“HEMO
S DE VIVIR SENCILLAMENTE PARA QUE OTROS PUEDAN SENCILLAMENTE VIVIR» – GHANDI
Comezamos a terceira andaina escolar dentro do PROGRAMA VOZ NATURA con gañas renovadas despois do descanso do verán. Esta é a nova aventura na que nos embarcamos RECICLAMOS LIXO CO MELLOR SORRISO- POR UNHA ESCOLA SOSTIBLE. A continuación deixámosvos unhas notas a modo de «pinceladas» para que vexades o que pretendemos:
INTRODUCIÓN
Durante moitos séculos o lixo como entendemos hoxe non existía. As sociedades reutilizaban practicamente todos os recursos cos que contaban. Así mobles, roupas, vehículos, pasaban de man en man no que se podería considerar o comezo da reciclaxe.
Hoxe en día moitos dos materiais que integran o lixo poderían ser reutilizados é dicir reciclados. Entre os máis comúns podemossinalar: vidro, papel, metais e plásticos.
Para poder realizar isto de forma eficiente, é necesaria unha toma de conciencia na poboación das vantaxes da reciclaxe destes elementos. Por iso queremos iniciar aos nenos no coidado do medio ambiente e na preservación dos recursos naturais.
OBXECTIVOS XERAIS
- Educar no respecto cara o entorno (sostible), cara o propio corpo (saudable) e cara os demais (solidario).
- Proporcionar pautas para a adquisición de hábitos que conserven e melloren a natureza.
- Fomentar actitudes responsables cara o uso de recursos e a conservación do medio.
- Implicar aos nenos para que participen activamente no coidado do medio.
- Desenvolver paulatinamente a conciencia, e a ética ecolóxicas.
- Valorar a importancia do coidado do medio ambiente preservando os recursos naturais.
- Promover a participación de toda a comunidade educativa na protección do entorno natural.
- Tomar conciencia da reutilización de moitos dos refugallos que se botan ao lixo.
- Promover actividades que conleven a deter a contaminación ambiental.
- Enriquecer a formación ético-moral dos nosos alumnos para convertelos en adultos respectuosos co entorno mellorando así nun futuro próximo a calidade de vida.
- Favorecer a autonomía dos alumnos na resolución de problemas, na búsqueda de información e na procura de posibles solucións ao impacto negativo da contaminación.
- Coñecer o significado, o obxectivo principal e as actuacións de SOGAMA.
- Valorar e coñecer o significado das tres “R”: reducir, reutilizar e separar para reciclar.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
* Observar e tomar conciencia do estado no que se atopa o entorno no que vivimos.
* Coñecer o significado da palabra “reciclaxe”.
* Recoñecer para que serven os distintos tipos de colectores, amarelo, azul, verde escuro ou xenérico e o iglú verde.

* Participar na separación dos nosos residuos: papel, cartón, plástico, e materia orgánica.
* Comprender que o lixo ao ser clasificado, pode ser reutilizado, axudando así a parar a contaminación ambiental.
* Desenvolver a creatividade e a imaxinación, coa creación de novos usos para o material de refugallo: xoguetes, material decorativo, útiles…
* Celebrar un día temático dedicado ao medioambiente promovendo a imaxinación e a creatividade mediante o uso de envases de produtos cotiáns para facer un monumento á natureza.
* Potenciar, a través deste proxecto, valores de solidariedade e de respecto cara os demais e cara o medioambiente.
*Promover a imaxinación e a creatividade mediante o uso de envases de produtos cotiáns. Explorar, percibir, interpretar e crear linguaxe musical con novos recursos da contorna que producen sons, identificando as calidades sonoras dos obxectos e dos materiais.
* Utilizar un tema motivador como o da protección do medioambiente para traballar diferentes contido e áreas do curriculum , mellorando as competencias comunicativas lingüísticas que implican escoitar, falar, expor ou dialogar.
*Memorizar palabras do léxico correspondente ás cores, os materiais, os alimentos e outros elementos da natureza.
* Aprender a recoñecer o papel e cartón como material dalgúns dos envases que utilizan na súa vida diaria.
* Aprender como se fabrican e como se reciclan.
* Fomentar a creatividade dos alumnos, das familias e dos profesores.
* Concienciarse da importancia de separar residuos.
* Iniciarse en la separación selectiva de residuos en el aula, e no centro.
* Crear unha ecopatrulla que realice todos os días actividades relacionadas co coidado da escola e do entorno.
ACTIVIDADES
Entre as actividades a realizar destacamos dous tipos delas: unhas digamos máis específicas que se realizarán nun trimestre concreto e outras que se realizarán ao longo do curso, entre estas últimas destacamos:
- Adoptamos un regato
- Menos luz e máis claridade
- Eco-limpeza
- Gota a gota, canta auga se aforra!!!
- Aluminio? Non gracias!!
- Plataforma 3 S
- Eslogans concienciadores
- Papelómetro
De todo isto e moito máis xa vos iremos informando puntualmente no noso blog. Esperamos as vosas visitas virtuais!!