Daily Archives: 02/12/2016

BELLI VAI Á CASA DE…

Como xa sabedes, Belli, a ecomascota dos pequenos de infantil, vai cada semana á casa dalgún neno ou nena e alí, entre os dous, fan actividades relacionadas co medio ambiente, o reciclado, o coidado da natureza… e logo anotan todo o que fixeron no noso caderno viaxeiro «Belli vén á casa».

O día 25 de novembro Belli foi a casa de Iria, a nosa compañeira de 3 anos. Mirade como Iria e Belli traballaron xuntas: recolleron a folla que caera das árbores e levárona ata o horto, alí  esparexérona para que faga de abono. Que idea tan fantástica para o coidado do noso contorno!!, aproveitamos as follas caídas e facemos un abono moi ecolóxico, ademais ao cubrir a terra coa folla, evitamos que esta perda humidade e tamén evitamos que nazan as malas herbas. Así a terra queda preparada ata a primavera que fresaremos e sementaremos.

Apuntade a idea e poñédea en práctica os que tedes un horto ou unha horta!!.

Mirade máis de cerca a historia de Iria e Belli: