Monthly Archives: marzo 2017

A RECICLAPEDIA

Unha das actividades, que programamos conxuntamente co Equipo da Biblioteca Escolar, foi a elaboración do Manual dos Ecosabios.

Este libro terá tres apartados, o primeiro estará formado polos ecoconsellosque inventaron as nenas e os nenos ao comezo do curso para coidarmos o planeta, a segunda é a que vos presentamos hoxe, a reciclapedia, e a terceira serán as receitas saudables, nas que aínda estamos traballando.

Na nosa reciclapedia podemos ver como definen, os cativos do noso centro, diferentes termos asociados á reciclaxe ou ao medio ambiente.

Reciclapedia

NO COIDADO DO MEDIO TI PINTAS MOITO

Pintando e pintando foi como naceu Friolín, o boneco de neve que fixeron os nenos e as nenas da ecopatrulla, reutilizando  pneumáticos.

Friolín vivirá a partir de agora no patio de Educación Infantil, á entrada da nosa escola, e irá presentándonos os cultivos que son os seus amigos, porque prefiren o inverno para medrar.

BLOG 9

As nenas e os nenos de educación infantil déronlle a benvida ao colexio.

E Friolín converteuse nun máis da familia!!

P1080484

BANCO DE IDEAS SOSTIBLES E SOLIDARIAS

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Este día celébrase anualmente o 22 de marzo como un medio para chamar a atención sobre a importancia da agua, e  a defensa da xestión  sostible deste recurso.

GOTA A GOTA CANTO SE AFORRA!!!

No noso centro, propuxémoslle  ás nenas e aos nenos de primaria, facer un banco de ideas sostibles e solidarias para aforrar auga.

Cada neno foi anotando, logo de comentar este tema nas súas casas coas súas familias, as súas ideas, e entre todos fixemos o seguinte banco de ideas.

PARA A AUGA NON MALGASTAR TEMOS QUE LEMBRAR:

Usar a lavadora e o lavalouzas só cando estean cheos.

Lavar as froitas e as verduras nun recipiente con auga.

Reutilizar a auga, coa que lavamos  as froitas e verduras, para regar plantas.

Usar só un vaso ao día para tomar auga potable ou encher unha botella. Isto vai reducir o número de vasos que teñamos que lavar.

AFORRANDO, AFORRANDO O PLANETA ESTAMOS COIDANDO!!!!

Remollar as potas e as tixolas, en lugar de deixar correr a auga mentres se limpan.

Non utilizar auga potable para desconxelar alimentos. Desconxelar  os alimentos no refrixerador.

Pechar a billa mentres cepillamos os dentes.

Pechar a ducha ao estar lavando o pelo.

Pechar a billa ao afeitarse.

Ducharse en vez de bañarse.

Reducir o tempo de ducha.

Asegurarse de pechar ben todas as billas ao saír da casa.

Resultado de imagen de ahorrar agua

A AUGA É VIDA!!!

Elixir arbustos, grava ou plantas que necesiten pouca auga, en lugar de céspede nas zonas difíciles de regar.

Axustar ben os aspersores  para que só reguen o céspede, e non a beirarrúa ou a rúa.

Regar o céspede e as plantas pola mañá ou pola noite.

Arroupar as plantas e os cultivos, póndolle a beira unha capa de folla ou de palla, para reter a humidade e para aforrar auga.

Usar unha vasoira en lugar dunha mangueira para limpar os patios.

Usar aspersores para as zonas grandes, e regar a man as áreas pequenas .

Recoller a auga do teito para regar os xardíns.

Recoller a auga da choiva para regar as plantas de interior.

Reducir a cantidade de céspede.

Non regar o céspede en días de vento.

Poñer xuntas as plantas que teñen as mesmas necesidades de auga .

Ao cambiarlle a auga ás mascotas, reutilizar a auga vella para regar as árbores ou os arbustos.

Agora que xa temos o noso  banco de ideas cada neno terá que adoptar unha, e encargarse de pola en marcha, na casa e na escola.

MULLER VIDA, FORZA E VALENTÍA

Dende fai uns meses temos na nosa escola a Alba, a Iria e a Carolina, profesoras da asociación Xarela de Ourense, que se dedica á organizar  actividades de orientación laboral, de formación e de animación para os colectivos sociais máis desfavorecidos.

Estas tres compañeiras viñeron ao noso centro para desenvolver un proxecto de Educación Intercultural e de Igualdade de Xénero.

