Como xa sabemos todos, a vida na Terra, depende en gran medida da auga. As dúas terceiras partes da Terra están cubertas de auga salgada e conforman un ecosistema amplo e complexo. Se vemos unha imaxe do planeta terra podemos observar como está composta maioritariamente por este liquido vital.
A auga xoga un papel moi importante no noso planeta.
Nos ecosistemas terrestres as plantas necesitan de auga para poder sobrevivir, medrar e desenvolverse. As plantas son os «pulmóns da terra», por así dicilo, pois elas transforman o dióxido de carbono en osíxeno. Nos ecosistemas onde a auga é abundante e o chan é profundo, coas temperaturas adecuadas, as árbores teñen gran cantidade de combustible para o seu motor evaporativo, polo que tenden a medrar moito. As selvas ecuatoriais son o mellor exemplo diso.
Hai ecosistemas que non necesitan de tanta auga, como son os desertos, pois as plantas que residen neste lugar están deseñadas para tolerar altos graos de temperatura e poden sobrevivir sen auga.
Nos ecosistemas acuáticos, este liquido é o elemento principal.
A vida é auga, sen auga non hai vida. O feito de que a auga constitúa arredor do 60% do peso corporal nos homes e preto do 50% nas mulleres proba amplamente a súa importancia para a vida humana.
Na nosa escola, para que os nenos sexan conscentes da importancia que ten a auga para a vida, e do importantes que son as nosas accións para non despilfarrar a auga desenvolvemos a campaña:
”Deixa correr o aforro”
Comezamos cos nenos de educación infantil que están levando as súas casas unha mascota e un libro viaxeiro. Esta mascota fíxoa unha nai da comunidade educativa, está inspirada en Narigota (personaxe dunha serie de debuxos animados) e viaxa acompañada dunha serie de consellos para aforrar auga.
As familias anotan no libro viaxeiro a súa experiencia durante a fin de semana que Narigota vai as súas casas.
A volta do Nadal Narigota, e os seus consellos para deixar correr o aforro da auga, comezará a viaxar aos fogares dos nenos de educación primaria.