Monthly Archives: octubre 2015

PROTEXENDO O ECOSISTEMA

No colexio temos observado que as ventás, tanto da biblioteca, como da ludoteca, ocupan paredes paralelas moi amplas que dan a sensación dun “túnel” a través do cal se pode pasar, esto provoca o choque dos paxaros. Para evitar isto estivemos consultando as accións que deberíamos tomar, as cales resumimos na presentación adxunta. E como medida prioritaria, colocamos adhesivos nas ventás para protexer aos paxaros deste perigo:


Deixamos o enlace á páxina de SEO/BIRDLife, (Sociedade Española de Ornitoloxía), organización pioneira na conversación da natureza e a biodiversidade en España, onde podedes atopar máis información sobre o mundo das aves en particular e, da natureza en xeral.

Logo_letra_blanca_horizontal-20153-600x297

Tamén falamos cos nenos/as dos grilos e das bolboretas que están en perigo de extinción. Como os grilos son beneficios para o horto, intentaremos que habiten nel facéndolles “casiñas”. Para iso trouxemos ao cole a cortiza dun castiñeiro (estas cortizas non se poden arrincar das árbores, porque nelas habitan moitos seres vivos pequenos como arañas, formigas…, hai que esperar que caian). Se temos sorte, estas cortizas convertiranse nas futuras “casiñas” de grilos do noso horto.

Buscamos sitios axeitados para colocar as cortizas, quedaron agochadas onde hai herbas pero primeiro regámolas para que estiveran húmidas, como lle gustan aos grilos.

Na seguinte presentación fixemos un resumo das principais características dos grilos e dos seus beneficios para o horto.


OUTONO E SAMAÍN “RECICLADOS”

Os pequenos/as de 6º de Educación Infantil confeccionaron esta árbore de outono “reciclada”  con rolos de papel. Unha forma divertida e orixinal de aproveitar os materiais dos que habitualmente nos desfacemos!!!

P1020719

 

E os cativos/as de 5º de infantil prepararon uns “terroríficos” morcegos de Samaín tamén cos rolos de papel hixiénico. Velaí o resultado:

P1020716IMG-20151026-WA0004

PLANTANDO BEGONIAS

O mércores 21 de outubro o noso traballo foi moi variado, comezamos explicando unha das actividades realizadas: plantamos begonias para seguir poñendo “guapa” a escola.

Coma sempre empezamos preparando a terra, puxemos pedras no fondo das macetas, abonamos a terra con cachiños de follas, regámola e puxemos as nosas begonias nas macetas que logo colocamos no interior do cole. Agora toca coidalas para que vaian adiante!.

begonias mini

P1050191

(Premendo na imaxe podedes consultar cales son os coidados básicos desta planta) 

Despois de plantar as begonias, colocamos a protección para paxaros nas ventás e puxemos cortizas no horto, que esperamos sexan futuras “casiñas” de grilos (todo isto explicámolo noutra entrada).

PLANTANDO PENSAMENTOS

Tamén o 14 de outubro os pequenos/as de 4 anos traballaron “poñendo a escola guapa”. Como había algunhas plantas secas, plantaron pensamentos e azaleas nas “macetas” que preparamos reciclando neumáticos. Despois de retirar as plantas que estaban secas, prepararon a terra, botarona nas macetas, regaron, colocaron as novas plantas nas macetas e finalmente puxéronas nos neumáticos decorados.

Contentos e cansados despois de tanto traballo!!!

orgullosos 7

FICHAS DE AULA: A ESCAROLA

Para completar o traballo feito no horto cada semana, rematamos cunha ficha de aula onde explicamos as propiedades máis importantes do alimento plantado. Esta semana ademais de explicar as propiedades da escarola que acabamos de sementar no noso horto, explicamos tamén algunhas cousas desas herbas que tivemos que arrincar:


CapturaPlantio_de_escarola
  E  S  C  A  R  O  L  A

 (Premer nas imaxes para ver a ficha a tamaño completo)

TRABALLANDO NO HORTO

O mércores 14 de outubro tivemos que traballar moito no horto porque estaba cheo de pedras e de herbas.

Comezamos organizándonos en  tres grupos de traballo. Os membros dun grupo tiveron que sacar do horto as pedras e as herbas, os do outro tiveron que plantar escarolas e brócoli,  e os membros do terceiro grupo, recolleron as  cenorias, que pasaron rapidamente “do horto ao prato”.

Comprobamos a auga que tiñan os nosos “caldeiros Narigota” e levámola para regar as plantas do interior da escola.

A DIETA MEDITERRÁNEA

PROMOVENDO A DIETA MEDITERRÁNEA NO NOSO COMEDOR 5S
Para animar aos nenos a que coman segundo os principios desta dieta, rica en verdura, peixe e froita, temos un comedor con nome propio.

O noso é un COMEDOR 5S, porque a través del pretendemos educar nenos:
Saudables: que aprendan a coidar a súa saúde e a gozar da dieta mediterranea.
Solidarios: Ao ser un espazo de cooperación de todos os nenos/as do centro.
Silenciosos: No que intentaremos evitar a contaminación acústica e promover hábitos de orde e de silencio.
Sorrintes: Tan importante é o que se come coma o ambiente no que se come. Por iso intentamos crear un espazo cómodo e agradable para todos.
Sensibles: Co ecosistema, tendo en conta o tipo de producto que estamos consumindo en cada momento, e promovendo o uso de alimentos ecolóxicos.

Para incentivar aos nenos/as a que se acostumen a consumir todo tipo de verduras, froitas e peixe, empregamos os seguintes recursos: 

1- DISTINTIVOS SAUDABLES

image006

Cando os nenos proban algunha comida e/ou alimento que non lles gusta entregámoslle una medalla saudable ou un distintivo (pin), nos que especificamos o motivo polo que se lle deu este premio. Ao levar o distintivo para as súas casas recibirán os parabéns da súa familia, a cal nos axudará a consolidar este logro.

 

 

 

2- REI /RAÍÑA DA MESAimage008

Aquel neno, ou aquela nena, que consegue ser 5S (saudable, solidario, silencioso, sensible e sorrinte) convértese cada día no “ rei “ ou na “raíña da mesa”.
A estes nenos facémoslle una foto coa súa coroa e expómola no taboleiro dos “ Reis da mesa”. Ao pasar uns días, esta foto irá para as súas casas co fin de que as familias coñezan e valoren o esforzo dos cativos e os obxectivos acadados.

3- PROTAGONISTA DA SEMANA

Con esta aimage012ctividade queremos valorar o esforzo semanal daqueles nenos/as que acadaron un novo obxectivo, e que xa está consolidado (comer o peixe, comer a froita, comer a verdura, controlar o ton de voz…)
A estes nenos facémoslle una foto cunha das nosas mascotas, e colocámola durante a semana seguinte no taboleiro de “Protagonistas”, explicando o motivo polo que se converteron en protagonistas semanais.
Logo levan a foto para que as familias poidan darlles a noraboa e nos axuden a fomentar os valores educativos do noso comedor escolar.

4- MARCADOR 5S

Cada colaborador, ao comezo de curso, escolle un símbolo que identifica ao seu grupo ao longo de todimage014o o ano. Este símbolo é un alimento saudable (peixe, amorodos, carne, leite,….) que colocamos no noso marcador.
Ao rematar o xantar cada colaborador puntúa ao seu grupo, tendo en conta os 5 obxectivos básicos: (entrar e saír en orde, falar cun ton de voz moderado, comer todo, empregar “grazas” e “por favor” cando necesitan pedir algo, e axudarlle aos máis cativos), a puntuación máxima será un cinco para aqueles grupos que acadaron todos os obxectivos.
Ao final do mes facemos o reconto de puntos, e o grupo gañador será o grupo 5S do mes .

5- AS MASCOTAS VIAXEIRAS
Diariamente as nosas mascotas visitan os fogares dos nenos 5S (saudables, solidarios, silenciosos, sensibles e sorrintes) para informar as súas familias do seu bo comportamento: capaces de manter hábitos de orde e de silencio e de disfrutar dunha dieta variada, equilibrada e saudable.

OLA FAMILIA:brochetas-de-fruta-divertidas

Son unha das mascotas do comedor escolar.

Hoxe veño a vosa casa para darvos a noraboa polo bo

comportamento do voso neno/as no comedor escolar.

O voso neno/a entra en orde, fala cun ton de voz

moderado, come de todo e respecta aos compañeiros.

Por iso é un CAMPIÓN 5S (saudable, solidario,

silencioso, sorrinte e sensible).

NORABOA CAMPIÓN 5S !!!!

(Modelo de mensaxe que acompaña ás mascotas viaxeiras que os nenos/as levan as súas casas)

6- O RELOXO SILENCIOSO
image026No comedor 5S temos un tempo para falar e un tempo para escoitar.
Na primeira media hora os nenos poden falar mantendo un ton de voz adecuado, a partir das 15:00 h. temos que escoitar para que os nosos colaboradores poidan avaliar a cada grupo, e comentar os aspectos nos que temos que mellorar para o día seguinte.
Ás 15:00h. unha das nosas colaboradoras viste o disfrace de “reloxo silencioso” e vai por todas as mesas buscando o grupo 5S. Un dos membros dese grupo será o “cativo reloxo silencioso”. Este neno terá que vestir o seu disfrace e ir visitando todas as mesas para lembrarlle aos compañeiros que teñen que estar en silencio, mentres os colaboradores puntúan a cada grupo.

7- ADIVIÑA, ADIVIÑANDO
Todos os meses temos unha adiviña á que os nenos lle terán que buscar solución.
A solución sempre será un dos alimentos saudables que comemos no comedor 5S, o gañador levará un xogo no que estará representado este alimento.

8-DIPLOMAS 5S
Con estes diplomas felicitamos, ao final de cada trimestre, a todos os cativos que acadan os obxectivos do noso comedor 5S.

PARA SABER MÁIS

Traemos hoxe aquí na nosa sección de recursos tres libros que forman parte da biblioteca do noso centro, onde hai unha sección adicada aos coidados e cultivos do horto e á alimentación,  e que nos serven como manuais de consulta:

mi huerto

MI HUERTO – COSECHA PROPIA

Editorial Larousse

” En pocas semanas o meses, atendiendo a las explicaciones y consejos de este libro, podrás cocinar y saborear los productos de tu propio huerto.

¿Dónde plantar? ¿Cuándo hacerlo? ¿Qué sembrar? Así tendrás tomates, zanahorias, pepinos, calabacines, judías verdes, patatas… Sano y entretenido!”

Texto: sinopse na páxina da editorial

 

¿QUÉ ES LA AGRICULTURA ECOLÓGICA?

Editorial pintar pintar 

agricultura ecologicaagricultura ecologica 2

“¿Qué es la agricultura ecológica? Libro de conocimiento lleno de color, con desplegables explicando a los niños conceptos como agricultura ecológica, biodiversidad, ecosistema o equilibrio ecológico. Es el primer libro infantil sobre este tema que se publica en España y forma parte de la colección de libros de conocimiento para niños…”

Texto: sinopse na páxina da editorial

alimentos

ALIMENTOS BUENOS, ALIMENTOS DAÑINOS

Editorial Reader´s Digest

Unha guía práctica para conseguir unha alimentación segura e saudable.

FICHA DE AULA: MILLO, CASTAÑAS E NOCES

Completando o noso traballo de campo, a nosa ficha de aula correspondente ao traballo realizado o 7 de outubro:

castanasnueces maizmillo, noces e castañas Captura

COÑECENDO AS ÁRBORES DA NOSA ESCOLA

Na sesión de traballo do día 7 de outubro aprendemos a distinguir as árbores polas follas.
Comezamos vendo as diferenzas e as semellanzas entre as follas dun carballo e as dun castiñeiro. Cando xa sabíamos diferenciar unha da outra dividímonos en tres grupos. Un grupo tiña que buscar carballos no patio da escola, o segundo grupo tiña que buscar castiñeiros e o terceiro tiña que buscar árbores que non foran castiñeiros nin carballos.
Como estivemos moi atentos a tarefa resultou doada!

Ademais de descubrir varios carballos e un castiñeiro, atopamos unha nogueira, e observamos as súas follas comparándoas coas das outras dúas árbores.
Este mércores, de novo, démoslle fariña de millo, e migas de pan, aos paxaros e nós probamos o pan de millo.

Este pan gustounos tanto que pensamos en desenvolver, nalgunha sesión, un “taller de pan de millo”, no que os nenos aprenderán a peneirar a fariña, amasar , tender a masa e cocer o pan. 

Recollemos follas para abonar as nosas plantas do horto e tamén colocamos os nosos “caldeiros Narigota” no horto para recoller a auga da choiva e con ela regar as plantas do interior. 

Aprendemos a darlle apertas ás árbores. Ata inventamos a “aperta caracol” !

P1050002

P1050004

 

 

 

 

 

 

 

 

Xa na aula, completamos o traballo con fichas sobre as follas das árbores que vimos no recinto do cole:

P1050045