Para o día da Muller Traballadora realizaron as seguintes actividades cos nenos de primaria.

Muller raíz e vida

Propuxéronlle aos nenos facer unha árbore, decorando cada folla cunha mensaxe de agracemento, dedicada a  todas as mulleres que ao longo do tempo foron “facendo camiño”, superando dificultades e loitando polos nosos dereitos.

En cada folla aparecía o nome dunha muller, asÍ que, ademais de decorala, tiñan que investigar quen fora esa muller e explicarllo aos seus compañeiros.

muller 18

E mentrés estabamos pintando coas mans deixamos voar a imaxinación, e buscamos aspectos comúns entre uhna árbore e unha muller.

foto 6

LOLA ESCOLLEU A COR  VERDE PARA CONTARNOS QUE A MULLER É ESPERANZA E VIDA.

 

ROSANA ESCOLLEU O AMARELO ARA CONTARNOS QUE AS MULLERES DAN LUZ, COMA O SOL.

ROSANA ESCOLLEU A COR AMARELA PARA CONTARNOS QUE AS MULLERES ILUMINAN, COMA O SOL.

AS MULLERES E AS ÁRBORES…

Tanto as mulleres como as árbores son moi fortes.

Protexen aos demais, aos fillos e aos paxaros.

Son libres.

Teñen raices….e pés para axudar.

Gústalles bailar ao son do vento, e ao son da vida.

Teñen historias e follas diferentes.

Esfórzanse moito, soportan as choivas e o frío.

Non se rinden cando fai calor, nin cando hai tormentas.

Dan sombra, dan apertas e aloumiños.

Aguantan todas as estacións, aguantan moitas dificultades.

Ao rematar buscamos poemas e atopamos…

MUJER ÁRBOL

Mujer, tú tienes en las  manos esa llave
que abre un portal de árboles fuertes,
cada una de sus ramas tiene un nombre
Y la savia del cariño a ellos les viertes.
Mujer que echas raíces muy profundas
para soportar las congojas de esta vida,
mostrando sólo hojas relucientes
Y escondiendo aquellas desvaídas.
Mujer árbol que das sombra día a día,
Dios abona la tierra en la que creces,
y aunque llegue un temporal que sea adverso
tú sacudes las tristezas y floreces.
Mujer hija, madre, abuela, amiga

eres bosque repleto de entereza,
aún si el viento o el hielo lo castigan
tu amor siempre será una fortaleza.
No permitas jamás que alguien te hiera
Con las hachas cortantes del flagelo,
Saca fuerzas y deja que tus brotes
Se eleven poderosos hacia el cielo.
Eres fronda, madera, flor y néctar,
que cobija tibios nidos de esperanzas,
es por eso mujer, que hoy yo te canto
los más puros himnos de alabanzas.

                                             LERY

XARDÍN DE LAVANDAS

Os nenos e as nenas de 3º, e de 4º fixeron un xardín de lavandas con materiais reutilizados, en cada lavanda puxeron 2 valores cos que as mulleres perfuman o mundo.

Os nenos, e as nenas de primeiro e de segundo, fixeron marcapáxinas,  lembrando  todos os valores que teñen as mulleres, que marcaron ou marcan as páxinas das nosas vidas.

E para rematar colocamos os marcapáxinas na árbore da entrada da nosa escola.

AMADRIÑA 2

 

REUTILIZANDO, REUTILIZANDO, O PLANETA ESTAMOS COIDANDO

Belén e Sandra Lucía, as nais encargadas de desenvolver a actividade de Ecopatrulla, propuxéronnos facer bonecos para o entroido reutilizando tapóns.

FOTO 19

Sheila combinando os tapóns para conseguir un entroidiño cheíño de cores.

Ao comezo pareceunos moi complicado…….

FOTO 18

A Mateo xa lle falta pouco para rematar o seu entroidiño de cores.

Pero traballando moitos días con ilusión, con entusiasmo e con boas doses de paciencia conseguímolo!!

Aquí tendes os resultados

a

Aldara e Antía remataron o seu amiguiño de cores.

Antia tapóns

Antía está moi orgullosa do seu traballo.

CANDO QUERO SER O QUE SON

As nosas mascotas Figueiriña e Catalina viñeron xuntas á clase de primeiro para contarnos a historia dunha figueira que estaba cansa de ser tal.

Chegaron para presentarnos un conto sen rematar, e os nenos e as nenas de primeiro foron os encargados de buscarlle un final.

E así quedou o conto..

Un día Figueiriña espertou triste, sentía que estaba cansa de ser unha pobre árbore que só tiña un niño e un merlo, lembrouse de Catalina, a bruxiña boa que lle axudaba aos que o necesitaban, e alá foi falar con ela.

Figueiriña contoulle a Catalina que quería ser algo verdadeiramente importante. Quería ser vento, porque o vento era forte, e ela quería ser moi forte. Catalina intentou convencela de que as árbores eran tan importantes como o vento, pero a Figueiriña quería ser vento. Catalina colleu a súa vara máxica e dixo: Variña, variña fai que se converta en vento esta figueiriña.

FOTO 7

Candela e Paula axudáronlle a Catalina a converter en vento a Figueiriña.

A “Figueiriña vento”  foi feliz ata que apareceu o sol. Entón deulle por pensar que o sol era máis importante co vento.

Os nenos a as nenas de 1º sopraron para convencela de que o vento tamén era importante, mesmo lles rebulía no pelo e lles facía cóxegas na cara como ninguén o sabía facer.

E  volveu falar con Catalina. Díxolle que o sol era máis importante que o vento, porque facía medrar as sementes e dáballes calor aos nenos, e a eles gústaballes moito sentir este calor, e porse en manga curta, e por iso quería ser vento.

Catalina de novo explicoulle que o sol non era máis importante que as árbores, que cada quen cumpría a sua función, e que todos eran necesarios,... igual de necesarios, e insistíu en que a Figueiriña era moi importante cando era árbore, e nela vivía un paxaro. Pero Figueiriña quería ser sol, así que Catalina colleu a variña máxica e pediulle axuda a María.

FOTO 5

E María dixo: Variña, variña fai que se converta en sol esta Figueiriña.

A Figueiriña sentiuse moi contenta porque agora era o sol. Pero a alegría duroulle pouco, duroulle ata que comezou a chover, porque entón pensou que a choiva era máis importante ca o sol.

E de novo foi á casa de Catalina, para contarlle que quería ser choiva porque a choiva era máis forte ca o sol. Unha vez máis Catalina contoulle que a choiva non era máis importante que as árbores, e que ela fora moi importante cando tiña un niño e facía de fogar para un xílgaro.

Pero Figueiriña quería ser choiva, e Catalina quería axudarlle, así que de novo colleu a variña máxica e pediulle axuda aos cativos de 1º.  Todos xuntos dixeron: Variña, variña fai que se se converta en choiva esta figueiriña, e de novo así foi.

A “Figueiriña sol, vento e choiva” estivo contenta durante uns días, pero de súpeto deuse conta de que a choiva non era tan importante, porque cando chovía a xente collía os seus paraugas e protexíanse da choiva, entón Figueiriña quixo ser paraugas, e correndo foi falar con Catalina.

Catalina estaba moi seria, cando a viu chegar explicoulle a Figueiriña que so podía cambiar de identidade 2 veces máis, e no último cambio tiña que escoller aquelo que quixera ser para sempre, porque xa non poderían contar coa axuda da variña máxica nunca máis.

Figueiriña díxolle que non se preocupara, que non necesitaba máis ca un cambio, porque quería ser paraugas para sempre, e Catalina sorriu; tal vez porque pensou que Figueiriña non tardaría moitos días en querer ser calquera outra cousa.

Mentres duraron as choivas Catalina foi feliz, porque a sacaban a rúa e sentíase moi importante, pero cando parou de chover xa ninguén se preocupaba dela. Foi entón cando se apoderou da Figueriña unha tristeza moi grande que aumentaba cada día, e que a fixo pensar no seu xílgaro e no niño, por iso volveu falar con Catalina.

Esta vez a bruxiña púxose moi triste cando a víu chegar porque xa non podería axudala nunca máis, e pensou que esta  Figueiriña tan amiga como era dos cambios non se ía conformar nunca.

Pero levou unha boa sorpresa, cando lle preguntou: Figueiriña que queres ser agora?

E a árbore respondeu: quero ser eu, quero ser Figueiriña, porque nunca funca fun máis feliz ca daquela, cando era o fogar do merlo. Catalina pedíulle axuda a Estela, e esta nena con moito cariño colleu a variña e dixo: Variña, variña fai que volva ser ela mesma, esta Figueiriña, e así foi, e así aprendeu esta árbore a valorar o niño, e o merlo, e a Figueiriña que foi.

FOTO 8