Monthly Archives: abril 2015

FICHAS DE AULA

Esta semana temos dúas fichas de aula, unha correspondente á sementeira de chícharos e outra correspondente á plantación de petunias:

(Fai clic nas imaxes para visualizalas a maior tamaño)

chicharospetunias

 

 

TRABALLANDO NO HORTO

E xa chegou o tempo de sementar chícharos!!! Cando os pequenos/as viron os chícharos algúns pensaron que eran xudías, un pouco pola súa cor rosada, pero axiña viron as diferencias ao ver unha semente de xudia e unha de chícharo xuntas. Coma sempre, primeiro preparamos a terra e tivemos que engadirllle un pouco de fertilizante ecolóxico porque a nosa terra non é moi boa. Logo fixemos uns pequenos buraquiños para poñer alí as nosas sementes, regámolas un pouco e cubrímolas ben para que non lles afecten as posibles xeadas. Un regado final e… a esperar que vaian medrando!!!

Tamén estivemos mirando as trampas de cervexa que lles puxemos aos caracois, e había uns cantos alí “atrapados”, aproveitamos para poñer algunha máis…

Por último, botamos un vistazo ás nosas colleitas:

 

ESCOLA PONTE GUAPA

Ademais de traballar no horto, continuamos “poñendo guapa a nosa escola”, o pasado venres, 17 de abril, os pequenos/as de 4º e 5º de Educación Infantil estiveron plantando petunias nunhas macetas para adornar a entrada do colexio. Primeiro prepararon a terra, plantaron con coidado as petunias nas macetas, botáronlles un pouco de auga, cubrironas ben e regáronas. Xa na aula, aprenderon moitas cousas sobre as petunias e fixeron algunha ficha complementaria. Como alegran a vista estas humildes florciñas!!!

DSC00029

OS MÁIS PEQUENOS DE INFANTIL COAS MACETAS DE PETUNIAS

LAND ART

landartA partir dunhas imaxes que lles puxemos aos pequenos/as de 5º de educación infantil e explicándolles como podemos aproveitar o marco e os materiais que nos ofrece a natureza para facer traballos artísticos, realizamos unha sesión de LAND ART na escola. O LAND ART  é unha corrente de arte contemporáneo que emprega o marco e os materiais da natureza. Xeralmente as obras atópanse no exterior, en plena  natureza, sometidas á erosión e ao paso do tempo.

(Se facedes clic na imaxe veredes algunhas obras desta corrente artística)

E estes son os resultados da nosa primeira sesión:

FICHAS DE AULA

Esta é a ficha de aula correspondente ao último traballo do horto: as leitugas

captura-leitugas(Fai clic na imaxe para vela a maior tamaño)

TRABALLANDO NO HORTO

Continuamos aumentando a nosa sementeira no horto:  o venres, 10 de abril, estivemos sementando leitugas e tomates:

E puxemos unhas estupendas “guías” para os tomates!!

ESCOLA PONTE GUAPA

A semana pasada realizamos distintas actividades en relación co noso proxecto, o bo tempo continúa e temos que aproveitar para continuar o noso labor de coidar o noso entorno e melloralo. 

1º- O mércores, 8 de abril, os alumnos/as de 3º estiveron limpando a zona das tuias (mirtos) que plantaramos no mes de novembro, as malas herbas medraran moito neste último mes e era hora de darlle unha pequena “volta” a zona onde se plantaran.

2º- Para axudar na nosa tarefa “ESCOLA PONTE GUAPA”, os cativos de 4º de infantil estiveron sementando lirios e dalias en macetas. Primeiro prepararon as macetas, despois botaron a terra, aplastárona, sementaron as patacas das dalias, os lirios e, por último, regaron. 

ADIVIÑA, ADIVIÑANDO…

E cun pouco de retraso por mor das vacacións, aquí traemos a nosa adiviña de abril:

201211071237128c31c94d1c12e52a865355f363e38b09descarga (1)

Son redonda, brillante,

tan lucida coma un sol.

A miña cor e o meu nome

a mesma cousa che son.naranjas_hoja

1200878738_f

 

 

 

 

 

No seguinte enlace podedes descargar a papeleta de participación, cubrila e logo introducila no buzón.

ADIVIÑA ABRIL

TALLERES CON RAÍZ

E de novo o avó Sergio veu ao cole para ensinarlle aos nenos/as as cousas que podemos facer con elementos da natureza 


Coma sempre os rapaces/zas pasarono xenial e aprenderon un montón de cousas con Sergio:

Tamén se acercou ao cole Luis, outro avó, que lles ensinou aos rapaces/zas pequenas tallas que facía  el aproveitando cachos de madeira:

FICHA DE AULA

Aquí a ficha correspondente o traballo realizado no horto: sementando xudías.

Captura xudías(Premede na imaxe para ver a ficha a maior tamaño)

E aquí os pequenos de infantil poñendo en práctica os traballos complementarios na aula.