Daily Archives: 06/02/2017

CORES POLA PAZ

POMBAS DE CORES

Con esta actividade pretendíamos estimular a creatividade e contribuír a desenvolver a capacidade de expresión plástica dos nenos e das nenas, fomentando unha visión da paz libre de estereotipos e reutilizando diversos materiais.
Explicámoslles, aos cativos da ecopatrulla, que íamos celebrar o día da Paz, e da Educación Ambiental; e para iso íamos reutilizar botellas de plástico, que decoraríamos con pombas pintadas de cores. Logo poderíamos empregar estes  botes para  gardar o material escolar.
Dixémoslles que as pombas son un símbolo universal da paz e da non violencia.

Resultado de imagen de palomas de colores

Tradicionalmente represéntase a paz cunha pomba branca que leva unha ramiña de oliveira no pico, pero no mundo existen pombas de todas as cores, e elas tamén poden ser un símbolo de paz. Por iso os convidamos a celebrar as cores da paz!
Repartimos copias de fichas con siluetas de pombas, debuxos pola paz, e botellas para cortar e para pintar.
Pedímoslle a cada cativo que deixara voar a súa imaxinación, e que pintase coas súas cores favoritas a ficha e a botella.

Mostrámoslles fotos de pombas de diferentes cores, para que lles serviran de inspiración.
Hai unha selección moi completa de imaxes de pombas na Wikipedia: http://commons.wikimedia.org/wiki/columbidae

Despois de escoitar con moita atención puxéronse mans á obra!

Ao rematar observamos os nosos botes, e descubrimos que eran fermosos precisamente porque estabamos empregando material reutilizado e pombas de cores.
Velaí o noso traballo:

voz natura 051

Pombas azuis, pombas de cores…

Pombas que foron colocando en cada bote para falar dunha paz que é diversidade, e que está nas nosas mans, porque somos quen de escribila cada día coas nosas accións.

P1070483