Monthly Archives: noviembre 2016

MEMORIAS DUNHA FABA

UNHA FABIÑA PARA A MIÑA CASIÑAP1070974 (2)

Lembrades o día que chegou o baúl de sementes á escola?

Era un agasallo que nos enviaban as nosas mascotas Mundoman e Belli, elas confiaban en nos para que estas sementes cativas se converteran en plantas.mundoman 2

Sabían que os nenos de educación  infantil o podíamos conseguir. E tiñan razón….moita razón. Despois dunhas semanas no invernadoiro as sementes das fabas, e as das cabaciñas, convertéronse en plantas, e hoxe  comezan unha viaxe moi divertida, porque van con nos para as nosas casiñas,  para que as sigamos coidando.ABELLIÑA

 Xa vós informaremos cando dean ricas fabas, e cando as comamos nun caldo, ou nunha riquísima fabada.

Agora toca presentarllas as nosas familias e pedirlles axuda  para seguilas coidando,  e para rematar  o conto viaxeiro:   “Memorias dunha faba”.

MEMORIAS DUNHA FABA

Non fai moito tempo que nacín,  fai tan pouquiño que aínda non celebrei ningún aniversario.

Non nacín como unha faba calquera  nin  nacín onde acostuman a nacer as fabas.Resultado de imagen de habas infantil

Nacín nunha escola, estaba rodeada de nenos, había tantos nenos que ao comezo eu pensei que era un neno. Estaba convencida de que era Mara, Lucía, Mateo, Cibrán, Samir, Martin, Livansi, África, Lucas , Celeste ou Lola, porque oía as profes Conchi, María, María Xosé e Pilar dicir estes nomes preto de min.

Pero logo marchaban e eu quedaba no invernadoiro, daquela pensei queResultado de imagen de niños imagenes divertidas non podía ser un neno, porque os nenos sempre se van cando marchan as profes.

Despois de pensar moito,  ocurriuseme que igual era un mestre, pero pronto descubrín que non podía ser un mestre, porque o mestres sempre andan dicindo:  Sebas  pon a chaqueta, Yeray comparte, Antía recolle os xoguetes, Mauro come o plátano, e eu non digo tales cousas.

Xa sei! Pensei outro día,  teño que ser un balón. Pero ao cabo dunhas horas deime conta de que non podía ser un balón,  porque aos balóns os nenos e as nenas  danlle patadas, e a min os nenos e as nenas  fanme cóxegas nas folliñas.

Daquela eu que podía ser? Un caracol, si, si tiña que ser un caracol, porque o luns os de tres anos viñeron ao horto e dixeron que ían poñer unha trampa ecolóxica para os caracois, porque había moitos e estaban coméndolles as acelgas. Pois xa está, se eu estaba no horto era un caracol e comía acelgas!Resultado de imagen de caracol infantil

Sentíame  moi feliz, xa sabía que era un caracol!

Pero pronto volveron as preocupacións, porque  viñeron os pequenos de 4 anos e dixeron que ían sacar ao caracol da trampa e levalo para outra zona, a min non me levaron a ningún lado así que tampouco era un caracol

UF!! empezaba a estar moi preocupada, non sabía o meu nome, e na escola todo ten que ter un nome, porque o primeiro que che preguntan ao chegar é como te chamas.

 Foi entón cando  baixaron ao horto os raparigos de 5 anos, e escoitei que todos querían coller a regadeira, e pensei que se todos os nenos e as nenas queren usar a regadeira é porque ser regadeira é algo moi importante, seguro que eu son unha regadeira!.  Porque un día a miña avoíña díxome que eu ía ser alguén moi importante.

Gustábame ser unha regadeira, por iso cando Sheila se acercou para coller a regadeira díxenlle: Bo día Sheila cólleme a min. Sheila contestou: pero veño buscar unha regadeira, e cando eu lle dixen que era unha regadeira botouse a rir, riuse tanto que lle doia a barriga, díxome que eu era moi divertida, pero non era unha regadeira. Eu estireime, estireime canto puden, quería que Sheila me axudara e pregunteille entón que era eu. Estou segura de que Sheila me ía axudar,  pero tocou o timbre, e ala o de sempre,  a facer filas! Como se iso fora o máis importante.Resultado de imagen de regadera infantil

Non sei que lles pasa aos mestres cando oen o timbre póñense moi nerviosos, e sempre queren facer filas, non se dan conta de que hai cousas máis importantes como saber que son eu, por exemplo.

