Daily Archives: 15/12/2016

MOITAS LAMBETADAS PARA UNHA XORNADA

Hoxe foi un día moi especial para Catalina. Levaba moito tempo esperando este momento, o día do aniversario da súa curmá, a máis cativa da familia, só ten 80 anos, por iso lle chamaban, cariñosamente, a peque Luci.

Catalina púxose moi guapa para ir á festa de aniversario. Colleu o seu agasallo, que era unha regadeira para coidar as plantas, pedíulle a Lucía, a  Lola, a Julia , a  Xiana e a Cibrán que a axudaran a subir na vasoira, dixo as súas  palabras máxicas: “Vento, ventiño guíame no camiño”, e chegou á casa da súa curmá.

 

Despois de saudar a Rosa “, a bruxiña revoltosa”, a Esther, “a bruxiña do café” e a Evencio,” o bruxiño do silencio”, comezou a comer porque tiña moita,  moita fame.

A Catalina gustábanlle moitísimo as lambetadas, por iso comeu  unha bolsa grande de patacas fritas,  3 piruletas, 1 paquete de lacasitos, 2 chocolatinas, e 5 galletas. Cando se ía levantar sentíu que a barriga lle pesaba moito, tanto que pensou que se estaba convertendo  nun saco de pedras, ou que tiña  un balón dentro da barriga,  ou que era  Papa Noel, ou que…….si claro ….si, si iso tiña que ser!!!!! Seguro que os de nenos do cole CEIP Profesor Albino Núñez  estaban xogando ao escondite na súa barriguiña.

P1080492

Lucía escoitando as aventuras de Catalina.

Por máis que mirou non viu pedras, nin balóns nin nenos. Daquela xa sabía que era o que lle estaba pasando,  tiña unha indixestión por comer tantas lambetadas.

Foi entón cando entrou a súa tía, a bruxiña Margarida, na habitación, e díxolle:
-Catalina, Catalina, como non che vai doer a barriga se comes máis ca unha balea, máis ca un elefante, e case tanto coma un xigante.

Ben sabía Catalina que tanto non comía, pero a tía Margarida era moi dada a esaxerar.

E Margarida continuou falando:

-Menos mal que estou eu aquí para curarte! Veña, veña, todos atentos que vou dicir as miñas palabras máxicas.

-Ufffff, uffff, ufff…! Pensou Catalina, e sentíu medo, porque a Margarida saíanlle mal os conxuros, moi, pero que moi mal. Sempre, había algún fallo nas súas palabras máxicas. Aínda se lembraba do día que fixera o conxuro para que aprendera a nadar. Aquel día no que Margarida dixo: “Tririlin, trililam, que Catalina aprenda a nadar”, Catalina tirouse á piscina, e ….xa non recordaba nada máis ata que espertou no hospital.

Atención berrou Margarida, atención volveu a berrar! Necesito a axuda de todos para curar a miña sobriña, a glotona Catalina!

Imos, imos, dicía unha e outra vez. Catalina nunca entendera porque cando os maiores din : Imos, imos” nunca van a ningunha parte.

E mentres a Catalina lle seguía doendo moito a barriguiña, Margarida dixo as súas palabras máxicas: “1, 2, 3, 4, 5 que a dor de barriga de Catalina desapareza dun brinco”. Catalina deu un brinco e a dor de barriga aínda foi máis forte.

Vaia, vaia, dixo Margarida, este conxuro igual perdeu poder, porque xa era da miña avoa, imos probar con outro máis actual.

Catalina estaba segura de que non daría resultado, porque as palabras máxicas de Margarida nunca daban resultado, e mentres tanto a barriguiña  doíalle cada vez máis.

Silencio por favor, silencio_dixo Margarida, necesito concentración.

“1, 2, 3, que a dor de barriga se faga pequeniña ata desaparecer”, e nada de nada, cada vez Catalina sentíase peor.

Entón falou a bruxiña Luci: Xa sei o que tes que facer para que a barriga che deixe de doer, tes que tomar malva!

Resultado de imagen de MALVA

Malva? repetíu Catalina moi enfadada. Como vou tomar malva?, engadíu moi seria. Que queredes que coma os meus zapatos, ou o meu lazo, ou as miñas guedellas?  Dóeme moito a barriga e vos aínda  queredes que coma máis, queredes que coma algo malva, e eu non podo comer nada  máis, nin malva, nin verde nin amarelo.

Non, non dixo Luci, a malva é unha pranta moi fermosa, as súas flores son de cor malva. Imos botar unhas folliñas secas en auga e esperar a que fervan, logo deixámola enfríar, tomamos esta rica infusión de malva, e a dor de barriga desaparecerá rapidamente.

Entón é unha pranta medicinal ? _ preguntou Catalina.

P1080493

Catalina observando como plantan unha malva Izan e Lucía, para levala ao noso horto botiquín

Si, si que o é, e é moi boa para curar a dor de estómago causada por indixestións, e a dor de gorxa facendo gárgaras coa infusión.

Lucia fíxolle unha infusión de malva, e nada máis tomala, Catalina comezou a sentirse ben, moi ben.

Por iso veu hoxe a nosa escola para presentarnos esta planta, e falarnos dos seus beneficios.

P1080522P1080512P1080513

 

USOS MEDICINAIS DA MALVA

Catalina contounos que se poden facer remedios tanto coas follas como coa raíz da malva.

Aquí temos  algúns…

A malva presenta grandes beneficios para o tratamento de enfermidades das vías respiratorias polo seu alto contido en mucílago, que contribúe á desconxestión nasal. Para controlar a bronquite é recomendable cocer 2 culleres e media de malva picadas nun litro de auga, e repartir este dose para tomar tres veces ao día.

Qué hacer en Mallow Recogida y uso en la cocina

A nivel dixestivo os mucílagos tamén contribúen ao seu bo fucionamento. No caso de gastrointerite é recomedable  cocer 3 culleres sopeiras de raíz triturada de malva nun litro de auga, e repartir para tomar tres doses ao día, unha antes de cada comida.

Recoméndase realizar a infusión con follas de malva para combater o estreñimento, esta bebida deberá de tomarse en xaxún diluida nun vaso de auga tibia.

No caso de parotiditis ou papeiras, debemos de machacar as follas de malva e tibialas para aplicar sobre o edema a maneira de cataplasma 2 veces aos día.

Tamén posúe propiedades sedantes, polo que a decocción da raíz úsase habitualmente para calmar as dores de encías e moas nos nenos, cando están no proceso de cambio de dentición.