O FUTURO PINTA VERDE
Queremos compartir un libro, unha entrevista e un vídeo
A intelixencia ecolóxica é a capacidade de vivir tratando de danar o menos posible á natureza.Consiste en comprender que consecuencias teñen sobre o medio ambiente as decisións que tomamos no noso día a día e tentar, na medida do posible, elixir as máis beneficiosas para a saúde do planeta.
Daniel Goleman, o famoso e influente psicólogo estadounidense autor de Intelixencia Emocional, chega agora cun novo libro e cun novo concepto: Intelixencia Ecolóxica.
Segundo este autor é a quenda da REVOLUCIÓN VERDE, porque calquera vida humana ten un impacto sobre a vida do planeta, esta é a famosa pegada ecolóxica
Non basta con reciclar. Nin con comprar alimentos biolóxicos. Nin con cambiar as lámpadas ou desconectar os enchufes. Eses pasos son necesarios pero insuficientes, porque o que hai que cambiar realmente é a nosa mentalidade, sendo conscentes de que todos os nosos actos teñen impacto ambiental.
Se premedes no seguinte enlace podedes ver un resumo da entrevista realizada a David Goleman polo xornal «El País» e que nos aclara máis aspectos sobre a súa visión:
Tamén compartimos a entrevista que lle fixo Eduard Punset: