Daily Archives: 19/10/2016

TRABALLANDO NO HORTO

SEMENTAR SEMENTAREI ….

Os nenos e as nenas  de educación infantil  esta semana recibimos un agasallo das ecomascotas do noso colexio.

Mundoman e Belli, mandáronnos un baúl cheíño de sementes, e unha carta na que nos dicían  que contaban con nós para coidalas, ata que se converteran en plantas moi grandes e fortes.

P1070974 (2)

O noso baúl de sementes

As nosas ecomascotas xa saben que os peques da escola somos moi traballadores, e grandes  expertos en coidar o noso horto e o noso cardio,  por iso nos enviaron sementes de: millo, fabas, abelás, noces, chícharos, castañas e cabaciñas, para que as coidemos e logo poidamos comer os ricos e saudables froitos que nos darán.

(Os pequenos de 3 anos co baúl de Mundoman e Belli que chegou ao cole o 17 de outubro)

A continuación estivemos traballando na aula cos seguintes recursos:

 

Logo fixemos varias manualidades  coas sementes de cabaciñas, e xa nos tocou poñernos mans á obra! Chegou a hora de baixar ao horto para sementar fabas, cabaciñas, e castañas. Agora quédanos esperar a que as nosas sementes se convertan en plantiñas  que teremos que coidar ata que medren.