Monthly Archives: septiembre 2015

PROXECTO LANDRA

Esta semana tamén comezamos co proxecto “landra” co que pretendemos que os nenos coñezan a importancia dos carballos para o noso ecosistema. Dentro deste proxecto desenvolveremos varias actividades:
*Elaboración dun power-point no que se recolla información sobre o carballo e recursos didácticos para traballar, a partir do carballo, lecto-escritura na aula de educación infantil.
* Recollida de landras, como xa fixemos o pasado día 23 de setembro:

P1040721 P1040722

 

P1040730

P1040766

*Proba de flotación: colocamos as landras recollidas nun caldeiro e engadimos auga. Pedímoslle aos nenos que observen o que vai a pasar. Sabendo que as sementes que flotan non serven para sementar, seleccionamos as landras que pesan máis, e van ao fondo, estas serán as que logo empregamos para sementar.

* Sementamos estas landras.

* Cada neno plantará un carballo que levará para a súa casa, para transplantar no seu pobo.
* Plantaremos carballos na escola.
*Escoitaremos o poema de Manuel Rodríguez López do álbum “Marexada”, do cantautor Alfredo González Vilela.

* Escenificamos o baile dos carballos: 

“Os carballos
somos árboresBellota-cara-color1
que sabemos
bailar co vento.
Dando sombra no
verán, landras no outono
e leña para o inverno” .

* Recolleremos folla de carballo para arroupar os cultivos ( as acelgas, leitugas, repolos…que temos plantados no horto escolar).
* Realizaremos manualidades coas landras ( pulseiras), e coa folla dos carballos faremos un mural de outono.

RECOLLENDO E GARDANDO AS NOSAS SEMENTES

Esta semana seguimos cos pequenos/as de 5º e 6º de infantil recollendo as nosas colleitas no horto: o martes 23 de setembro tocoulle aos tomates e as sandías. Aproveitamos para probalos e levalos ao comedor, para compartilos cos compañeiros de primaria.
Tamén recollemos as sementes dos tomates e das sandías para facer o noso banco de sementes, e intercambialas cos membros da comunidade educativa.

Tamén recollemos a nosa pequena colleita de fabas e debullámolas:

SEMANA DA DIETA MEDITERRÁNEA

Tamén nsemana dieta mediterranea_grande_tcm5-60764os queremos unir á Semana da Dieta Mediterránea que organiza o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 21 ao 26 de setembro. Esta campaña pretende dar a coñecer a diversidade e a riqueza do gran patrimonio que é a nosa dieta mediterránea.

Picando no seguinte enlace podedes acceder á páxina do ministerio con enlaces a xogos interactivos e información sobre a mesma: www.medioambiente.es

E picando na imaxe visualizaredes un tríptico co decálogo do modelo de alimentación mediterránea. 

NARIGOTA: A IMPORTANCIA VITAL DA AUGA

Ademais de plantar os semilleiros en caixas de forexpan, tamén reciclamos botes de pintura que usaremos para recoller a  auga da chuvia e regar con ela as plantas que teñamos no interior do centro. Con esta actividade pretendemos que os nenos/as valoren a importancia da auga e que se acostumen a buscar alternativas para o seu aforro.

Coloreamos os botes e decorámolos con debuxos de Narigota. Narigota é unha gota protagonista dunha serie de debuxos animados que xiran en torno a auga e o seu ciclo e que, coa axuda dos seus amigos (unha nube de vapor e un cubo de xeo), intenta evitar a contaminación ambiental.

boton_narigota Horto 16-9-15 030

Narigota acompañaranos ao longo do curso para coñecer o ciclo da auga e a súa importancia nos ecosistemas.

SEMENTEIROS

O mércores 16 de setembro voltamos ao traballo coa plantación duns sementeiros. Para iso reciclamos caixas de corcho branco (porexpan), que pintamos e decoramos previamente con carteis cos nomes do que estabamos a sementar: leitugas e escarolas.

NOVO LOGO

Novo proxecto: novo logo

Co comezo do novo curso e a posta en marcha do novo proxecto, cambiamos a imaxe de cabeceira do noso blog, aínda que continuaremos na mesma liña do curso anterior: reflectindo todas as actividades que realicemos en relación coas actuacións no recinto do centro e no horto escolar, actividades en relación coa sáude e o benestar físico, recopilación de refráns, realización de saídas medioambientais, talleres, etc.

Decímoslle adeus ao anterior logo:

Imagem-3

A partir de agora este será o novo:

Voz-Natura-15-16(10)

 

RE-XENERACIÓN: VERDE NO CANTO DE MARRÓN

Ao longo do presente curso 2015-2016 participaremos na 19ª edición de Voz Natura co noso novo proxecto: RE-XENERACIÓN: VERDE NO CANTO DE MARRÓN, aínda que continuaremos traballando e coidando o horto escolar, queremos ampliar o noso traballo á mellora do recinto escolar. Aquí tedes un pequeno resumo do noso proxecto:

1-Razóns dunha proposta de intervención medioambiental no recinto do noso centro educativo.

Coidamos que implicar á comunidade educativa, en xeral, e, nomeadamente, ao alumnado e ao profesorado do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez na defensa e goce das paisaxes culturais de Galicia, debe concretarse na limpeza e recuperación do recinto do propio centro. Deste xeito, reforzaremos a nosa identificación co espazo natural no que ensinamos e aprendemos.

Pretendemos facelo respectando o criterio de sustentabilidade cunhas actuacións que non sexan irreversibles nin modifiquen, no substancial, o entorno natural no recinto do centro.

Agardamos que o traballo colaborativo favoreza a integración do alumnado con condutas disruptivas na aula, que reforce a súa autoestima e o sentido de pertenza aos dous grupos básicos de referencia: a aula e o propio centro.

2-Obxectivos xerais:

1º. Fomentar a colaboración e o diálogo entre os membros da comunidade educativa arredor do coidado do entorno natural do centro e da paisaxe local, como estratexia para fortalecer a capacidade de decisión autónoma e de compromiso do noso alumnado.

2º. Concienciar a todos os membros da comunidade educativa da necesidade de respectar e cumprir as normativas medioambientais e de protexer as paisaxes culturais, como parte da educación en valores, da competencia social e cidadá e, sobre todo, duns hábitos saudables de vida.

3º. Aumentar o uso e disfrute do entorno natural do centro como espazo educativo e de lecer para toda a comunidade educativa, e de maneira especial para o alumnado e o profesorado que traballamos e convivimos diariamente neste espazo.

4ª Relacionar este proxecto co programa de saúde integral “Si” que se está desenvolvendo no centro no que o protagonista é Cardio, o noso corazón, e os nenos aprenden a coidar do seu cardio a través dunha dieta saudable e do exercicio físico.

Algunhas das zonas do recinto escolar que serán obxecto de actuación 

3- Obxectivos concretos: Aprender facendo.

1º. Implicar ao alumnado na limpeza das zonas degradadas do recinto do noso centro e na súa recuperación plantando árbores froiteiras, horta e outros cultivos que nos permitan usalo como espazo de lecer e disfrutar o consumo de produtos naturais.

2º. Continuar co noso horto ecolóxico como centro dunha explotación agrícola a pequena escala, aproveitando o estrume de herbas  do recinto do centro escolar.

3º. Recuperar as variedades autóctonas de froiteiras  e de árbores.

4º. Ensinar ao alumnado as características básicas dos cultivos ecolóxicos e a relación inversa entre os seus rendementos e a excelente calidade dos mesmos.

5º. Recoller cantigas, refráns e outras mostras da cultura inmaterial, oral e musical, referidas ás prácticas agrícolas desenvolvidas polas familias da nosa zona.

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Parece mentira pero xa pasou o verán, xa estamos de volta con moitas gañas de comezar o novo curso e poñernos en marcha co novo proxecto de Voz Natura. Pero antes deixámosvos unhas imaxes das nosas colleitas. Ao longo do verán varios alumnos/as, que disfrutaban dun campamento nas instalacións do centro, foron os encargados de recoller os froitos dalgunhas das colleitas que sementaramos ao longo do ano.
Velaí o resultado:

Tamén empezan a dar os seus froitos as árbores plantadas en decembro.

P1020517 P1020518