Monthly Archives: octubre 2016

UN COMEDOR 6S

 UN COMEDOR SOSTIBLE

P1060297

O noso comedor escolar ten unhas funcións que exceden a estrita nutrición dos escolares, este servizo ten unha finalidade educativa, a través del pretendemos:

  1. Proporcionar unha alimentación de calidade adaptada ás necesidades e ás características dos escolares.
  2. Ensinar as pautas dunha dieta equilibrada.
  3. Educar aos cativos en hábitos de alimentación sans, solidarios e responsables.
  4. Educar en normas e en valores ( respecto, solidariedade, coidado da saúde, responsabilidade co medio ambiente…).
  5. Ensinarlles aos nenos a comer de maneira responsable co medio ambiente.

OBXECTIVOS DO COMEDOR 6S:IMG_0119

Pretendemos que o noso comedor sexa un recurso educativo:

SENSIBLE: Ao responder ás necesidades de cada cativo, partindo da súa situación e buscando solucións adaptadas á realidade  de cada neno:  dietas especiais, dificultades para inxerir algúns alimentos, hábitos adquiridos… Para elo contamos cun menú xeral e con varios menús específicos: sen glute, sen ovo, sen leite, e hipocalórico,  con varias actividades de reforzo que animarán aos nenos a que proben novos sabores, e cun equipo de colaboradores ilusionados e comprometidos con este proxecto.

SAUDABLE:  Proporcionándolles unha alimentación equilibrada, saudable e variada.

SOLIDARIO: Fomentando  comportamentos de axuda e de cooperación entre iguais.

SILENCIOSO: Intentando que aprendan a controlar o ton de voz, e a respectar o tempo no que hai  que estar en silencio, para comentar os logros de cada día e para  pasar lista e organizar a incorporación ás actividades.

SORRINTE:  Creando un ambiente agradable para todos.

SOSTIBLE:  Ensinándolle aos nosos nenos a comer de maneira responsable, saudable e respectuosa co medio ambiente.

Este ano centrarémonos na consecución do último obxectivo, un comedor sostible, ao considerarmos que os 5 obxectivos anteriores: saudable, solidario, silencioso, sorrinte e sensible, xa foron adquiridos ao longo de varios cursos, e  que os nenos os teñen interiorizados nun grado óptimo. Para elo seguiremos desenvolvendo as accións que xa puxemos en marcha ao longo dos cursos anteriores, combinándoas con outras que intentaremos desenvolver ao longo deste curso:

Fomentar e favorecer a incorporación de alimentos ecolóxicos, frescos, do entorno e de temporada.

Introducir  o consumo ecolóxico de alimentos progresivamente.

Promover  o consumo responsable: preparando  e servíndolle  aos cativos cantidades de comida equilibradas para evitar o despilfarro de recursos.

Reducir o consumo de panos.

Aproveitar a auga de lavar patacas, verduras, hortalizas …para regar as plantas do interior.

Empregar os restos do comedor para abonar o horto.

Aproveitar a comida que sobra para as familias, da nosa comunidade educativa, que teñan peor situación económica.

Consumir as verduras e as hortalizas que cultivamos no horto no comedor, tratadas unicamente con métodos ecolóxicos.

Comprar alimentos baseados en criterios de cercanía, buscando sempre ao provedor que estea máis cerca da escola.

RECURSOS:

Para fomentar os comportamentos idóneos dos nenos no comedor (comer de todo, probar o que non lles gusta, falar cun ton de voz axeitado, manter bos hábitos de orde e de hixiene,  establecer relacións positivas entre eles e cos adultos), empregaremos os seguintes recursos: Reforzo positivo: 

  • Puntos 6s (saudables, solidarios, silenciosos, sostibles e sorrintes).IMG_0123

Cada día entregarémoslle un punto aos nenos que cumpran todos os obxectivos, ou que melloraron en algo (probar un alimento que non lles gustaba, falar cun ton de voz baixo, cooperar cos máis cativos). Cando consigan  6 puntos terán un premio sostible e saudable.

  • Felicita que algo queda:

Aqueles nenos que acaden todos os obxectivos serán os protagonistas da semana. En cada zona os venres proporemos un neno para mandarlle unha felicitación a casa polo seu bo comportamento, e farémoslle unha foto, que colocaremos no taboleiro do “protagonista da semana”.

  • O rei/raíña da mesa:

Aos nenos de educación infantil colocarémoslle unha coroa e farémoslle unha foto a medida que vaian mellorando na consecución algún obxectivo.

  • Ao entrar abre a ilusión, ao saír pecha o orgullo:

A través desta actividade todos os días os nenos e os adultos poderán manifestar os motivos polos que se senten orgullosos de alguén.

  • Mascotas viaxeiras:

Os nenos que acaden algún obxectivo novo poderán levar as súas casas as mascotas viaxeiras cunha nota informativa para as familias.