Un día espertei triste, quería saber quen era, quería ter un nome, xa non podía esperar máis,  e tiven sorte, moita sorte, porque  baixou Mila, a nosa conserxe. Os nenos din que Mila lles cura  todo, e é certo, a min ata me curou a pena de non ter un nome cando  dixo: Canto medraron estas fabas, que fermosas están!!!!

Por fin xa sabía o que era, son unha faba, e ademais segundo Mila son fermosa.

Que ben me sentía xa tiña un nome, e uns amigos que me facían cóxegas nas folliñas. Estaba moi tranquila cando os peques de infantil volveron ao horto e fixeron algo raro,  metéronme nunha bolsa. Eu non quería irme, estaba ben no invernadoiro, e xa sabía moitos nomes, os dos nenos, os dos mestres, os dos cociñeiros, os dos veciños…e sentín medo, onde me levarían?

 

Despois veu a viaxe en bus, menuda dor de cabeza, estaba moi cansa e moi mareada.

E por fin  chegamos á casa de …………………………………………………………………………………………

 

TRABALLANDO NO HORTO

AMIZADES PERIGOSAS

Os nenos de educación infantil estivemos plantado cenorias e perexil. Descubrimos moitas cousas destes dous cultivos. Agora xa sabemos que:

  1. As cenorias son plantas bienais que se cultivan polas súas raíces comestibles.
  2. A raíz é un órgano de reserva rico en carbohidratos, que lle permiten á planta aguantar as temperaturas frías do inverno. Polo que son plantas moi resistentes ao frío.
  3. Poden sementarse durante todo o ano.
  4. As cenorias son plantas de climas fríos e templados. Resisten as xeadas ata -5º C.
  5. Sen embargo a temperatura óptima para cultivalas é de 16º C a 18º C.
  6. O Ideal é ubicalas nun lugar soleado.
  7. Necesitan un chan con boa drenaxe, húmido e arcilloso, rico en materia orgánica.

 

Asociación de cultivos:

As cenorias poden plantarse á beira das cebolas, das leitugas, dos chícharos, das acelgas, e das patacas.

Pero son incompatibles co perexil. Polo que hoxe dedicámonos a descubrir 2 plantas incompatibles e a colocalas o máis lonxe posible.

E descubrimos unha práctica moi sostible grazas á avoíña que nos regalou o perexil. Esta avoíña mandounos as plantas de perexil  envoltas  nunha folla de verza, sabedes por que? Pois porque ademais de aforrar bolsas, a planta mantén a humidade dende que a arrancan ata que a transplantan.

 

 

P1080329

BELLI VÉN Á CASA

A nosa mascota “BELLI” xa comezou a viaxar ás casas dos pequenos e pequenas de infantil. Todos os venres marcha con algún neno ou nena e co caderno “BELLI VÉN Á CASA” e volve os mércores ao cole. Durante o tempo que está nas casas dos peques, Belli quere compartir coas familias consellos e accións relacionadas coa reciclaxe, o coidado da natureza, o aforro de auga e enerxía… Os nenos e as súas familias anotan no caderno o que fixeron con Belli e acompañan o texto con fotos ou debuxos.

O venres pasado, 18 de novembro, Belli empezou a súa primeira viaxe ás casas dos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos e aquí tedes o que fixeron con Belli esta primeira semana:

20161123111933673_0001 20161123112017138_0001 20161123112148049_0001

OS VERDES VIXÍAS SAEN DA ESCOLA

A ecopatrulla planta árbores

O equipo dos verde vixías comezou a semana con moitas gañas de traballar. Saíron da escola para comprobar o estado no que se atopa o noso entorno  e descubriron unha zona moi fermosa, con moita vexetación, e cun regato. Pararon un bo anaco para escoitar os sons da natureza: os paxaros, o vento, e o ruído da auga.

 

P1060562

Escoitando os sons da natureza

E todos estiveron de acordo en que nesta zona había que plantar árbores así que volveron á escola, foron o invernadoiro colleron  unha figueira …e alá marcharon de volta….. para porse  mans á obra!!!

 

P1060564

De volta ao cole para coller unha árbore no invernadoiro, e plantala na zona que acabamos de descubrir.

 

Agora temos unha nova tarefa para a ecopatrulla,  a visita a esta zona  para ver como medra Amelia, a nosa figueira; para seguir plantando árbores e para escoitar a música da natureza.

