Daily Archives: 03/03/2017

CANDO QUERO SER O QUE SON

As nosas mascotas Figueiriña e Catalina viñeron xuntas á clase de primeiro para contarnos a historia dunha figueira que estaba cansa de ser tal.

Chegaron para presentarnos un conto sen rematar, e os nenos e as nenas de primeiro foron os encargados de buscarlle un final.

E así quedou o conto..

Un día Figueiriña espertou triste, sentía que estaba cansa de ser unha pobre árbore que só tiña un niño e un merlo, lembrouse de Catalina, a bruxiña boa que lle axudaba aos que o necesitaban, e alá foi falar con ela.

Figueiriña contoulle a Catalina que quería ser algo verdadeiramente importante. Quería ser vento, porque o vento era forte, e ela quería ser moi forte. Catalina intentou convencela de que as árbores eran tan importantes como o vento, pero a Figueiriña quería ser vento. Catalina colleu a súa vara máxica e dixo: Variña, variña fai que se converta en vento esta figueiriña.

FOTO 7

Candela e Paula axudáronlle a Catalina a converter en vento a Figueiriña.

A “Figueiriña vento”  foi feliz ata que apareceu o sol. Entón deulle por pensar que o sol era máis importante co vento.

Os nenos a as nenas de 1º sopraron para convencela de que o vento tamén era importante, mesmo lles rebulía no pelo e lles facía cóxegas na cara como ninguén o sabía facer.

E  volveu falar con Catalina. Díxolle que o sol era máis importante que o vento, porque facía medrar as sementes e dáballes calor aos nenos, e a eles gústaballes moito sentir este calor, e porse en manga curta, e por iso quería ser vento.

Catalina de novo explicoulle que o sol non era máis importante que as árbores, que cada quen cumpría a sua función, e que todos eran necesarios,... igual de necesarios, e insistíu en que a Figueiriña era moi importante cando era árbore, e nela vivía un paxaro. Pero Figueiriña quería ser sol, así que Catalina colleu a variña máxica e pediulle axuda a María.

FOTO 5

E María dixo: Variña, variña fai que se converta en sol esta Figueiriña.

A Figueiriña sentiuse moi contenta porque agora era o sol. Pero a alegría duroulle pouco, duroulle ata que comezou a chover, porque entón pensou que a choiva era máis importante ca o sol.

E de novo foi á casa de Catalina, para contarlle que quería ser choiva porque a choiva era máis forte ca o sol. Unha vez máis Catalina contoulle que a choiva non era máis importante que as árbores, e que ela fora moi importante cando tiña un niño e facía de fogar para un xílgaro.

Pero Figueiriña quería ser choiva, e Catalina quería axudarlle, así que de novo colleu a variña máxica e pediulle axuda aos cativos de 1º.  Todos xuntos dixeron: Variña, variña fai que se se converta en choiva esta figueiriña, e de novo así foi.

A “Figueiriña sol, vento e choiva” estivo contenta durante uns días, pero de súpeto deuse conta de que a choiva non era tan importante, porque cando chovía a xente collía os seus paraugas e protexíanse da choiva, entón Figueiriña quixo ser paraugas, e correndo foi falar con Catalina.

Catalina estaba moi seria, cando a viu chegar explicoulle a Figueiriña que so podía cambiar de identidade 2 veces máis, e no último cambio tiña que escoller aquelo que quixera ser para sempre, porque xa non poderían contar coa axuda da variña máxica nunca máis.

Figueiriña díxolle que non se preocupara, que non necesitaba máis ca un cambio, porque quería ser paraugas para sempre, e Catalina sorriu; tal vez porque pensou que Figueiriña non tardaría moitos días en querer ser calquera outra cousa.

Mentres duraron as choivas Catalina foi feliz, porque a sacaban a rúa e sentíase moi importante, pero cando parou de chover xa ninguén se preocupaba dela. Foi entón cando se apoderou da Figueriña unha tristeza moi grande que aumentaba cada día, e que a fixo pensar no seu xílgaro e no niño, por iso volveu falar con Catalina.

Esta vez a bruxiña púxose moi triste cando a víu chegar porque xa non podería axudala nunca máis, e pensou que esta  Figueiriña tan amiga como era dos cambios non se ía conformar nunca.

Pero levou unha boa sorpresa, cando lle preguntou: Figueiriña que queres ser agora?

E a árbore respondeu: quero ser eu, quero ser Figueiriña, porque nunca funca fun máis feliz ca daquela, cando era o fogar do merlo. Catalina pedíulle axuda a Estela, e esta nena con moito cariño colleu a variña e dixo: Variña, variña fai que volva ser ela mesma, esta Figueiriña, e así foi, e así aprendeu esta árbore a valorar o niño, e o merlo, e a Figueiriña que foi.

FOTO 8