Daily Archives: 26/03/2015

FICHA DE AULA

Unha nova ficha,  a correspondente á sementeira de cenorias. Mirade todos os beneficios que nos proporcionan estas amigas de «Cardio»:

recorte cenoria

TRABALLANDO NO HORTO

image0021Xa chegou a primavera! As temperaturas empezan a subir, e seguimos facendo sementeira dalgunhas especies ao aire libre, sen protección.

SEMENTAMOS CENORIAS

Os nenos e as nenas de 3º A sementamos cenorias no horto escolar. Tivemos que superar algunhas dificultades porque algúns esquecémonos de traer zapatos vellos, e ante a dificultade, aplicouse a creatividade. Observade que ben calzados quedamos!

Antes de sementar preparamos a terra. Tivemos que sachar e retirar as pedras deixando a terra ben esponxosa e aireada. Empregamos o sacho e o angazo para mover a terra e para limpar a zona de pedras, conseguindo unha terra firme.

Logo botamos as sementes a voleo, e como a terra estaba moi seca tivemos que regar.

ESCOLA PONTE GUAPA

E despois da plantación de acivros estivemos botando unha ollada ás árbores plantadas no pasado mes de decembro e, como xa chegou a primavera… comezaron a florecer.

P1010076

CERDEIRA

P1010080

AMEIXEIRA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

P1010083

MAZAIRA

 

P1010081

PEREIRA