Aqui iremos a miúdo para aprender a escoitar, deténdonos ante algo que lles gustou moitísimo aos nenos, o ruído de “Mansiño” o noso regato, ao que decidimos adoptar.

 

P1060563

Daniela plantando a figueiriña Amelia

A NOSA ECOPATRULLA “OS VERDES VIXÍAS”

ECOPATRULLAECOPATRULLA OS VERDES VIXÍAS

O medio que nos rodea é un ben de interese común, polo que todos os membros da comunidade educativa temos a responsabilidade de coidalo dunha maneira sostible.

A ECOPATRULLA DOS VERDES VIXÍAS pretende fomentar a participación dos cativos na mellora do contorno, así como favorecer actitudes e valores xeneralizables a outros contextos, nos que os nenos e nenas terán que aprender a desenvolverse.

OBXECTIVOS:

* Sensibilizar aos nenos coas cuestións mediambientais.

* Educar en valores: amor á natureza, responsabilidade, cooperación e consumo responsable.

* Ensinar a valorar, a respectar e a coidar o medio ambiente.

* Ofertar a posibilidade de realizar accións de carácter sostible na escola.

* Fomentar un consumo responsable.

* Reciclar e reutilizar papel, plástico, vidro…

* Recuperar os xogos dos nosos antepasados, aqueles  nos que a natureza era a protagonista.

* Implicar activamente aos nenos no coidado da escola.

* Plantar e coidar árbores, verduras, hortalizas e flores.

* Construír un “restaurante para paxaros”.

* Lembrarlle a todos os  nenos do centro, dende o respecto e o diálogo, que non podemos tirar ao chan envoltorios, panos, papeis…

* Gozar coidando a escola e o medio ambiente.

* Traballar  en grupo, promovendo a cooperación entre nenos e nenas de diferentes idades.

* Conseguir que os nenos entendan a influencia que teñen as nosas accións na saúde do planeta.

* Enriquecer as vivencias dos nosos nenos, favorecendo o contacto dos cativos coa natureza.

* Elaborar eco-consellos e eco-retos.

* Deseñar unha ecomascota viaxeira, que irá as fogares dos cativos acompañada dun listado de consellos sostibles para coidar a natureza.

* Aproveitando pneumáticos facer o noso “Reciclín”.

A ecopatrulla está formada por un grupo de 101 nenos voluntarios de educación infantil e de educación primaria, distribuídos en 5 subgrupos, un por cada día da semana. Estes alumnos todos os días, ao rematar o xantar, poñen os seus petos verdes e de cores e desenvolven diferentes actividades, guiados por dúas nais colaboradoras do comedor escolar.

ACTIVIDADES:

As actividades planificadas para este trimestre son as seguintes:

  1. DESEÑO DA NOSA MASCOTA

2. COIDADO DO MEDIO

Os nenos terán que retirar as herbas malas do horto, plantar verduras e hortalizas, facer sementeiros, plantar árbores nunha zona que está fóra da escola e levar comida (millo e restos de pan do comedor escolar) ao noso  “restaurante para paxaros”.

Aquí os tendes cubrindo o chan dos cultivos con palla para que non saian as herbas malas, e preparando trampas ecolóxicas para os caracois coas cascas dos ovos que aproveitamos do comedor escolar.

P1060577

 

3.RECICLALANDIA

Este é o noso taller de reciclaxe, nel durante este mes dedicarémonos a pintar pneumáticos para facer o noso “Reciclín”, un boneco que será o encargado de propornos cada semana un eco-reto para realizar na escola e na casa.

P1060566

P1060638

Ao rematar con “Reciclín” comezaremos a pintar e a decorar botellas de plástico, para facer casas para os paxaros, que situaremos ao lado do areeiro da escola, na nosa carballeira onde  faremos o “restaurante para paxaros”.

4.XOGOS E XOGUETES COA NATUREZA

Con esta actividade coñeceremos os xogos e os xoguetes tradicionais feitos con carozos, piñas, millo, paus, xestas, castañas, noces…etc

foto castaña

En varias sesións contaremos coa colaboración de Serxio, este avó virá á escola para: explicarnos a que xogaba el cando era neno, facernos algún xoguete, ensinarnos as regras dos xogos e xogar cos cativos aos xogos da súa infancia.

Neste trimestre Serxio estanos ensinando a facer vasoiras con xestas, e a empregar as xestas para atar piñas. Este avó contounos que cando el era neno non había cordas, nin cestos, nin carretillos, e cando ían ao monte a coller piñas para acender o lume, tiñan que buscar a maneira de levar moitas en cada viaxe, así que con moita paciencia e habilidade ían atando as piñas ao longo dunha xesta, ata levar un bo cargamento.

IMG-20161206-WA0017

Tamén aprendemos como se facían avións con vimbios e con bugallos; e frautas con cañas de bambú.

EMPEZANDO A RECICLAXE…

Deixamos aquí unha pequena mostra dalgunhas das manualidades que levamos realizado utilizando produtos de refugallo, concretamente empregando diferentes tipos de plásticos, xa que neste trimestre traballamos o reciclado deste material:

  • Para a celebración do SAMAÍN realizamos unhas “terroríficas” pantasmas. Unhas con pratos e tiras de plástico e outras con pequenos botes de plástico que pintamos de branco. Que vos parecen??
  • Para a celebración do MAGOSTO realizamos uns “divertidos” “portacastañas”, uns con vasos de iogures e outros con botellas de plástico cortadas pola metade, logo decorámolos con pintura, plastilina ou debuxos. P1080124 P1080158
    20161110_141539

A que apetece comer unhas cantas castañas deses simpáticos portacastañas?

PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS

LOGOO noso centro acaba de ser admitido no Plan Proxecta, programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con outros organismos para promover a innovación educativa nos centros escolares. Este Plan abrangue diferentes tipos de programas específicos centrados en diversos aspectos: a alimentación, as modernas tecnoloxías, a natureza, o deporte e a saúde… . Dentro das modalidades ofertadas, presentamos o noso proxecto para ser incluídos na modalidade 10 chamada MeteoEscolas. Esta semana saíu a resolución provisional, segundo a cal , somos un dos centros seleccionados para a realización deste programa.

O programa MeteoEscolas está coordinado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e ten como principal obxectivo: “Mellorar as competencias do alumnado en temas medioambientais e das ciencias da Terra e promover a investigación na escola, mediante a observación directa do tempo no seu centro e a contorna, así como desenvolvendo diversas competencias de xeito interdisciplinar”. 

No seguinte enlace tedes máis información institucional sobre o programa MeteoEscolas:

METEOESCOLAS: información sobre o programa  

Unha das razóns polas que eleximos esta modalidade de programa de innovación foi a relación que podíamos establecer entre o mesmo e o noso proxecto do horto escolar e o coidado e mellora da natureza. Así o destacamos nos obxectivos que nos marcamos:

OLLO

– Familiarizar ao alumnado do centro cos termos meteorolóxicos e co funcionamento dos instrumentos de medida.

– Empregar a meteoroloxía como motor dun traballo interdisciplinar que fomente o desenvolvemento das competencias clave.

– Extender o emprego das TIC, sobre todo nos cursos que están dentro do programa ABALAR, a tarefas significativas e imbricadas na realidade cotiá.

– Proporcionar ao alumnado estratexias de manexo de información: rexistro e interpretación de gráficas, táboas, climogramas, etc.

– Mellorar a conduta do alumnado no centro, fomentando espazos de aprendizaxe activo, vivencial e construtivo.

– Desenvolver no alumnado estratexias de relación social e de traballo cooperativo, que fomenten a inclusión de todos e un clima de convivencia axeitado.

En relación co proxecto do horto escolar os obxectivos máis concretos son:

1) Descubrir a influencia do clima sobre a produtividade do horto escolar.

2) Seleccionar os cultivos que se adapten mellor ao noso horto, en función do clima.

3) Avaliar o impacto da temperatura no rendemento do horto escolar.

4) Comprobar a influencia do clima nos cultivos protexidos no invernadoiro, e comparala coa influencia deste sobre os cultivos non protexidos.

5) Descubrir a influencia do clima no desenvolvemento das pragas e das enfermidades nos cultivos.

6) Descubrir a importancia da adaptación ao medio dos cultivos.

Titulamos o noso proxecto como MOITO OLLO AO METEORO!!. Informaremos das actividades máis salientables que vaiamos realizando. 

ECOCONSELLOS

Xa temos aquí o resultado do concurso organizado polas nosas ecomascotas, Mundoman e Belli, en colaboración co equipo de dinamización da biblioteca do noso centro. Mirade que ecoconsellos nos dan… tomate boa nota!!!