TRABALLANDO NO HORTO

SEMENTAR SEMENTAREI ….

Os nenos e as nenas  de educación infantil  esta semana recibimos un agasallo das ecomascotas do noso colexio.

Mundoman e Belli, mandáronnos un baúl cheíño de sementes, e unha carta na que nos dicían  que contaban con nós para coidalas, ata que se converteran en plantas moi grandes e fortes.

P1070974 (2)

O noso baúl de sementes

As nosas ecomascotas xa saben que os peques da escola somos moi traballadores, e grandes  expertos en coidar o noso horto e o noso cardio,  por iso nos enviaron sementes de: millo, fabas, abelás, noces, chícharos, castañas e cabaciñas, para que as coidemos e logo poidamos comer os ricos e saudables froitos que nos darán.

(Os pequenos de 3 anos co baúl de Mundoman e Belli que chegou ao cole o 17 de outubro)

A continuación estivemos traballando na aula cos seguintes recursos:

 

Logo fixemos varias manualidades  coas sementes de cabaciñas, e xa nos tocou poñernos mans á obra! Chegou a hora de baixar ao horto para sementar fabas, cabaciñas, e castañas. Agora quédanos esperar a que as nosas sementes se convertan en plantiñas  que teremos que coidar ata que medren.

TRABALLANDO NO HORTO

Agora os pequenos e pequenas de infantil de 5 anos van ensinarnos o traballo que comezaron a facer no horto este curso:

1.O 30 de setembro plantamos repolos e lombardas. Primeiro fixemos os buratos na terra, regámolos e plantamos… agora a esperar que medren!!

2. O 7 de outubro estivemos facendo un montón de traballo: primeiro limpamos o terreo de malezas e cavamos para preparar a terra para plantar, logo plantamos cenorias, recollemos as sementes dos tomates e aínda tivemos tempo para machacar cascas de ovos que collemos do comedor escolar para empregalas como trampas ecolóxicas para os caracois… de verdade que acabamos un pouco cansos, pero moi contentos do traballo feito!!

Preparando o terreo 

Plantando cenorias

Recollendo as sementes dos tomates 

Machacando cascas de ovos 

TRABALLANDO NO HORTO

E este curso tamén empezaron o seu traballo no horto os nenos e nenas de 4 anos que estaban impacientes por comezar.

1.O 28 de setembro baixaron ao horto e comezaron coa recollida de sementes e axudando a limpar o terreo do horto:

Ese mesmo día, moi dispostos, estiveron plantando lombardas, verzas  e acelgas.

Ata tiveron tempo para un pequeno paseo “motorizado”:

IMG_20160928_113745_1

2. O 4 de outubro repartíronse en tres grupos: mentras uns debullaban millo para levarllo de comida aos paxaros, outros seguían limpando o horto de malezas, pedriñas e paus..  e o terceiro  grupo plantaba  máis verzas.

3. E o 11 de outubro estiveron ” pondo a escola moi guapa”, plantando azaleas.

Pero antes de plantalas un grupo de nenas e nenos, estiveron partindo os restos de podar as hortensias (paus e follas) en anacos pequenos, para colocalos no fondo das macetas, e que nos sirvan de abono; ao mesmo tempo que garantizan unha boa drenaxe, ao mezclalos coas pedriñas cativas que recolleran os días anteriores limpando no horto.

TRABALLANDO NO HORTO E PONDO GUAPA A ESCOLA

Comezamos cos cativos de 3 anos que se acaban de incorporar ao centro introducíndoos pouco a pouco no traballo no horto, no coidado do entorno do colexio así como nas distintas actividades que temos previstas para este curso relacionados coa reciclaxe. As tarefas que realizamos ata agora foron as seguintes:

1.O 26 de setembro baixamos para coñecer o horto e o entorno do colexio (zonas axardinadas, a pequena carballeira, o regato que pasa preto, o invernadoiro…) e como mostraron moito interese en traballar xa no horto estivemos recollendo tomates e plantando cenorias. 

 

20160926_104638 20160926_104635

2. O 3 de outubro, baixamos a “pequena carballeira” a observar aos paxariños, as casiñas que teñen nos carballos, a escoitar os seus cantos e a deixarlles  comidiña. Aprendemos a debullar o millo, foi moi divertido! No horto observamos as cenorias da semana pasada e  plantamos coliflor.

3. O 10 de outubro, dedicámonos a poñer “guapa a escola”: Plantamos ciclames para decorar a entrada do colexio e begonias para o interior. As begonias tivémolas en auga na aula e fomos observando como lles saíron as raíces. Recollemos pedras para poñer nos no fondo dos tarros, e fixemos abono con follas de plantas podadas.

