Daily Archives: 30/10/2015

PROTEXENDO O ECOSISTEMA

No colexio temos observado que as ventás, tanto da biblioteca, como da ludoteca, ocupan paredes paralelas moi amplas que dan a sensación dun «túnel» a través do cal se pode pasar, esto provoca o choque dos paxaros. Para evitar isto estivemos consultando as accións que deberíamos tomar, as cales resumimos na presentación adxunta. E como medida prioritaria, colocamos adhesivos nas ventás para protexer aos paxaros deste perigo:


Deixamos o enlace á páxina de SEO/BIRDLife, (Sociedade Española de Ornitoloxía), organización pioneira na conversación da natureza e a biodiversidade en España, onde podedes atopar máis información sobre o mundo das aves en particular e, da natureza en xeral.

Logo_letra_blanca_horizontal-20153-600x297

Tamén falamos cos nenos/as dos grilos e das bolboretas que están en perigo de extinción. Como os grilos son beneficios para o horto, intentaremos que habiten nel facéndolles «casiñas». Para iso trouxemos ao cole a cortiza dun castiñeiro (estas cortizas non se poden arrincar das árbores, porque nelas habitan moitos seres vivos pequenos como arañas, formigas…, hai que esperar que caian). Se temos sorte, estas cortizas convertiranse nas futuras «casiñas» de grilos do noso horto.

Buscamos sitios axeitados para colocar as cortizas, quedaron agochadas onde hai herbas pero primeiro regámolas para que estiveran húmidas, como lle gustan aos grilos.

Na seguinte presentación fixemos un resumo das principais características dos grilos e dos seus beneficios para o horto.