Daily Archives: 21/12/2015

Agasallos de NADAL

image002Queridos Reis Magos neste Nadal regálenlle aos nenos o mellor invento, aquel que está cheíño de emocións e de sentimentos, regálenlle  libros para que aprendan a image004amar e a coidar o planeta…

Por se aínda temos a alguén pensando no que vai regalar polos reis estas son as nosas suxerencias, algúns dos libros  máis entretidos para aprender a amar e a respectar a natureza:

A miña enciclopedia da Natureza

Marie Brossoni é a persoa que levou a cabo a creación deste didáctico e ameno traballo, que, mediante imaxes  e pequenos textos, consegue que os nenos de 9 anos en diante empecen a amar a contorna natural que os rodea.

Coimage006mo logra ese obxectivo? Dándolles a coñecer conceptos básicos tales como a flora, a fauna, os tipos de paisaxe, e os produtos que nos dá o medio ambiente para que nos alimentemos como son  as froitas e as verduras. A Editorial SM é a que publicou este interesante libro en prol da educación ambiental, que fará que desde temperás idades os fillos poidan aprender porqué hai que protexer a natureza e de que maneira se pode  facer. 

Coida o teu planeta

Educativo e, sobre todo, moi divertido é este outro libro infantil, co que simage007e persegue que os reis da casa aprendan a saber que accións poden levar a cabo para coidar o medioambiente. En concreto, adquiren eses coñecementos da man dos dous principais personaxes: Juan e a súa irmá Tolola. Juan  mostraralle  á pequena como reciclar e como reducir o consumo de determinados bens como a auga. Está dirixido a menores de entre 5 a 10 anos.

Lauren Child é quen levou a cabo a creación deste traballo, publicado por RBA Libros, e composto por 32 páxinas. Hai que subliñar que incorpora ademais un póster para que os lectores o completen  cando acaben de ler o libro, deixando patente todo o que aprenderon.

A miña primeira guía sobre o cambio climático

Un dos termos que, a diario, se escoitan  nos medios de comunicación é o de cambio climático, xa que se considera que é o responsable de multitude de situacións que se están vivindo en todo o mundo como o aumento esaxerado das temperaturas, a diminucións de choivas ou o crecemento da contaminación. image009

O ser humano é   máximo responsable dese  cambio, que require que o mesmo tome medidas para reducir e frear todas as consecuencias adversas que están a ter lugar. E a iso deben contribuír tanto os maiores como os nenos.

“A miña primeira guía sobre o cambio climático” é obra do recoñecido autor José Luís Galego e coa mesma os seus lectores, a través de exemplos do día a día, aprenden que accións poden realizar para coidar o medio ambiente. En concreto, adquiren pautas relativas á reciclaxe ou a como contaminar menos.

En concreto, está dirixido a nenos a partir dos dez anos.

Por qué debo aforrar auga?

Se interesantes, divertidos e útiles son os libros anteriormente citados, non o é menos este que agora queremos darche a coñecer desde BabyAffinity.image011Os escritores Green Jen e Mike Gordon son os que levaron a cabo a realización desta obra, coa que calquera neno aprenderá a reducir o gasto de auga a diario.  É  moi imporante  que non a malgastemos, pois é fundamental para a vida e para pode atravesar dificultades como períodos de severas secas.

Uns nenos son os protagonistas da historia que se narra e que serve para que os lectores aprendan a consumir menos auga cando se duchan, cando regan o xardín, cando  lavan os dentes ou cando lavan  as mans despois de xogar.

Anaya é a editorial que lanzou ao mercado este traballo, composto de 32 páxinas, que conta tamén con propostas de actividades e xogos para pór en práctica os ensinos aprendidos. Todo iso sen pasar por alto que inclúe contido para pais e profesores, para que tamén axuden a reducir o gasto de auga que se realiza.