Daily Archives: 25/03/2015

PLANTANDO ACIVROS

20150323104844636_0001Para conmemorar o Día Internacional dos Bosques e o Día Internacional da Auga o martes, 24 de marzo, plantamos no noso recinto escolar 4 exemplares de acivro. Estes foron donados pola Deputación Provincial de Ourense que promoveu ao longo desta semana (do 23 ao 27 de marzo) a celebración nos centros escolares da provincia da «Semana Escolar da Árbore e da Auga». Ademais dos acivros, recibimos diversos materiais didácticos para traballar nas aulas e dar a coñecer aos nenos/as a nosa riqueza medioambiental como primeiro paso para a concienciación e o fomento do coidado do noso patrimonio natural.

Cada acivro foi apadriñado por un ou varios grupos de alumnos/as que, despois de plantalo e regalo por primeira vez, colocáronlle un cartel ao lado de cada un co nome elexido por cada grupo.