Monthly Archives: marzo 2015

FICHA DE AULA

Unha nova ficha,  a correspondente á sementeira de cenorias. Mirade todos os beneficios que nos proporcionan estas amigas de “Cardio”:

recorte cenoria

TRABALLANDO NO HORTO

image0021Xa chegou a primavera! As temperaturas empezan a subir, e seguimos facendo sementeira dalgunhas especies ao aire libre, sen protección.

SEMENTAMOS CENORIAS

Os nenos e as nenas de 3º A sementamos cenorias no horto escolar. Tivemos que superar algunhas dificultades porque algúns esquecémonos de traer zapatos vellos, e ante a dificultade, aplicouse a creatividade. Observade que ben calzados quedamos!

Antes de sementar preparamos a terra. Tivemos que sachar e retirar as pedras deixando a terra ben esponxosa e aireada. Empregamos o sacho e o angazo para mover a terra e para limpar a zona de pedras, conseguindo unha terra firme.

Logo botamos as sementes a voleo, e como a terra estaba moi seca tivemos que regar.

ESCOLA PONTE GUAPA

E despois da plantación de acivros estivemos botando unha ollada ás árbores plantadas no pasado mes de decembro e, como xa chegou a primavera… comezaron a florecer.

P1010076

CERDEIRA

P1010080

AMEIXEIRA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

P1010083

MAZAIRA

 

P1010081

PEREIRA

PLANTANDO ACIVROS

20150323104844636_0001Para conmemorar o Día Internacional dos Bosques e o Día Internacional da Auga o martes, 24 de marzo, plantamos no noso recinto escolar 4 exemplares de acivro. Estes foron donados pola Deputación Provincial de Ourense que promoveu ao longo desta semana (do 23 ao 27 de marzo) a celebración nos centros escolares da provincia da “Semana Escolar da Árbore e da Auga”. Ademais dos acivros, recibimos diversos materiais didácticos para traballar nas aulas e dar a coñecer aos nenos/as a nosa riqueza medioambiental como primeiro paso para a concienciación e o fomento do coidado do noso patrimonio natural.

Cada acivro foi apadriñado por un ou varios grupos de alumnos/as que, despois de plantalo e regalo por primeira vez, colocáronlle un cartel ao lado de cada un co nome elexido por cada grupo. 

ADIVIÑA, ADIVIÑANDO…

2ª Adiviña de marzo 

Vivo con varios irmánsdescargalentejas

verdes e redondos,     

medrando todos xuntos

metidos nun estoxo.                  

sandia

ssgarbanzos

 

 

 

 

 

 

 

 

No seguinte enlace podedes descargar a papeleta coa adiviña e introducila no buzón…

ADIVIÑA DE MARZO (2)

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES E DÍA MUNDIAL DA AUGA

Nestas datas temos presente dúas conmemoracións clave: o 21 de marzo, Día Internacional dos Bosques e o 22 de marzo, Día Mundial da Auga.
IDF_poster_ESagua

 

“El tema del Día Internacional de los Bosques (DIB) es Bosques | Clima | Cambio, escogido expresamente para destacar las formas en que están vinculados los bosques y el cambio climático y para conseguir apoyo mundial a fin de obtener una mayor acción y cambio”   

FAO-logo-es

 

Preme na imaxe para acceder á páxina da FAO para obter máis información sobre esta celebración

El tema del Día Mundial del Agua de 2015 es: «Agua y Desarrollo Sostenible» «Para eliminar los múltiples problemas relacionados con el agua, debemos trabajar con un espíritu de cooperación urgente, con mente abierta a las nuevas ideas y la innovación, y dispuestos a compartir las soluciones que todos necesitamos para un futuro sostenible.»  

agua 33

Preme na imaxe para acceder á páxina das Nacións Unidas para coñecer máis datos da celebración 

 

 

No cole imos celebrar estas datas de forma conxunta na semana do 23 ao 27 de marzo e especialmente o vindeiro 24 plantaremos 4 acivros no patio do colexio, sumándonos á iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Ourense de adicar toda a semana á concienciación medioambiental.

LIBROS

Para ter unha orientación no noso traballo no horto empregamos algúns libros onde aprendemos: épocas de sementeira, regos, abonos, podas, propiedades e beneficios dos produtos da horta, como levalos á mesa… uns estupendos manuais que vos recomendamos.

S 851-177 CUB HUERTO.inddATLAS ILUSTRADO EL HUERTO ORGÁNICO Y ECOLÓGICO 

Editorial Susaeta

 “Esta obra busca motivar la curiosidad del lector y despertar el deseo de crear su propio espacio hortofrutícola. Es una obra globalizadora que quiere conjugar todo lo que rodea al tradicional huerto mediterráneo, desde los aspectos culturales a los meramente “terrenales”: distintas especies, siembra, riego, parásitos, poda y ¡por fin!, la ansiada cosecha”

(Texto: sinopse na páxina da editorial)

 

9788467531190

De la maceta a la cazuela 

Editorial SM

“Con este libro aprenderemos a plantar, a cocinar y a decorar los alimentos compartiendo maravillosos platos con la familia y amigos. Un práctico manual de cocina y jardinería para acercarse al mundo de las plantas” 

(Texto: sinopse na páxina da editorial)

FICHAS DE AULA

Esta é a ficha de aula correspondente ao traballo realizado no horto: as patacas, as súas propiedades, beneficios…

patacas

TRABALLANDO NO HORTO

O pasado venres, 13 de marzo, por terceira semana consecutiva puidemos seguir traballando no noso horto, parece que o bo tempo vainos acompañar para que poidamos traballar e facer as nosas sementeiras. Hoxe sementamos patacas, ese produto tan noso e que non pode faltar en ningunha horta galega. Coma sempre, aquí tedes unha pequena reportaxe da xornada de traballo.

 

TALLERES: COUSAS CON RAÍZ

Esta semana contamos no cole coa presenza de alguén moi especial, Sergio, un avó, que lles contou aos nenos/as cousas sobre cando el era pequeno e como aproveitaban os elementos da natureza que tiñan arredor para xogar e facer xoguetes… lede a ficha adxunta para saber máis…


E aquí tedes as fotos do que lles ensinou a facer Sergio e o ben que o pasaron con el. O primeiro día, o mércores 11 de marzo, Sergio estivo cos cativos/as de 3 anos e ensinoulles a facer avións con palillos e miga de pan e castelos de carozos de millo… e xogou con eles ao “esconde millos”…

O segundo día que veu Sergio ao cole, o venres 13 de marzo, estivo cos pequenos/as de 4 e 5 anos e ensinoulles a facer carros de xoguete con remolachas e xestas, tamén xogaron cos carozos e fixeron avións…