Monthly Archives: mayo 2016

OUTRA VEZ DE NORABOA!!!

Despois do premio recibido o curso pasado, o mellor blog da comunidade VOZ NATURA, este ano volvemos estar de noraboa, o xurado e o equipo de VOZ NATURA acordou concedernos o premio ao mellor proxecto OURENSE deste curso 2015/2016.Estamos encantados co premio e damos as grazas a todos pola concesión do mesmo. Isto motivanos máis para seguir nesta liña de traballo que nos marcamos, que é a de inculcar nos nosos alumnos e alumnas o coidado e respecto polo medio ambiente e a convivencia en harmonía con todo o que nos rodea.
Así mesmo queremos felicitar aos demais colexios premiados polo importante traballo que desenvolveron e por suposto, non nos olvidamos, de todos os demais centros integrantes da comunidade VOZ NATURA que con tanto esforzo continúan cada día traballando pola defensa do medio ambiente.

voz natura

PREMIO

TRABALLANDO NO HORTO: TOMATES E XESTAS

Tomates e xestas? Menuda combinación!! Pois sí, este mércores, 18 de maio estivemos atarefados no horto cos tomates e coas xestas. Plantamos tomates que tiñamos en sementeiros no noso invernadoiro e logo, ao seu carón, cravamos xestas para que os protexan do calor. Antes estivemos aprendendo cousas sobre as xestas: a súas características, usos … como logo veredes na ficha de traballo correspondente.

E ao rematar empregamos a nosa creatividade para facer: adornos coas xestas.

FICHAS DE AULA

Despois do traballo no horto, aquí temos a correspondente ficha:

xestas la-retama AS XESTAS 

 

LIBERAMOS XOANIÑAS

Esta semana investigamos e aprendemos moitas cousas sobre as xoaniñas.

image002Buscamos información en: libros, internet, vídeos… e preguntámdescargaoslle a algún avoíño e a algunha avoíña para descubrir refráns, adiviñas, cancións e xogos nos que as xoaniñas eran as protagonistas

As xoaniñas son pequenas e teñen un caparazón redondeado ou ovalado. Teñen unhas ás duras coma caparazón que cobren unhas ás internas. 

Soen ser de cor vermella, negra, laranxa ou amarela e a miúdo teñen manchas nas ás. 

Son amigas do horto e do xardín porque axudan a protexer as colleitas xa que comen insectos, como os pulgóns, que a súa vez comen as plantas. Son animais carnívoros e ovíparos, deixan centos de ovos amarelos nas colonias de pulgóns e doutros insectos semellantes. Cando nacen, as larvas comezan a alimentarse rapidamente, podendo comer ás seis semanas uns 5000 pulgóns.

En moitos lugares empréganse como “control biolóxico das pragas”, no canto de usar produtos químicos.

A moita xente gústanlle as xoaniñas pola súa cor e os seus puntos negros. A súa cor chamativa serva para manter alonxados aos seus depredadores como os lagartos e os paxaros, e parece dicir: “o meu sabor é asqueroso”. As xoaniñas viven onde viven as súas presas: en plantas, herbas, arbustos…

Gústalles a calor e soen pasar o inverno agochadas debaixo de cortizas ou en gretas para fuxir do frío.

image023

Este  mércores, 4 de maio, trouxemos xoaniñas ao cole!!!

Estivemos observándoas …que  cativas son!!! E decidimos liberalas no patio de infantil.

Para animalas a que voasen puxémolas na man e cantámoslles:

Xoaniña voa, voa

Xoaniña voa, voa,
que teu pai foi a Lisboa
a comer pan e cebola.
Xoaniña voa, voa
que se ti voas ben

poderás chegar tamén.

P1060909

 

 

Xoaniña, voa, voa

que che vou dar pan de broa

e se voas ben,

pan de trigo tamén!!!

 

 

ADIVIÑA, ADIVIÑANDO 

P1060898

Son vermella coma un rubí

levo puntiños negros,

atopasme no xardín,

en plantas ou herbas …

Sabes quen son?

ANO DOS LEGUMES

Acordádevos que tivemos unha sesión de contacontos onde os legumes e outros alimentos saudables eran os protagonistas?. Despois da sesión tiñamos un traballo pendente: inventar unha historia arredor dos legumes e das verduras. Pois aquí temos xa o conto XIÁN E OS CHÍCHAROS” que entre todos, nenos e nenas de infantil e profes, inventamos e fixemos. Botádelle unha ollada… e esperemos que vos guste!!

 

Facede clic na imaxe para ver +