Monthly Archives: noviembre 2015

FICHAS DE AULA: AS VERZAS

Esta é a ficha correspondente ao traballo desta semana no horto. Veredes cantas cousas aprendemos sobre as saudables verzas.

lacinato-kale1A S   V E R Z A S verza mini

(Premede nas imaxes para acceder a toda a información)

TRABALLANDO NO HORTO

O mércores, 18 de novembro, retomamos o noso traballo no horto escolar.

Os pequenos/as de 6º de educación infantil plantaron verzas. Primeiro estivemos observando as verzas que había xa no horto, fixándonos en cales valían para comer e cales non (a súa cor verde, se estaban tenras, sen manchas…)

Collemos unhas cantas e levámosllas ao noso cociñeiro, Rafa, para que as aproveitara  para facer un rico caldo.

E despois comezamos a plantar:

Tamén aproveitamos para arrincar as malas herbas que había entre a verza branca.

Pero iso non foi todo, os pequenos/as de 5º de infantil, ese mesmo día sementaron chícharos.

VISITA DE SEPRONA AO NOSO COLE

O mércores, 18 de novembro, recibimos a visita de dous axentes do SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza) para impartir un taller aos alumnos/as de Educación Infantil que participan no programa de Voz Natura no noso colexio. 

A actividade, centrada na loita contra os incendios forestais,  comezou cunha charla, acompañada dunha atractiva presentación, adaptada á idade dos cativos/as, onde lles explicaron o que é o servizo de SEPRONA da Garda Civil, como actúan en caso de incendio, con que medios contan e que podemos facer nós para evitar que se produzan. Logo os pequenos/as fixéronlles un montón de preguntas aos axentes ou comentarios sobre o que acababan de ver e/ou escoitar. 

Pero o máis divertido para eles, foi baixar ao patio de entrada do centro para ver o coche con remolque e a “super-moto” que os axentes trouxeron para mostrarlles algúns dos medios cos que contan para loitar contra o lume. Non faltaron tampouco os aparellos tan curiosos que traían: un atrapa serpentes e un lazo para cans. 

Non vos perdades as imaxes desta xornada tan emocionante para eles, non se conduce unha moto ou un coche todos os días!

P1030154

 (Premede na foto para ver a presentación das imaxes)

ENTENDENDO O ECOSISTEMA A PARTIR DO HORTO ESCOLAR

Deixamos aquí unhas pequenas reflexións, enlazando co tema da defensa dos ecosistemas autóctonos do proxecto Voz Natura deste curso escolar, sobre o horto escolar e as relacións de todos os elementos que interveñen no solo e a súa defensa e rexeneración.


Refráns, cantigas e xogos

Para completar o traballo que estamos realizando coa castaña e os castiñeiros, realizamos unha pequena selección de refráns, cantigas, adiviñas e xogos relacionada coas castañas e co magosto que estamos a piques de celebrar no cole:


FICHAS DE AULA: sementando castañas

Hoxe nas nosas fichas de aula, traemos non só información sobre as castañas e os castiñeiros, senón tamén curiosidades sobre outras árbores tan milenarias coma os castiñeiros.

recorte castañas castanas

SEMENTANDO CASTAÑAS

castanasComo o momento idóneo para plantar castiñeiros e/ou sementar castañas e en outono-inverno, esta semana estivemos sementando castañas para, unha vez que xerminen, transplantalas a unha zona do noso patio escolar.

O primerio que fixemos foi buscar ourizos con tres castañas e traelos á escola. Contáronnos uns avós que se sementa a castaña do medio (das tres que normalmente ten un ourizo) o castiñeiro que nacerá dará castañas sen necesidade de enxertalo. Pero o máis normal é enxertar os castiñeiros, cando teñen sete ou oito anos.

Logo fixemos a proba da flotación para elexir as mellores, e unha vez seleccionadas, sementámolas en macetas para evitar que as coman os ratos.

Explicámoslle aos nenos a importancia que tiveran as castañas na alimentación ata que foran substituídas por patacas e por millo. E xogamos cos nenos a: “tocando, tocando vou adiviñando” , para traballar o sentido do tacto, a través do cal tiñan que recoñecer castañas, millo e patacas.

Cando saíu o noso cociñeiro ao horto para preguntarnos se hoxe había algo que recoller, algún neno aproveitou para contarlle todo o que aprendera.