Daily Archives: 17/10/2015

PLANTANDO PENSAMENTOS

Tamén o 14 de outubro os pequenos/as de 4 anos traballaron «poñendo a escola guapa». Como había algunhas plantas secas, plantaron pensamentos e azaleas nas «macetas» que preparamos reciclando neumáticos. Despois de retirar as plantas que estaban secas, prepararon a terra, botarona nas macetas, regaron, colocaron as novas plantas nas macetas e finalmente puxéronas nos neumáticos decorados.

Contentos e cansados despois de tanto traballo!!!

orgullosos 7

FICHAS DE AULA: A ESCAROLA

Para completar o traballo feito no horto cada semana, rematamos cunha ficha de aula onde explicamos as propiedades máis importantes do alimento plantado. Esta semana ademais de explicar as propiedades da escarola que acabamos de sementar no noso horto, explicamos tamén algunhas cousas desas herbas que tivemos que arrincar:


CapturaPlantio_de_escarola
  E  S  C  A  R  O  L  A

 (Premer nas imaxes para ver a ficha a tamaño completo)

TRABALLANDO NO HORTO

O mércores 14 de outubro tivemos que traballar moito no horto porque estaba cheo de pedras e de herbas.

Comezamos organizándonos en  tres grupos de traballo. Os membros dun grupo tiveron que sacar do horto as pedras e as herbas, os do outro tiveron que plantar escarolas e brócoli,  e os membros do terceiro grupo, recolleron as  cenorias, que pasaron rapidamente “do horto ao prato”.

Comprobamos a auga que tiñan os nosos “caldeiros Narigota” e levámola para regar as plantas do interior da escola.