Daily Archives: 07/12/2016

AS AVENTURAS DA BRUXIÑA CATALINA

TOMILLO PARA CURAR AS FERIDAS

Esta fin de semana a nosa bruxiña tivo un accidente. A pobre Catalina é moi velliña, tan vella que xa non se lembra de cantos anos ten, e ao preguntarlle dinos que son moitos, moitos máis dos que temos todos os nenos e os profes da nosa clase. Moitos máis de 100. Por iso a miúdo cando vai conducindo, na súa moto vasoira, dánlle ataques de sono, e nunca sabe onde nin como pode acabar caendo.

P1080412

Catalina está contándolle a Simón a súa viaxe a Exipto

P1080430

Lucas escoita  moi atento

Breogán quería saber porque Catalina estaba ferida.

Breogán quería saber porque Catalina estaba ferida

Este sábado foi lonxe, moi lonxe; porque Catalina sufríu un dos seus habituais ataques, e mentras se ía quedando durmida pisou a fondo a vasoira e ….xa non se lembraba de nada máis, so que chegou a Exipto e rematou tirada nunha rúa, moi cansa, cunha forte dor de cabeza e cheíña de feridas.

Contounos que foran moi amables con ela. Como a viran con tantas feridas levárana a unha casa onde lle prepararon unha infusión de tomillo, esperaron que enfriara e logo fóronlla aplicando sobre as feridas para desinfectalas.

Catalina estaba un pouco asustada logo de pasar unha fin de semana tan complicada, por iso lle demos todos unha aperta ben agarimosa para animala.

 

E Nicolás levou a Catalina no colo ao horto para que non se cansara.

E Nicolás levouna no colo ao horto para que non se cansara

Despois de presentarnos o tomillo e de explicarnos os seus beneficios, plantámolo nunha maceta para ir completando o noso horto botiquín e estivemos xogando a: “Son, son, quen son”. Neste xogo os nenos, acompañados de Catalina, teñen que buscar unha planta de tomillo ou de santolina, segundo lles digan os seus compañeiros, sabendo distinguilas, polo cheiro, e pola cor e pola forma das follas.

E rematamos dándolle unhas clases de conducir a Catalina, porque ás veces tamén confunde os sinais, e non respecta os límites de velocidade ….pero disto xa vos falaremos o proximo día.

 

P1080458

Cos estes bos mestres seguro que Catalina non terá máis accidentes !!!