Monthly Archives: octubre 2015

INTELIXENCIA ECOLÓXICA

O FUTURO PINTA VERDE
Queremos compartir un libro, unha entrevista e un vídeo

daniel-golemanA intelixencia ecolóxica é a capacidade de vivir tratando de danar o menos posible á natureza.Consiste en comprender que consecuencias teñen sobre o medio ambiente as decisións que tomamos no noso día a día e tentar, na medida do posible, elixir as máis beneficiosas para a saúde do planeta.

Daniel Goleman, o famoso e influente psicólogo estadounidense autor de Intelixencia Emocional, chega agora cun novo libro e cun novo concepto: Intelixencia Ecolóxica.
Segundo este autor é a quenda da REVOLUCIÓN VERDE, porque calquera vida humana ten un impacto sobre a vida do planeta, esta é a famosa pegada ecolóxica
Non basta con reciclar. Nin con comprar alimentos biolóxicos. Nin con cambiar as lámpadas ou desconectar os enchufes. Eses pasos son necesarios pero insuficientes, porque o que hai que cambiar realmente é a nosa mentalidade, sendo conscentes de que todos os nosos actos teñen impacto ambiental.

Se premedes no seguinte enlace podedes ver un resumo da entrevista realizada a David Goleman polo xornal «El País» e que nos aclara máis aspectos sobre a súa visión:

ENTREVISTA A DAVID GOLEMAN

Tamén compartimos a entrevista que lle fixo Eduard Punset:

COIDANDO E COÑECENDO A NOSA FAUNA

P1040900Agora que chegou o outono, e estamos recollendo as nosas colleitas, pensamos como lle afectaba isto aos paxaros, e aos caracois que a miúdo comían no noso horto.
Pronto nos demos conta de que tanto uns, coma os outros, non ían ter comida así que nós, ”os amiguiños do ecosistema” tiñamos que facer algo para axudarlles.
E que fixemos ?
Pois darlles de comer. Trouxemos espigas de millo e debullámolas. Daquela atopámonos con outro problema, xa que os grans do millo eran demasiado grandes. Polo que moemos o millo e obtivemos fariña de millo.
Tamén aproveitamos o pan que nos quedou da comida do recreo, e coas migas de pan e coa fariña de millo alá fomos, a nosa mini carballeira darlle de comer aos paxaros.
Aproveitamos esta actividade para repasar matemáticas, ao ir repartíndolles a comida fomos facendo series: millo, pan, pan, millo …. ; millo, millo , millo…….; pan, pan, pan…..
E decidimos que na primavera imos sementar millo para ter alimento para os paxaros.

 

Despois de coidar dos paxaros recollemos pedras para as nosas macetas, porque queríamos plantar flores de inverno: pensamentos e violas; e necesitábamos colocalas no fondo da maceta para asegurar unha boa drenaxe. Os caracois que íamos atopando levámolos á zona de monte que temos ao lado do patio da escola, onde poden atopar comida.

Antes de plantar esta flores volvemos estudar matemáticas:  sumamos e restamos coas macetas dos pensamentos;  e démoslle á lingua, falamos das cores dos pensamentos e das violas, repasando  os seus nomes  en galego, en castelán e en inglés.

Ao rematar de poñer “guapa a nosa escola” subimos as aulas, e fixemos activades relacionadas coas tarefas que comentamos anteriormente.

Por último e insistindo na importancia da cooperación para coidar do ecosistema, e da auga para os seres vivos, vimos o seguinte vídeo: