Aquí temos elaborada a nosa pequena guía co calendario de sementeira dos produtos máis usuais da horta:
Aquí temos elaborada a nosa pequena guía co calendario de sementeira dos produtos máis usuais da horta:
Este venres, 6 de marzo, os alumnos/as de 5º de educación infantil realizaron dúas actividades enmarcadas dentro do noso proxecto de Voz Natura:
1º- Traballaron no horto, continuando o labor comezado a semana pasada polos cativos de 4º de infantil, facendo máis sementeiros ou viveiros de acelgas, para así poder ter máis cantidade de plantas para transplantalas cando medren.
2º- Agora que xa temos bo tempo retomamos a actividade «Escola ponte guapa». Hoxe plantamos prímulas nun rincón do patio de entrada do colexio. Estas pequenas plantas de flores tan vistosas, ademais de dar colorido e beleza ao noso arredor teñen un montón de beneficios como veredes na ficha de aula correspondente ao traballo realizado hoxe.
Do 2 ao 6 de marzo tivemos a semana da froita no cole. Un pouco antes do recreo e dentro das súas aulas, os pequenos/as de infantil toman alí as pezas de froita. Os maiores fano ao saír ao recreo no patio da entrada traseira.
Este foi o reparto semanal:
LUNS: MANDARINAS l
MARTES: MAZÁS
MÉRCORES: PERA
XOVES: MAZÁ
VENRES: PLÁTANO
1ª ADIVIÑA DE MARZO
Verde foi o meu nacemento,
de amarelo me vestín,
agora os que me cortan
andan chorando por min…
Tamén podedes descargar a adiviña no seguinte enlace e introducila no buzón que temos á entrada do comedor.
Animádevos, é moi sinxela…!!!
Aproveitando que o pasado venres (26 de febreiro) non chovía, por fin… ¡XA VOLTAMOS A TRABALLAR NO HORTO!!
Foi unha mañá moi completa pois puidemos plantar dous cultivos distintos:
1º- Cos alumnos/as de 4º de infantil fixemos un sementeiro ou viveiro de acelgas e tamén plantamos pequenas plantas de acelga xa no propio horto.
2º- Cos nenos/as de 5º de infantil fixemos tamén primeiro un sementeiro para tomates e despois plantamos pequenas plantas de tomate noutro sementeiro, ¡aínda é moi cedo para plantalos no horto!: