Daily Archives: 29/03/2016

ÁRBORES E AUGA

O 21 e o 22 de marzo celebranse o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES e o DÍA MUNDIAL DA AUGA respectivamente. Dúas datas sinaladas en torno as que aproveitamos para facer algunha actividade especial que remarque a importancia que tanto os bosques coma a auga teñen para o medio ambiente,  a natureza e a vida en xeral.

Xa comezamos no mes de febreiro coa actividade «GRAZAS POR ADOPTARME», como xa informamos noutras entradas, os nenos e nenas plantaron en «tetra-bricks» pequenos carballos que levaron para as súas casas co fin de transplantalos e coidalos, implicando así ás familias tamén no coidado e protección do medio ambiente. Esta actividade que comezaron realizando os máis pequenos tamén a fixeron alumnos/as de primaria, levando en macetas para as súas casas os seus carballiños:

LEcarballo con botasCTURAS E NATUREZA:

Tamén traballamos a partir de contos e historias cuxos protagonistas son as árbores e/ou a auga:

O libro «O CARBALLO CON BOTAS»  de Anxo Moure fálalles de manter os bosques limpos, de reciclar, de evitar os incendios… e gustoulles tanto aos pequenos/as de infantil que quixeron tamén plantar o seu propio carballo nunha bota… outros dous carballiños máis que adoptaron!!

 

dONA pINGA E DON cARBALLO«DONA PINGA E DON CARBALLO FAN AMIZADE», e o título do libro co que a Deputación de Ourense agasallou aos nenos e nenas do centro para festexar a «2ª SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA».  «Dona Pinga e don Carballo fan amizade», é unha historia de ficción na que os protagonistas son unha pinga, unha landra e un carballo. No texto descríbese un percorrido polos ciclos da auga e das árbores, facendo fincapé no ciclo da vida, nos espazos naturais, nas augas e na biodiversidade da nosa provincia». En torno a esta lectura tamén se desenvolveron outras actividades na aula que remataron coa plantación de 5 carballos, tamén donados pola Deputación ourensá, en diferentes zonas do patio do colexio: