Daily Archives: 06/12/2016

O HORTO BOTIQUÍN

A BRUXIÑA CATALINA E AS PLANTAS MEDICINAIS

IMG-20161204-WA0001Menuda visita tivemos na escola! A bruxiña Catalina veu ás aulas dos pequenos de infantil para quedar este curso con nos e axudarnos a organizar o noso horto botiquín.

Esta bruxiña viaxou por todo o mundo buscando plantas aromáticas e medicinais. Descubriu plantas para curar a gripe, a dor de barriga, a dor de cabeza, o insomnio e ata a tristeza. E agora aquí a temos disposta a compartir con nos os seus coñecementos, ata que coñezamos as diferentes plantas aromáticas e medicinais que ela nos quere presentar (albahaca, cilandro, salvia, santolina, menta, melisa, malva…etc) e  os beneficios que  teñen para aliviar doenzas ou para curar enfermidades.

P1080100

Catalina contounos que non sabe cando empezou esta ancestral tradición. Debeu de facelo cando os seres humanos empregaron o primeiro que tiñan a man para calmar por instinto o seu malestar e a dor. As primeiras noticias que temos do uso destas plantas remóntanse a uns 8.000 anos A.C. e foi en Asia, concretamente en China. Será en Exipto uns 5000 anos máis tarde, cando se porá de moda o uso de plantas medicinais, grazas ao interese que mostraban os faraóns cara as sustancias curativas extraídas delas. Foron tamén os exipcios, os que usaron as sustancias obtidas do mundo vexetal para a preparación de aceites e de cosméticos.

Na Idade Media os frades beneditinos recollían «herbas boas» e distribuían entre os pobres emplastos e decoccións que para moitos era o único método de curación do que podían dispor.

A partir da información de Catalina elaboramos diferentes recursos adaptados á idade dos alumnos para que coñezan os nomes e as propiedades destas plantas. Cada semana presentámoslles unha planta diferente a través de imaxes, de cancións e de contos. 

P1080293

A continuación faremos varios puzzles, que lles axudarán a coñecer os beneficios que ten o uso de cada planta para a nosa saúde, logo probaremos estas plantas en infusións e iremos ao horto para plantalas en macetas, ata ter o noso recuncho de horto botiquín.

Os nosos cativos xa coñeceron e plantaron albahaca, santolina, salvia, cilandro e menta chocolate.

O TALLER DOS SENTIDOS

A través das plantas medicinais e aromáticas traballamos o sentido do gusto, probando ricas infusións, tal e como podedes ver nas seguintes imaxes.

E o sentido do olfato coñecendo e distinguindo cada unha polo seu cheiro.

P1080111

E ata somos capaces de coñecelas cos ollos tapados!!!

PLANTAS MEDICINAIS

Segundo nos conta Elisardo Bralo Rego, no seu libro “Medicina popular e caseira”,  planta medicinal é  aquela que contén un ou máis principios activos capaces de aliviar ou curar doenzas ou enfermidades, xa que algunhas conteñen uns principios eficaces que poden facer moito ben.

A acción das plantas medicinais é case sempre máis de vagar que a acción dos remedios de botica. Estas plantas poden conter alcaloides, vitaminas, antibióticos, aceites esenciais, resinas, ácidos orgánicos, glúcidos, e materiais minerais.

A colleita destas plantas debe facerse de mañá os días soleados. Se queremos recoller as follas deberemos de facelo antes da floración, ou mentres están con ela, por ser cando teñen máis  principios activos.

O secado destas plantas farase sempre á sombra.

As infusións prepararanse con auga fervendo, que se botará enriba das plantas ou flores xa preparadas nunha cunca.

E aquí tendes aos nosos cativos plantando o horto botiquín en macetas porque así poderemos usar varias plantas, como a santolina, para combater os insectos no horto, colocándoas onde teñamos os cultivos.

E aquí temolos pensando, buscando a resposta ás preguntas que a bruxiña Catalina lles plantexou hoxe.

 

P10803431. Nos nosos cultivos debemos empregar macetas brancas ou negras?

As macetas branca reflexarán a luz, e as negras farán o contrario, ao non reflexar a luz  absorberán a enerxía en forma de calor.

Ás raíces das plantas nalgunhas ocasións faralles falta calor e noutras non.

Se as nosas plantas están no interior dará o mesmo empregar macetas brancas ou negras ao non recibir a luz directamente.

No caso de plantas de exterior si que influirá no crecemento a cor das macetas.

Se cultivamos plantas de temporada e lles dá so sol todo o día convén que as macetas sexan brancas para que non se quenten e non aumente a temperatura da auga coa que regamos, evitando que se cozan as raíces. Desta maneira evitaremos que as plantas sufran estrés por calor.

Se a planta está nunha zona na que non dá o sol e as raíces necesitan calor será mellor empregar macetas negras.

2. As macetas deberán ser cadradas ou redondas? 

Será mellor empregar macetas cadradas porque así as raíces irán cara abaixo, evitando que medren arredor da planta e poidan envolvela e asfixiala.