Monthly Archives: febrero 2015

O ENTROIDO NO HORTO

E CHEGOU O ENTROIDO e, como non podía ser menos, tamén se “colou” no noso horto, este ano os pequerrechos de infantil fixeron unha gran comparsa animándonos a tomar froitas e verduras saudables. Refrexando así un pouco o labor que realizamos ao longo deste curso, aunando varios proxectos que se levan a cabo no centro e que tratan de fomentar hábitos saudables: o Proxecto SI! (Saúde Integral), Do horto ao prato (Proxecto de Voz Natura), o Plan de consumo de froita fresca nas escolas e o Proxecto de comedor escolar do centro.  

Mirade o guapos e “saudables” que estaban: non faltaron as fresas, os tomates, as cenorias, as mazás, as laranxas…

IMG_0081INFANTIL DE 3 ANOS
IMG_0091

INFANTIL DE 4 ANOS

IMG_0093

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INFANTIL DE 5 ANOS 

entroido 017

aron-martin

E… NON PODÍA FALTAR CARDIO QUE SEMPRE ESTÁ ATENTO Á NOSA SAÚDE!!!!!

TALLERES: COUSAS CON RAÍZ

Esta semana comezamos unha serie de talleres que englobamos dentro do nome COUSAS CON RAÍZ.

Este venres, 6 de febreiro, empezamos o primeiro:  O TALLER DE VASOIRAS

E que facemos hoxe? Fai moito frío para saír ao horto.

Pero podemos xogar coa natureza, recuperar tradicións, facer series matemáticas…e todo iso no noso taller de vasoiras.

Aínda que o noso  taller non xurdiu porque fixera frío e non puideramos saír ao horto.

O taller xurdiu porque a nosa amiga a bruxa Catuxa tiña un problema e a mascota do noso horto “Traste”  pensou que os nenos de educación infantil  lle podíamos axudar.

Que quen é a bruxa CATUXA?

Pois veredes… un día atopamos en internet a historia da bruxa Catuxa, partindo dela inventamos o noso conto, fixemos  vasoiras, ordenamos series, debuxamos e coloreamos a bruxa Catuxa e a súa vasoira, e rematamos a festa cunha viaxe en vasoira e  cunha canción.

Desprazando a barra lateral da seguinte presentación podedes ler a historia…


Se facedes clic na seguinte imaxe veredes unha presentación coas imaxes do noso taller…

Captura

 

E aquí os nenos plasmaron de forma plástica á bruxa Catuxa…

P1020905P1020910

 

 

 

 

 

 

 

 

 

P1020909P1020908

 

 

 

 

 

 

 

 

 

P1020907P1020906

ADIVIÑA, ADIVIÑANDO…

AQUÍ ESTÁ A NOSA NOVA ADIVIÑA: 

Cuberta de pel de engurrasimage010melocoton-super

e chea de ollos que non ven,

vive unha vella señora

dime ti quen pode ser?descarga  

SEMANA DA FROITA

plan_consumo_froita_fresca

Destacamos nesta entrada outra actuación que realizamos no centro e que tamén está estreitamente relacionada co noso proxecto “Do horto ao prato”, co proxecto de comedor e co programa SI, pois o seu fin é o de promover hábitos de vida saudables: O PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS.  

Durante este curso 2014-15 e por cuarto ano consecutivo o noso colexio participa no PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS. Este plan, promovido pola Unión Europea, ten por fin  promover o consumo de froita fresca entre os nenos/as para así contribuír á promoción de hábitos saudables, á disminución da obesidade e enfermidades asociadas. A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do FOGGA, concédenos unha  subvención para repartir ao longo dunha semana completa, durante varios meses,  froita fresca aos nosos alumnos/as. 

En total fóronnos concedidas catro semanas de reparto: 

– Semana do  1 ao 5 do mes de decembro

– Semana do 12 ao 16 de xaneiro 

– Semana do 2 ao 6 de febreiro

– Semana do 2 ao 6 de marzo 

Ao longo desta semana (do 2 ao 6 de febreiro) distribuíronse as seguintes froitas entre os nosos alumnos/as na hora do recreo:

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
PLÁTANO MANDARINA MAZÁ PERA PLÁTANO

A NOSA MASCOTA

DSC00028

Este é TRASTE a mascota do noso horto escolar. Este pequeno espantallo foi bautizado así polos nenos/as porque cando saen ao horto sempre lles fai algunha trasnada, sobre todo, encántalle cambiar os letreiros que sinalan os distintos produtos que hai na horta… logo menudo lío… os nenos/as teñen que volver colocar o letreiro no lugar axeitado, ao lado do produto que representan. 

Xa o veredes en acción…!!

ADIVIÑA, ADIVIÑANDO…

Enlazando o noso traballo no horto escolar, co programa SI (Saúde Integral) e co comedor escolar do centro, puxemos en marcha  un concurso de adiviñas para que coñezan os alimentos para a saúde e fomentar nos nenos/as hábitos saudables. Combinamos tamén adiviñas sobre alimentos con outras relacionadas co xardín dos sentidos.  Entre todas as respostas acertadas, sortéase un agasallo que consiste nun xogo no que está representando o alimento que tiveron que adiviñar.  Estas son algunhas das adiviñas que xa levamos propostas:

Verde foi o meu nacementoimage003
de amarelo me vestín,
e todos os que me cortan
choran por min.         
Son froita grande,que medra deitada ao sol.watermelon-29743_640

Son doce con tona verde

e vermello o corazón.

Son unha tola atadaimage008

que só serve para ensalada                                image011

 

 

Caixa pequena e pechada   

sen tarabelo nin trabe

e garda dentro de si

o que dela dentro non cabe.                                        

                                           

image014

 

No alto me vexo, 

ladrón vexo vir,

coa miña carapuchiña

non pofo fuxir.

 

image012No xardín dos sentidos da miña escola

vive un vello cabaleiro,

que anda vestido no verán e espido no inverno .

image016

 

 

Teño dentes,e non boca

teño cabeza e non pés,

mociña que tanto sabes

adiviña o que é.