Monthly Archives: abril 2016

MARGARIDAS E XUDÍAS

Na última semana do mes de abril, os pequenos e pequenas de 5º de infantil, agora como xa o bo tempo acompaña, andiveron de plantacións:

1- Puxeron sementeiros de margaridas, unha nova planta para logo transplantar en macetas e adornar o cole:

2- As xudías que tiñamos en sementeiros agora xa estaban listas para ser transplantadas á terra:

O NOSO INVERNADOIRO

O pasado mércores, 20 de abril, foi un día moi especial para todo o equipo de Voz Natura do cole: inauguramos un pequeno invernadoiro que instalamos nunha zona do noso horto escolar.

Este curso estamos facendo moitas plantacións a partir das sementes que gardamos dos produtos que colleitamos o ano pasado e necesitabamos un espazo axeitado para a súa almacenaxe, de aí a necesidade da súa instalación. Nel gardamos os semilleiros das plantas que logo transplantaremos á terra, desta forma están protexidos das xeadas e do frío ata o tempo propicio para a súa plantación. 

PILAR3

PILAR1

 

IMG_0017

 

 

jpg (2)

 

 

 

E que sorpresa para os cativos cando se viron no xornal ao día seguinte!!

xornal 20-4-2016

TRABALLANDO NO HORTO… E PONDO A ESCOLA GUAPA

Ao recoller os froitos do horto no curso pasado fomos gardando as pebidas e sementes dos produtos recollidos, agora estamos aproveitando estas sementes para facer os nosos sementeiros.

Así o mércores, 20 de abril, os pequenos de 5 anos estiveron facendo tres sementeiros coas pebidas das sandías que recollemos a principios de setembro. Gardamos os sementeiros no noso invernadoiro (recén inaugurado) ata chegar o momento de que as plantiñas que nazan se podan transplantar á terra. 

Os nenos/as de 4 anos estiveron facendo sementeiros de leitugas e escarolas.

 

 

Continuamos plantando xeranios en macetas para seguir poñendo “a escola guapa”.

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL 2016

LIBROS QUE  SE PLANTAN

http://www.dreamstime.com/stock-images-tree-growing-book-image16549534

A lectura estimula a curiosidade, axuda ao desenvolvemento e perfeccionamento da linguaxe; aumenta o vocabulario, mellora a expresión oral e escrita, aumenta o noso bagaxe cultural, e estimula a creatividade.

A pesar de todas as vantaxes que ten a lectura, non podemos esquecer que os libros que non están fabricados con materiais biodegradables, entre eles a tinta, acabarán contaminando o chan.

O Libro árbore“  é un proxecto que fixo posible que os libros poidan plantarse, ao rematar de lelos, de forma produtiva, sen impacto ambiental e dando lugar a unha árbore. Darbore lilaesta maneira os cativos e as árbores medran xuntos.

Este libro transmite valores eco-amigables non só a través da súa lectura, senón tamén despois. Tras lelo pode plantarse e medrará unha jacaranda, xa que entre dúas das súas capas de papel introducíronse sementes desta bonita árbore.

O proxecto non só busca reducir o impacto ambiental dos libros senón animar a outras editoriais a apostar por materiais como este, fabricado con técnicas respectuosas coa contorna, con papel de bosques certificados e tinta á auga, libre de ácidos. Ademais, quérese concienciar aos nenos para que a súa educación ambiental sexa práctica e orixinal, baixo a lema : “Os libros e os nenos poden medrar xuntos”.

O librvideoo ”Mi papá estuvo en la selva”, de Gusti e Anne Decis, publicado no 2008 pola editorial arxentina Pequeno Editor, é o primeiro libro árbore. Nel cóntase a historia dun papá que viaxa á selva do Ecuador desde a perspectiva do seu fillo, a través dun enfoque eco-amigable, que fomenta o amor pola natureza.

 

 

 

LIBROS ECOLÓXICOS

Unha das maneiras de achegar aos pequenos á educación ambiental é a través dos libros, eses compañeiros perfectos para calquera ocasión. Nalgúns fálase de cambio climático, efecto invernadoiro, enerxías alternativas, reciclaxe…

HH

Aquí temos libros que nos ensinarán a coidar o medio ambiente:

“A la Tierra le ha salido una gotera”   (Editorial SM).

É un libro con pictogramas que trata sobre a importancia da auga, con astronautas e feiticeiros como protagonistas (de tres a cinco anos).

 “Capitán Verdemán” (Editorial Juventud).

O protagonista é un superheroe que ten que salvar unha pequena cidade que está afogando no lixo, pola preguiza e o malgasto dos seus habitantes (a partir de cinco anos).

“Mi primera guía sobre el cambio climático” (La Galera Editorial)

Explícalle  aos máis maiores como podemos colaborar para frear os síntomas da enfermidade da Terra (a partir de dez anos).

“10 cosas que puedo hacer para ayudar a mi mundo” (Editorial Molino de RBA Libros).

Aquí temos un decálogo para os máis pequenos, un libro con solapas e troquelado.

“Reducir, reutilizar, reciclar” (La Galera).

Este é un libro con moitas fotografías, e con letras maiúsculas e frases curtas, ideal para que os nenos pequenos aprendan sobre a auga, as árbores, a saúde e a reciclaxe.

“Cuida tu planeta” (RBA Libros)

Con este material os nenos verán como os irmáns  Juan e Tolola aprenden a reciclar e a respectar o medio ambiente.

DÍA DO LIBRO 2016: NATU – POEMAS

O vindeiro 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro e con tal motivo o equipo encargado da biblioteca escolar está preparando un montón de actividades no noso cole, nós quixemos unirnos á celebración desa data tan sinalada e contribuír cunha pequena recopilación de NATU POEMAS, animádevos a aprender algún deles e/ou escribir o voso propio, é doado, só hai que porlle un pouco de imaxinación e pensar nas cousas tan bonitas que nos rodean…

 

TRABALLANDO NO HORTO… SAÍMOS NA TELE!!!

O martes, 12 de abril, foi un día moi especial, un equipo de televisión da cadea local TELEMIÑO estivo no colexio gravando unha nova edición do programa XORNAL ESCOLAR, programa que cada semana se grava nun colexio diferente da provincia de Ourense para dar a coñecelo, mostrando as súas instalacións, os medios cos que conta, actividades que realizan…  Por segunda vez (xa gravaron o ano pasado no centro) o noso cole foi o protagonista, e claro, como gravaron as principais actividades que realizamos, non podían faltar as actividades relacionadas co noso proxecto de Voz Natura. Ese día traballamos no horto plantando pementos..  e atendento ao mesmo tempo ás cámaras… a verdade que andivemos un pouco nerviosos con tanta expectación!!! 

P1040351

Isamar entrevistando a Antía e a Candela, preguntándolles sobre o que van facer hoxe no horto.

 

TRABALLANDO NO HORTO

Nas últimas dúas semanas, despois do descanso das vacacións de Pascua, retomamos o noso traballo no horto pouco a pouco. Aquí tedes un pequeno resumo do que andivemos facendo.

1- Fixemos uns sementeiros de cabaciñas, para cando rematen as xeadas e faga máis calor poder plantalas xa no horto.

2- Arrincamos as malas herbas que estaban invadindo a pequena plantación de amorodos.

3- Observamos como naceran as patacas que sementamos en febreiro e como medraran os allos que plantamos en decembro.

 4- Como queremos seguir poñendo guapa a nosa escola, plantamos nunha esquina do patio de entrada os pensamentos que tiñamos en macetas. 

5- E nas macetas plantamos xeranios de moitas cores.