Daily Archives: 15/02/2017

A VISITA DOS IRMÁNS SAUDÍN NATURÍN

Hoxe tivemos unha visita moi agradable, e o mellor foi cando a profe nos dixo que non era unha visita porque veñen para quedar.

Os irmáns Maruxa e Antón Saudín Naturín, logo de estar na nosa clase observando todo, segundo dixo Conchi para familiarizarse con nós, porque ao comezo son algo tímidos, contáronnos o seguinte:

Explicáronnos que o seu apelido “Saudín” viña do seu pai, que facía moito deporte, e “Naturín” era o da súa nai porque comía moi saudable e coidaba moi ben a natureza.

Para que se sentirán cómodos démoslles apertas moi grandes.

Breogán ata lles ensinou a súa mochila “xoaniña”:

foto 2Cada vez que Antón e Maruxa ían ao médico, este dicíalles:

foto 14Rapaces estades moi ben, 6 veces mellor do normal, e a enfermeira facíalles un cartel moi divertido onde lles poñía “6S”, porque son nenos saudables, solidarios, silenciosos, sensibles, sostibles e sorrintes.

Despois de presentarse faláronnos da súa comida preferida, do tomate, porque é moi importante para que o noso cardio funcione moi ben, contáronnos moitas cousas del, e convidáronnos a facer sementeiros reutilizando vasos de plástico.

Tamén quixeron coñecernos, por isos fomos un a un falando con eles, dándolles a benvida e contándolles cal era a froita ou a verdura que máis nos gustaba a nós. 

A Simón gústalle o kiwi.

foto 3

A Lucía a leituga.

foto 4

Nicolás prefire a pera.

foto 5

Uxía contoulle a Maruxa que lle encanta a leituga.

foto 6

A froita preferida de Lola é a laranxa.

foto 7

E o mesmo lle sucede a Alex.

 

 

.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Antón e Maruxa seguiron coñecendo aos nenos de educación infantil.

Antón e Maruxa contáronnos moitas cousas do tomate, dixéronnos que:

O sementeiro realízase en febreiro ou en marzo, de forma protexida, posto que as sementes necesitan certa temperatura para xerminar e desenvolverse, para iso teremos que gardalos no noso invernadoiro.

O ideal é utilizar sementes dunha variedade autóctona de tomate, xa que as plantas autóctonas evolucionaron no seu medio durante anos. Isto fai que teñan capacidade para responder a cambios no medio de forma bastante rápida, e xa están afeitas ás adversidades típicas da zona.

Cando as plantas teñen uns 15-20 cm podemos realizar o transplante ao terreo definitivo que se realizará en abril, ou en maio dependendo da climatoloxía da zona posto que as plantas de tomate son sensibles ás xeadas .foto 15

O marco de plantación será de 50-60 cm (entre plantas) x 70 cm (entre filas)

LABORES DE CULTIVO:

Abonado: Ás tomateiras encántalles o compost fresco que podemos obter nos mesmos de maneira sinxela, a partir dos restos orgánicos do xardín (podas e céspede), xunto cos restos de comida do comedor escolar, e da parva que tomamos no recreo.

Poda: É fundamental realizar unha boa poda das tomateiras, para que a planta estea ben ventilada, e non teñamos problemas de fungos. A poda débese efectuar a última hora da mañá, cando as plantas estean moi secas, realízase eliminando o brote que sae na axila das follas, cando este ten uns poucos centímetros. Se esperamos a que medre demasiado provocaremos unha ferida demasiado grande na planta, polo que será máis sensible ao ataque de fungos.

Entitorado: As plantas de tomate necesitan un soporte para medrar verticais, para iso podemos empregar estacas ou canas que sirvan de soporte, ás que suxeitaremos as tomateiras.

Aporcado: É unha técnica que consiste en arrimar terra ao talo das plantas, desta maneira aproveitamos a capacidade de emisión de raíces polo talo das tomateiras, o que permitirá que a planta quede mellor ancorada ao chan, ademais de ter unha maior capacidade de nutrición.

PRAGAS E ENFERMIDADES: O tomate non é un cultivo especialmente sensible ás pragas, aínda que si ás enfermidades producidas por fungos. Entre as pragas e enfermidades que poden atacalo destacan:

Pulgón: Se o ataque é leve pode controlarse pulverizando a planta cunha infusión de allo 2 veces por semana, se o ataque é máis forte, é necesaria a pulverización con xabón de potasa.

Mildiu: É o principal problema co que podemos atoparnos ao cultivar tomates, é unha enfermidade producida por un fungo, cuxos síntomas podemos observar pola aparición de manchas de cor marrón-amarelo, coñecidas como manchas de aceite nas follas, as cales comezan  a secar. Podemos previr esta enfermidade mediante a  cocción e pulverización semanal das plantas cola de cabalo.

Seguindo estas pautas obteremos unha abundante colleita que nos permitirá gozar de tomates ecolóxicos, frescos e moi nutritivos.

 Nicolás quedou sorprendido ao ver que pequenas eran as sementes de tomate:

foto 16

Como xa aprenderamos moitas cousas dos tomates puxémonos a facer sementeiros, reutilizando os vasos nos que tomamos o leite con cacao no recreo.

E na aula coloreamos a Tito o tomatiño.