Daily Archives: 23/04/2015

TRABALLANDO NO HORTO

E xa chegou o tempo de sementar chícharos!!! Cando os pequenos/as viron os chícharos algúns pensaron que eran xudías, un pouco pola súa cor rosada, pero axiña viron as diferencias ao ver unha semente de xudia e unha de chícharo xuntas. Coma sempre, primeiro preparamos a terra e tivemos que engadirllle un pouco de fertilizante ecolóxico porque a nosa terra non é moi boa. Logo fixemos uns pequenos buraquiños para poñer alí as nosas sementes, regámolas un pouco e cubrímolas ben para que non lles afecten as posibles xeadas. Un regado final e… a esperar que vaian medrando!!!

Tamén estivemos mirando as trampas de cervexa que lles puxemos aos caracois, e había uns cantos alí «atrapados», aproveitamos para poñer algunha máis…

Por último, botamos un vistazo ás nosas colleitas:

 

ESCOLA PONTE GUAPA

Ademais de traballar no horto, continuamos «poñendo guapa a nosa escola», o pasado venres, 17 de abril, os pequenos/as de 4º e 5º de Educación Infantil estiveron plantando petunias nunhas macetas para adornar a entrada do colexio. Primeiro prepararon a terra, plantaron con coidado as petunias nas macetas, botáronlles un pouco de auga, cubrironas ben e regáronas. Xa na aula, aprenderon moitas cousas sobre as petunias e fixeron algunha ficha complementaria. Como alegran a vista estas humildes florciñas!!!

DSC00029

OS MÁIS PEQUENOS DE INFANTIL COAS MACETAS DE PETUNIAS