Daily Archives: 17/06/2016

FESTA VOZ NATURA

O sábado, 4 de xuño, acudimos ao parque Acea de Ama en Culleredo (A Coruña). Un ano máis cheos de ilusión por participar na gran festa de VOZ NATURA e recibir o premio como mellor proxecto provincial (Ourense) do curso 2015-16.

Alí chegamos cos pequenos e pequenas de educación infantil acompañados polos seus pais e nais e alumnos/as de 4º de primaria, que tamén participan nas actividades realizadas no centro, acompañados por 6 profesoras.

Os nenos e nenas disfrutaron coas actividades programadas, especialmente coa gran “xincana” que se realizaba ao longo de todo o parque. Tamén visitamos a exposición onde se mostraban os traballos realizados ao longo do curso polos centros participantes, alí estaba tamén o noso, ocupando un lugar preferente por ser un dos centros premiados.

DSC00022

Pero o momento culminante foi a entrega de premios, especialmente cando a profe Conchi, acompañada de Martiño (4 anos) e Candela (5 anos) subiu ao escenario a recoller o ben merecido premio:

13321835_1119985498043124_6548528181133518059_n

20160606091327360_0001

Se premedes no seguinte enlace podedes acceder a unha presentación de fotos que resume o día tan especial que vivimos:

FESTA VOZ NATURA 2015-16- CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