Monthly Archives: marzo 2016

ÁRBORES E AUGA

O 21 e o 22 de marzo celebranse o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES e o DÍA MUNDIAL DA AUGA respectivamente. Dúas datas sinaladas en torno as que aproveitamos para facer algunha actividade especial que remarque a importancia que tanto os bosques coma a auga teñen para o medio ambiente,  a natureza e a vida en xeral.

Xa comezamos no mes de febreiro coa actividade “GRAZAS POR ADOPTARME”, como xa informamos noutras entradas, os nenos e nenas plantaron en “tetra-bricks” pequenos carballos que levaron para as súas casas co fin de transplantalos e coidalos, implicando así ás familias tamén no coidado e protección do medio ambiente. Esta actividade que comezaron realizando os máis pequenos tamén a fixeron alumnos/as de primaria, levando en macetas para as súas casas os seus carballiños:

LEcarballo con botasCTURAS E NATUREZA:

Tamén traballamos a partir de contos e historias cuxos protagonistas son as árbores e/ou a auga:

O libro “O CARBALLO CON BOTAS”  de Anxo Moure fálalles de manter os bosques limpos, de reciclar, de evitar os incendios… e gustoulles tanto aos pequenos/as de infantil que quixeron tamén plantar o seu propio carballo nunha bota… outros dous carballiños máis que adoptaron!!

 

dONA pINGA E DON cARBALLODONA PINGA E DON CARBALLO FAN AMIZADE”, e o título do libro co que a Deputación de Ourense agasallou aos nenos e nenas do centro para festexar a “2ª SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA”.  “Dona Pinga e don Carballo fan amizade”, é unha historia de ficción na que os protagonistas son unha pinga, unha landra e un carballo. No texto descríbese un percorrido polos ciclos da auga e das árbores, facendo fincapé no ciclo da vida, nos espazos naturais, nas augas e na biodiversidade da nosa provincia”. En torno a esta lectura tamén se desenvolveron outras actividades na aula que remataron coa plantación de 5 carballos, tamén donados pola Deputación ourensá, en diferentes zonas do patio do colexio:

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: WANGARI MAATHAI

Co fin de traballar  o “DÍA INTERNACIONAL DA MULLER” (8 de marzo) e o “DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES” (21 de marzo) empezamos xa no mes de febreiro e continuamos no mes de marzo cunha serie de actividades tratando de aunar as dúas celebracións na figura de WANGARI MAATHI, a muller árbore, que ensinou ao mundo a importancia das árbores e foi unha loitadora incansable na defensa do medioambiente, a democracia, os dereitos das mulleres e a paz. 

1. Comezamos dando a coñecer aos nenos e nenas a figura de WANGARI MAATHI con diferentes recursos: 


 

2. Entre as actividades realizadas destacamos:  

– A adopción de carballos por parte dos alumnos e alumnas de infantil aos que se uniron os nenos e nenas de 4º de primaria (actividade xa reflectida na entrada do noso blog do 19 de febreiro).

– A plantación de abeleiras no patio do colexio en honor de WANGARI, plantación que realizaron os pequenos e pequenas de 2º de primaria.

 

 – Os pequenos/as de infantil tamén colorearon o BOSQUE DE WANGARI

ARBORES

TALLERES CON RAÍZ: PAN DE MILLO

Continuamos cos noso taller de PAN DE MILLO, esta semana realizaron este taller os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria que volveron a compartir unha nova experiencia co avó Sergio, ao que xa coñecían do curso pasado. Isto é o que nos contan:

“Hoxe os nenos e as nenas de primeiro fomos ao taller de  pan de millo. Con esta actividade achegámonos a nosa contorna natural e sociocultural, puxemos en marcha os nosos sentidos (vimos, tocamos, probamos…), descubrimos as diferentes tarefas que hai que facer para elaborar pan de broa, aprendemos moitas palabras relacionadas co millo, traballamos en grupo, e cantamos a canción “Pan de millo” do grupo Migallas”.

DSCN4821

Mentres o noso pan se cocía volvemos a aula para facer as seguintes fichas:


 

E aquí tedes aos pequenos e pequenas de 1º “coas mans na masa”:

PAN DE MILLO

Unha vez máis volvemos aos nosos TALLERES CON RAÍZ. O día 24 de febreiro, os pequenos e pequenas de 6º de Educación Infantil, e o 2 de marzo, os de 5º, estiveron elaborando pan de millo. Volveu o avó Sergio ao colexio para explicarlles como se facía antes todo o proceso de elaboración do pan de millo, para acabar elaborando eles mesmos os seus pequenos boliños de pan. Resultou unha experiencia moi motivadora e gratificante para os nenos/as, e a presenza do avó Sergio e esperada por eles sempre con gran expectación.

Na seguinte presentación podedes ler como realizamos este taller. Tamén podedes coñecer todas as propiedades do millo e a receita para elaborar o pan de broa:


 

Ese díaP1030964 os nenos/as tamén coñeceron a nosa nova mascota, unha simpática espiga á que bautizaron como ESPIGUÍN. Espiguín estivo con eles durante toda a xornada e irá rotando polas casas coma NARIGOTA e as distintas mascotas do comedor escolar. 

 

 

Tamén vos deixamos un pequeno vídeo, ao que lle engadimos a música de PAN DE MILLO do grupo MIGALLAS, para que vexades como se realizou o noso taller: