Daily Archives: 22/02/2017

VISITA DO SEPRONA

O pasado 17 de febreiro, axentes da Guardia Civil pertencentes ao servizo do SEPRONA, SERVIZO DE PROTECCIÓN DA NATUREZA, estiveron no noso centro para dar a coñecer aos máis pequenos do cole, alumnado de educación infantil e 1º de primaria, o labor que realizan en prol da defensa da natureza.

“A misión do SEPRONA é velar polo cumprimento das disposicións que tendan á conservación da natureza e ao medio ambiente, dos recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e calquera outra relacionada coa natureza.
Deste modo encárgase da protección do solo, auga e atmosfera, da sanidade animal e da conservación de especies de flora e fauna. O servizo loita ademais contra vertidos e contaminación do medio, o comercio ilegal de especies protexidas, actividades cinexéticas e de pesca irregulares, defensa dos espazos naturais, a prevención, investigación e extinción de incendios”.  (Información extraída da páxina oficial da Guardia Civil).
O obxectivo desta actividade é concienciar aos nenos e nenas do importante labor que realizan estes axentes, coñecendo de primeira man cales son os perigos dos incendios, dos vertidos e outros ataques ao medio natural.
Como foi dirixida aos máis pequenos do cole a actividade foi principalmente práctica e lúdica. Despois dunha pequena charla onde os axentes lles informaron do labor que realizan e da necesidade de que todos contribúamos ao coidado do noso entorno, chegou a parte máis divertida: montar nas motos e no todo terreno que empregan no seu labor diario. Ademais tocaron e probaron os cascos, porras, guantes, prismáticos… e aprenderon como empregan o lazo para cazar cans perdidos ou a “pinza” para atrapar cobras…
Na seguinte presentación veredes aos máis valentes subidos ás motos ou conducindo o todoterreo … aínda que non faltou algunha cara de susto…

DSC06475

 (Premede na imaxe para visualizar a presentación)

NAMORADOS DA NATUREZA

Os irmáns Antón e Maruxa Naturín Saudín trouxéronnos á escola unha “hosta” con forma de corazón, para explicarnos que cando coidamos a natureza ela fainos agasallos moi fermosos e moi curiosos.

P1090711

E nos demostrámoslles como sabemos sementar, coidar e por a nosa escola cada día “máis guapa”.

Comezamos no patio de infantil plantando azaleas e xeranios.

Traballamos moito, e quedamos moi satisfeitos cos resultados.

Despois de plantar estivemos recollendo follas do noso xardín.

P1090535

Ainhoa recolleu moita folla.

Con moito coidado fomos colocando estas follas ao lado das plantas, para que lles sirvan como abono, e lles axuden a manter a humidade.

Como somos moi traballadores, e o noso patio xa estaba cheíño de plantas, alá fomos ao patio de primaria para enchelo de ciclamens, velaí que ben nos quedaron !!!

Para expresar o cariño que lle temos ás persoas que nos coidan fixemos valentinas, reutilizando pratos de papel, tanto nas aulas de infantil como na ecopatrulla, e coloreando corazóns parecidos á “hosta” que nos trouxeron Antón e Maruxa.

FOTO 40

As nosas valentinas feitas con pratos de papel reutilizados.