Daily Archives: 09/03/2016

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: WANGARI MAATHAI

Co fin de traballar  o “DÍA INTERNACIONAL DA MULLER” (8 de marzo) e o “DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES” (21 de marzo) empezamos xa no mes de febreiro e continuamos no mes de marzo cunha serie de actividades tratando de aunar as dúas celebracións na figura de WANGARI MAATHI, a muller árbore, que ensinou ao mundo a importancia das árbores e foi unha loitadora incansable na defensa do medioambiente, a democracia, os dereitos das mulleres e a paz. 

1. Comezamos dando a coñecer aos nenos e nenas a figura de WANGARI MAATHI con diferentes recursos: 


 

2. Entre as actividades realizadas destacamos:  

– A adopción de carballos por parte dos alumnos e alumnas de infantil aos que se uniron os nenos e nenas de 4º de primaria (actividade xa reflectida na entrada do noso blog do 19 de febreiro).

– A plantación de abeleiras no patio do colexio en honor de WANGARI, plantación que realizaron os pequenos e pequenas de 2º de primaria.

 

 – Os pequenos/as de infantil tamén colorearon o BOSQUE DE WANGARI

ARBORES

TALLERES CON RAÍZ: PAN DE MILLO

Continuamos cos noso taller de PAN DE MILLO, esta semana realizaron este taller os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria que volveron a compartir unha nova experiencia co avó Sergio, ao que xa coñecían do curso pasado. Isto é o que nos contan:

“Hoxe os nenos e as nenas de primeiro fomos ao taller de  pan de millo. Con esta actividade achegámonos a nosa contorna natural e sociocultural, puxemos en marcha os nosos sentidos (vimos, tocamos, probamos…), descubrimos as diferentes tarefas que hai que facer para elaborar pan de broa, aprendemos moitas palabras relacionadas co millo, traballamos en grupo, e cantamos a canción “Pan de millo” do grupo Migallas”.

DSCN4821

Mentres o noso pan se cocía volvemos a aula para facer as seguintes fichas:


 

E aquí tedes aos pequenos e pequenas de 1º “coas mans na masa”: