro ou a que compañeira terá que acudir.

MADRIÑA 9

Na clase, segundo ou nivel educativo, desenvolvemos as seguintes actividades:

* Investigamos o nome da planta, o lugar de procedencia, a asociación con outras plantas, e os coidados básicos que necesitaba.
* Fixemos un “encontro de padriños e de madriñas”, xa que apadriñaron a mesma planta os nenos de diferentes niveis educativos.
Por exemplo, os nenos de educación infantil e os nenos de 6º apadriñaron xuntos, porque cremos que ao teren que ir todos os días a  coidar esta planta, relacionaranse os cativos de diferentes idades, compartindo responsabilidades, e formando equipos interniveis.

Para o vindeiro curso queremos abrir esta actividade á comunidade educativa, de maneira que os pais e os avós poidan apadriñar, ou amadriñar, tamén unha planta ou unha árbore dentro da escola, e comprometerse a coidala, para favorecer os grupos de traballo interxeneracionais.
De momento, na primeira fase desta actividade xa temos moitos padriños, e moitos afillados!

APADRIÑA GRUPOAs nenas e os nenos  de 3º apadriñaron as árbores da carballeira e ata lles puxeron nomes. Agora ocúpanse de regalas e de coidalas nos recreos.