Os pequenos de 5º de infantil quixeron colaborar cun «Nadal reciclable» e realizaron unha fermosa árbore de Nadal con cartóns de papel hixiénico. Con ela queren felicitarnos a todos e desexarnos un
BO NADAL !!!
Ademais de traballar na horta (un dos obxectivos do noso proxecto), estas dúas últimas semanas estivemos traballando tamén no outro obxectivo que é o de mellorar o entorno que nos rodea, esta vez centrado na plantación de distintas árbores en varias zonas do patio do colexio.
– O primeiro día adicouse á plantación de mirtos (tuias) nunha das zanxas que foran preparadas conxuntamente no pasado mes de novembro por pais, alumnos/as e profesorado. Os alumnos/as de 6º en colaboración cos pequenos/as de 3 e 4 anos realizaron esta plantación. Co obxectivo de motivalos máis para que se implicasen no coidado e mantemento das árbores, os alumnos/as de 6º de primaria apadriñaron a un neno/a de infantil, e a súa vez os dous apadriñaban un dos arbustos plantados, neste caso mirtos. Como podedes ver polas fotos o traballo conxunto resultou moi estimulante, e que ben o pasaron saltando para aplastar a terra!!
– O segundo día os alumnos/as de educación infantil, axudados polo profesorado, plantaron: unha cerdeira, unha mazaira e un ciruelo.
– O terceiro día os rapaces/zas de 6º de primaria remataron de plantar as tuias e plantaron un castiñeiro. Pouco a pouco imos mellorando o entorno do noso patio…
O venres, 12 de decembro, os pequenos de infantil plantaron allos no horto escolar.
Primeiro houbo que preparar a terra onde se ían plantar, polo que os cativos/as tiveron que carrexar herba cortada para cubrir e, así aboar de forma natural, os regos onde se ían sementar os allos. Tamén aproveitamos os restos que quedaron dos pementeiros para metelos nas zanxas.
Despois pisaron a herba que foron metendo nos regos para aplastala e poder cubrila de terra.
Coa terra xa preparada, finalmente sementaron os allos.
Ademais do traballo que facemos no horto, como xa vimos comentando en entradas anteriores, completamos na aula o traballo feito con varias actividades: explicándolles aos nenos/as as propiedades e características do produto que sementamos (tratando de relacionalo co programa SI! e presentándoo como amigo saudable de «Cardio»), facendo fichas e manualidades, proba de sabores…
(Fai clic na imaxe para acceder á ficha correspondente ao traballo realizado o 12 de decembro: sementando allos)
PROBANDO OS ALLOS:
A semana pasada realizamos no colexio dúas actividades que, aínda que distintas, están enmarcadas dentro dun dos obxectivos básicos do noso centro como é o de espertar nos nenos/as a conciencia ecolóxica e a preocupación polo coidado e respecto do medio ambiente.
– A primeira realizouse no centro e consistiu nunha charla dirixida ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Esta charla titulada «A enerxía, o medio ambiente e tí», foi promovida polo Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa e tiña como principal obxectivo o de dar a coñecer os distintos tipos de enerxía que existen e reflexionar sobre o uso responsable e a súa sustentabilidade. Insintindo, o educador que a impartiu, na necesidade dun desenvolvemento sostible co fin de reducir a pegada ecolóxica negativa cara a futuras xeneracións.
– A segunda delas consistiu na visita da Aula da Natureza do río Miño. Nesta aula, xestionada polo Concello de Ourense, os alumnos/as de 2º de primaria participaron na actividade «Concienciación. Os nosos amigos, os cans e os gatos». Con ela tratábase de concienciar aos máis pequenos sobre os coidados e responsabilidades que require unha mascota, valorando a importancia que teñen como animais de compañía e como fonte constante de alegría e cariño. Así como inculcar comportamentos de respecto cara os animais que forman parte do noso contorno e paliar o abandono dos mesmos. Aos nenos/as, ademais de ensinarlles cousas sobre o coidado das mascotas e o respecto por todos os animais en xeral, explicáronlles onde coidan aos animais abandonados e como poden eles coas súas familias axudarlles. Tamén participaron nuns divertidos talleres onde debuxaron e fixeron carautas de cans e gatos divertidos. Ah!! tamén recibiron a visita de dous amigos moi «especiais» !! Seguro que os atopades nas fotos…
Dende o noso horto ecolóxico unímonos hoxe á conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DO NON USO DE PLAGUICIDAS.
Un dos traballos que temos que realizar ás veces no noso horto é o de evitar o ataque de «bichos» que invaden as nosas plantacións. Para iso empregamos técnicas «naturais» que non afecten ás prantas nin aos propios bichos, os cales realizan outras labores importantes e que temos que respectar. Dende o curso pasado no que empezamos o traballo no noso horto fixemos xa varias veces este tipo de accións. Deixámosvos aquí unha das nosas fichas realizadas a finais de xuño na que expomos estas técnicas, tamén unha pequena mostra fotográfica coa realización práctica das mesmas.
(Premede na imaxe para acceder ao documento)