Monthly Archives: mayo 2015

FICHAS DE AULA

Nas fichas de aula desta semana, ademais de falarnos das sandías, das súas características e propiedades, e das surfinias, tamén temos unha pequena explicación do que nos pasou coa nosa plantación de chícharos, aprendemos dos nosos avós e avoas que:

En cada oco había que botar 3 sementes:
Unha para o inverno,
outra para o rato
e outra para o amo…

Lede a ficha adxunta e saberedes o que pasou…
sandia(Preme na imaxe para visualizala a tamaño completo)

TRABALLANDO NO HORTO

O venres, 22 de maio, tivemos outra xornada máis de traballo no horto, primeiro estivemos botando unha ollada as nosas colleitas, que cada día van medrando máis, e arrincamos as malas herbas que tamén medran igual que as colleitas. Logo plantamos sandías, unha froita que lle encanta a todos os nenos/as do colexio e por último estivemos plantando surfinias, unhas bonitas plantas para adornar e dar alegría ao noso patio. 

Ah!! E tamén debullamos millo para poñer comedeiros para paxaros:

TREN TERMAL

O luns 18 de maio os pequenos/as de 4º de Educación Infantil e o martes 19, os de 5º e 6º, realizaron unha das actividades enmarcadas dentro do PROGRAMA SI! (Saúde Integral) e promovida polo Concello de Ourense: unha viaxe no tren turístico que percorre a zona das termas da cidade de Ourense. Este tren sae da Praza Maior de Ourense, pasa por diversos puntos da cidade, coma a Ponte Romana, e visita as zonas termais de: A Chavasqueira, Muíño da Veiga, Pozas de Outariz…

Coñecer a riqueza natural da ribeira do Miño e das termas, así como algúns dos puntos de interese especial da cidade, as súas pontes, a flora, o significado de especie autóctona, a importancia das illas do río, o muíño da Veiga e a maxia da auga termal, comprendendo o porqué das súas altas temperaturas. (Cita: Área de Educación do Concello de Ourense)

Ademais de gozar dunha xornada de convivencia ao aire libre, os nenos/as aprenden a valorar a riqueza natural que teñen ao seu arredor e as distintas posibilidades de disfrutala con actividades saudables, aprenden a adquirir hábitos de respecto e coidado da natureza, así como compartamentos solidarios e de responsabilidade. 

Primeiro en autobús ata a Praza Maior, logo no tren, despois tocar a auga fervendo das termas…  foi unha mañá moi completa… só nos faltou… darnos un pequeno baño!!!

Para que vos animedes a coñecer esta fantástica e saudable ruta termal que temos nas beiras do río Miño en OURENSE, disfrutar duns baños terapéuticos e relaxantes e do seu magnífico entorno, aquí tedes un mapa da citada ruta. Se facedes clic na imaxe podedes descargalo e acceder a máis información, como por exemplo a flora e fauna da zona.

ruta termal

21 DE MAIO, DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000

Con la celebración de este día queremos que todos los ciudadanos descubran la riqueza de estos espacios protegidos en los que la naturaleza y el ser humano van de la mano. La Red Natura 2000 la forman más de 27.000 lugares en Europa que albergan especies y hábitats claves para la conservación de nuestra biodiversidad.

En el Día Europeo de la Red Natura 2000 animamos a toda la sociedad a tener un gesto por estos espacios protegidos porque, cada pequeño gesto tiene un gran poder”

Dende o noso cole unimonos á celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000 participando na campaña:  

 El simple aleteo de una mariposa puede cambiar el mundo
e fixemos  bolboretas coas nosas mans, a cambio, un espazo da Rede Natura 2000 mellorará o seu estado de conservación.chat
Animámosvos a todos a sumarse ao efecto mariposa!!   

ESTAMOS DE NORABOA !!

