Daily Archives: 22/03/2017

BANCO DE IDEAS SOSTIBLES E SOLIDARIAS

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Este día celébrase anualmente o 22 de marzo como un medio para chamar a atención sobre a importancia da agua, e  a defensa da xestión  sostible deste recurso.

GOTA A GOTA CANTO SE AFORRA!!!

No noso centro, propuxémoslle  ás nenas e aos nenos de primaria, facer un banco de ideas sostibles e solidarias para aforrar auga.

Cada neno foi anotando, logo de comentar este tema nas súas casas coas súas familias, as súas ideas, e entre todos fixemos o seguinte banco de ideas.

PARA A AUGA NON MALGASTAR TEMOS QUE LEMBRAR:

Usar a lavadora e o lavalouzas só cando estean cheos.

Lavar as froitas e as verduras nun recipiente con auga.

Reutilizar a auga, coa que lavamos  as froitas e verduras, para regar plantas.

Usar só un vaso ao día para tomar auga potable ou encher unha botella. Isto vai reducir o número de vasos que teñamos que lavar.

AFORRANDO, AFORRANDO O PLANETA ESTAMOS COIDANDO!!!!

Remollar as potas e as tixolas, en lugar de deixar correr a auga mentres se limpan.

Non utilizar auga potable para desconxelar alimentos. Desconxelar  os alimentos no refrixerador.

Pechar a billa mentres cepillamos os dentes.

Pechar a ducha ao estar lavando o pelo.

Pechar a billa ao afeitarse.

Ducharse en vez de bañarse.

Reducir o tempo de ducha.

Asegurarse de pechar ben todas as billas ao saír da casa.

Resultado de imagen de ahorrar agua

A AUGA É VIDA!!!

Elixir arbustos, grava ou plantas que necesiten pouca auga, en lugar de céspede nas zonas difíciles de regar.

Axustar ben os aspersores  para que só reguen o céspede, e non a beirarrúa ou a rúa.

Regar o céspede e as plantas pola mañá ou pola noite.

Arroupar as plantas e os cultivos, póndolle a beira unha capa de folla ou de palla, para reter a humidade e para aforrar auga.

Usar unha vasoira en lugar dunha mangueira para limpar os patios.

Usar aspersores para as zonas grandes, e regar a man as áreas pequenas .

Recoller a auga do teito para regar os xardíns.

Recoller a auga da choiva para regar as plantas de interior.

Reducir a cantidade de céspede.

Non regar o céspede en días de vento.

Poñer xuntas as plantas que teñen as mesmas necesidades de auga .

Ao cambiarlle a auga ás mascotas, reutilizar a auga vella para regar as árbores ou os arbustos.

Agora que xa temos o noso  banco de ideas cada neno terá que adoptar unha, e encargarse de pola en marcha, na casa e na escola.