LIBRÍN ÚNESE AS ECOMASCOTAS

LIBRÍN, a mascota da nosa biblitoteca escolar, tamén quere unirse a nosa aventura de acadar unha ECOESCOLA, para iso xa planeou con MUNDOMAN E BELLI unhas cantas actividades que nos irán contando ao longo do curso. Parece que nada máis coñecerse xa se entenderon e LIBRÍN quere axudar cos seus grandes coñecementos e cos grandes recursos cos que conta para que MUNDOMAN E BELLI podan transmitir a todos os nenos/as, profes e pais/nais un montón de consellos e accións que podemos realizar todos para conseguir unha escola saudable, sostible e solidaria.

  • A súa primeira acción xa foi convocar un concurso para conmemorar o día das bibliotecas escolares. Cada clase elaborará carteis con ecoconsellos saudables e con eles faremos un ecolibro que estará a disposición de todos na biblioteca.

Publicación1

Se premedes na imaxe ides directamente ao blog da biblioteca escolar para ver alí a nova.

  • Ao longo do curso os nenos e nenas levan para as súas casas unhas mochilas viaxeiras con libros, revistas, CDs… para fomentar a lectura entre as familias. Pois LIBRÍN xa engadiu un novo contido as mochilas, unha SECCIÓN VERDE que levarán todas as mochilas e que consistirá nunha revista e un libro sobre a natureza e o seu coidado, a reciclaxe, ou calquera outro tema relacionado coa ecoloxía e un pen-drive con ecoconsellos. Acompañará a este material a mascota MUNDOMAN (nas mochilas de primaria) e BELLI (nas de infantil). Esta semana xa empezaron a marchar as mochilas para as casas, esperemos que a iniciativa das nosas mascotas sexa ben acollida e se poñan en práctica algúns dos ecosonsellos. 

P1060334 P1060337 P1060338

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                                                                                                 

 (Tamén se premes nas imaxes verás esta nova no blog da biblio do noso centro)

 

  • LIBRÍN xa andivo mercando libros novos para actualizar a sección de medio ambiente, natureza, ecoloxía…, Algúns destes libros xa van nas mochilas viaxeiras para as casas. Aquí tedes unha mostra dalgúns deles:

    E isto non é todo, LIBRÍN e as ECOMASCOTAS xa andan argallando novas actividades… xa vos iremos contando.

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN: 16 OUTUBRO 2016

A FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) celebra o vindeiro 16 de outubro O DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN baixo o lema: O CLIMA ESTÁ CAMBIANDO, A ALIMENTACIÓN E A AGRICULTURA TAMÉN.

“Un dos maiores problemas relacionados co cambio climático é a seguridade alimentaria. As persoas máis pobres do mundo, -moitas das cales son agricultores, pescadores e pastores-, son os máis afectados polas altas temperaturas e o aumento da frecuencia de desastres relacionados co clima”.

Como podemos axudar a mitigar este impacto?. No seguinte enlace (premede na imaxe) podedes consultar os consellos da FAO para axudar a mitigar o cambio climático:

pegada pes

E para realizar cos máis pequenos, aquí temos tamén unha serie de actividades que nos propón a FAO:

portada libro actividades dia alimentacion

AS NOSAS ECOMASCOTAS

Durante o mes de setembro organizamos en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega o primeiro concurso na nosa ecoescola, a finalidade do mesmo era elexir as nosas ecomascotas (unha de educación infantil e outra de educación primaria), as cales nos acompañarán durante a apaixoante viaxe que emprendemos este ano cara unha escola sostible.

Cada neno tiña que debuxar unha mascota e escribir un lema, tanto o debuxo como o lema tiñan que ser inventados, orixinais e creativos, non copiados ou calcados doutras imaxes ou personaxes xa existentes.

Para sensibilizar aos nenos nas aulas empregamos os seguintes recursos e materiais:


Despois de realizados os traballos, veu a parte máis complicada: elexir os debuxos e lemas gañadores, dada a calidade dos traballos presentados. Estes son os finalistas e gañadores de cada categoría:

FINALISTAS EDUCACIÓN INFANTIL:

ECOMASCOTA ZOE

ZOE – INFANTIL 5 ANOS

ecomascota AFRICA

ÁFRICA – INFANTIL 4 ANOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FINALISTAS EDUCACIÓN PRIMARIA:

ECOMASCOTA CARLA

CARLA – 6º PRIMARIA

ECOMASCOTA ANTÍA 1º

ANTÍA – 1º PRIMARIA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E ESTOS SON OS DEBUXOS E LEMAS GAÑADORES:

mundoman 2

MUNDOMAN (AISSATOU – 5º PRIMARIA)

ABELLIÑA

BELLI (AINHOA – INFANTIL 5 ANOS)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COIDAMOS O PLANETA PORQUE NOS PETA   /        DÁLLE CARIÑO AOS ANIMALIÑOS