Moitas grazas ao xurado e a todo o equipo de  VOZ NATURA polo premio que nos concederon como mellor blog do curso 2014/2015. Este foi o noso primeiro ano en VOZ NATURA  e esperamos seguir pertencendo moitos máis a este gran equipo que conforma toda a comunidade de VOZ NATURA. Tratamos de reflectir neste blog o noso traballo semana a semana e compartilo con todos vós, alegrámonos que vos gustara.

Pola nosa parte, nós tamén queremos agradecer o traballo feito por todos os colexios que participan neste programa, de todos eles aprendemos moito. Noraboa a todos polo gran esforzo e traballo de adicación que sabemos implica a realización de proxectos tan laboriosos e magníficos como os que vemos nos diferentes blogs.  

Toda a comunidade educativa recibiu o premio con moito entusiasmo e en especial os cativos/as de educación infantil.

P1010765

MOITAS GRAZAS !!!

Enlace ao blog maestro de VOZ NATURA para ler a nova do premio:

BLOG MAESTRO VOZ NATURA 

LETRAS GALEGAS E NATUREZA

Para festexar o día da nosa lingua, o venres, 15 de maio, fixemos un pequeno festival no cole con diversas actuacións. Os nenos/as de 4º e 6º de infantil quixeron facelo cantándolle á natureza, ao que nos rodea: a primavera que agora está en todo o seu esplendor e ao paxaro que a anuncia…  sabedes cal é?

DSC00090

A clase de 4º de infantil cantando “A primavera”

DSC00117

Os marchosos alumnos/as de 6º de infantil recitaron o poema “O Cuco” de Manuel María e logo fixeron un rap sobre o mesmo

20150518122107435_0001

 

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Na pasada semana Carmen Morón e Sara Vicente, dúas estudantes de Dietética do centro educativo CIFP A Carballeira-Marcos-Valcárcel de Ourense, que estiveron facendo as súas prácticas no noso centro, déronlles aos nenos/as de 4º, 5º e 6º de infantil unhas pequenas charlas sobre alimentación saudable. Faláronlles, primeiro mediante a presentación dunhas láminas e despois mediante xogos, da importancia de alimentarse ben, que grupos de alimentos son os máis saudables, cantas veces á semana debemos consumir cada un deses grupos, da importancia de comer moitas froitas e verduras para manterse sans, de comer só ocasionalmente lambetadas …  As charlas resultaron moi amenas e divertidas para os cativos, o xogo é unha base fundamental para a aprendizaxe nestas idades. Grazas a Carmen e Sara polo seu traballo!!. 

TRABALLANDO NO HORTO

O pasado venres, 8 de maio, despois dunha semana de descanso, voltamos ao noso traballo no horto:

1º Observamos canto medraran as nosas plantacións.

2º- Xa probamos os amorodos:

3º- Co fin de protexer o medio que nos rodea, colocamos unhas “casiñas” nas árbores para que lles servan aos paxaros para facer os seus niños:

UN DÍA NO SUPER

O pasado venres realizamos outra actividade cos pequenos/as de Educación Infantil: fomos ver o super que hai na nosa zona para coñecer de preto o seu funcionamento e sobre todo para ver a zona dos alimentos saudables (verduras, froitas e hortalizas), a súa presentación, como se manipulan, o envasado… é dicir, para ver como chegan ao super os alimentos que cultivamos nos hortos e como se presentan aos consumidores.

 E despois de tanto aprender, obervar e mirar… tocaba probar uns riquísimos amorodos:

E ata saímos no xornal  

lavoz
20150427145605903_0001

ADIVIÑAS

Peroliñas engarzadas miel1wine-grapes1

cheas de doce mel.

Nacen cando morre maio

e cóllense por San Miguel.                       cerezas
RED-DELICIOUS-buena

 

 

 

 

 

No seguinte enlace podedes descargar a papeleta de participación, cubrila e logo introducila no buzón que hai na entrada do comedor escolar.

ADIVIÑA MAIO