Monthly Archives: junio 2015

ESCOLA PONTE GUAPA

Para poñer ben “guapo” o patio dianteiro no que están os nenos e nenas de infantil durante o tempo de  recreo, comezamos buscando modelos que puideran servirnos de inspiración… ata que atopamos a idea tan orixinal de

RECICLAR PNEUMÁTICOS PARA ADORNAR A NOSA ESCOLA

E puxémonos “mans á obra” no taller de manualidades que organizou a ANPA, ou mellor dito “mans  á pintura” e…

Aquí está o resultado final!!!

P1040331 P1040332 P1040333 P1040334

Unhas preciosas xardineiras para as nosas petunias!!!

ESTIVEMOS DE FESTA…!!!

O sábado, 6 de xuño, estivemos en Acea de Ama celebrando con toda a comunidade de VOZ NATURA a gran festa de fin de curso.

P1020180 3A chegada ao parque: pais/nais, nenos/as, irmás/irmáns, profes… dispostos a pasar un día xenial!!!

Foi un día moi especial, grazas unha vez máis a VOZ NATURA polo seu recoñecemento ao noso traballo!! Parabéns tamén aos demais premiados…!!! 

Premio blog 2014-15

FICHAS DE AULA

Botádelle un ollo ás propiedades do saudable brócoli… 

brocoliB06-Brocoli

R

Ó

C

O

L

I

 

TRABALLANDO NO HORTO

E chegoulle o turno ao brócoli, esta verdura ocupa sempre o “top-ten” dos alimentos máis saudables e ricos en nutrientes. É unha verdura chea de antioxidantes que axudan a reducir o risco de cancro de estómago, pulmón ou colon, e tamén conta con outras propiedades que xa veremos na ficha de aula que acompaña a este traballo no horto que realizamos o venres 5 de xuño.

Tamén aproveitamos para arrincar un montón de herbas e follas secas ou danadas…

ADIVIÑA, ADIVIÑANDO

Esta é a nosa primeira adiviña do mes de xuño:2014-09-30-Carrotspimientos

Luzo un fermoso plumeiro
verde, crecho, ben lustrado,
pero o que de verdade importa
gardo no chan soterrado.landinilechuga

 

 

 

 

 

 

Preme no enlace para cubrir a ficha coa solución da adiviña deste mes:

1ª ADIVIÑA XUÑO 

FICHAS DE AULA

Xa está aquí a ficha correspondente ás espinacas: 

ECaptura
espinacas (01)

S

P

I

N

A

C

A

S

TRABALLANDO NO HORTO

O venres, 29 de maio, estivemos plantando espinacas no noso horto. É a primeira vez que plantamos esta verdura tan saudable, agora esperar que se dea ben… Aproveitamos tamén para regar as demais plantas do horto, estes días fai moita calor e as pobres queren “beber”…