Monthly Archives: noviembre 2014

TRABALLANDO NO HORTO

O venres pasado o noso traballo no horto foi o de sementar leitugas. Aquí tedes algunhas fotos para que vexades como traballan os máis pequenos do cole:

O traballo no propio horto sempre se complementa na aula con outras actividades,  na seguinte presentación vedes as cousas que os nenos/as aprenderon sobre o produto sementado, neste caso as leitugas:


O HORTO DOS AMIGOS DE CARDIO

Dende o curso 2012-2013 o noso centro está adscrito ao programa SI! programa promovido pola fundación SHE en colaboración co Concello de Ourense. Nunhas poucas liñas explicámosvos en que consiste este programa que está moi vinculado ao noso proxecto de horto ecolóxico.

A Fundación Internacional SHE (Science, Health and Education) nace da iniciativa do Dr. Valentín Fuster. Baseada na investigación básica e clínica (Science), ten o obxectivo de promover a saúde (Health) mediante a comunicación e a educación (Education) á poboación. 

“LA PREVENCIÓN DE LA ENFERMEDAD Y LA PROMOCIÓN DE LA SALUD SON LA CLAVE PARA QUE LA PREVALENCIA DE LA ENFERMEDAD CARDIOVASCULAR DISMINUYA EN EL MUNDO”. DR. VALENTÍN FUSTER.

Un dous seus programas é o Programa SI! (Saúde Integral). Programa dirixido aos colexios e ás familias e que pretende a creación de hábitos saudables dende a infancia para reducir os riscos das enfermidades cardiovasculares e mellorar a calidade de vida na idade adulta.

“Un cambio no estilo de vida da poboación é o único camiño para evitar a extensión das enfermidades cardiovasculares, a primeira causa de mortalidade no mundo” . ” A través de un programa de intervención escolar, que una vez implantado en todos los niveles educativos – infantil, primaria y secundaria – debería incidir en el conocimiento, actitudes y hábitos respecto a  la salud de los escolares, sus familias y el profesorado”.

OBXECTIVOS EDUCATIVOS DO PROGRAMA:

  • Alimentación saudable
  • Vida activa
  • Corpo e corazón
  • Prevención de adicións

ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN:

  • Familias
  • Alumnos
  • Mestres
  • Ambiente CapturaAquí tedes un enlace á páxina oficial do programa SI! para coñecer máis detalles sobre o mesmo:

         http://www.programasi.org/es

A mascota do programa é CARDIO. 22343

Cardio ensinalle aos nenos hábitos saudables e no seu horto plantan e coidan aos amigos de “cardio”: as cenorias, as cebolas, as patacas… 

 Os máis pequenos do cole con CARDIO

DSC00079_result

REFRÁNS RELACIONADOS CO HORTO

Empezamos aquí a nosa colleita de refráns relacionados cos produtos da terra. Colleita que irá medrando ao mesmo tempo que medra o noso horto e o noso blog.

Marzo espigarzo, abril penduril, maio graio e san Xoan segado. Son os catro meses que cargan o carro.

As castañas en agosto arder e en setembro beber

castanas-3-xl-668x400x80xXallos

 

 

 

 

 

 

Ramos mollados e Pascuas enxoitas, ano de troitas e froitas
Se queres bo allal, bótao no mes de Nadal
Cando a rula arrola ós seus meniños, bota ti os teus milliños
Polo San Marcos nin nado nin no saco (millo)
millo

trigo

 

 

 

 

 

 

Pola semana de San Francisco cada día seu risco  (botar o pan)patata

A horta do outono mantén ó dono
A horta de marzo jeipa no brazo
O que queira patacas no maio que as semente polo San Paio (25 de xaneiro)
As verzas no xaneiro saben como o carneiro

berzas

TRABALLANDO NO HORTO

Hoxe fomos ao horto dispostos a revisar a nosa plantación de repolos e a transplantar leitugas pero comezou a chover, polo que só puidemos plantar unha leituga.

P1020238P1020237
Chovía tanto que foi imposible seguir co traballo, entón en asemblea fixemos un repaso do que temos aprendido.

XA SABEMOS

IDENTIFICAR E COMBATER INIMIGOS DO HORTO

Aos caracois pómoslle trampas de cervexa e botámoslle, na terra, cinza e cáscaras de ovo.

 

imagesDISTINGUIR PLANTAS ENFERMAS DE PLANTAS SANS

Observando as follas.

leituga enfermauntitled

COIDAR E TRATAR AS PLANTAS CON MOITA DELICADEZA

P1020240P1020247

 DISTINGUIR PARTES DUNHA LEITUGA

 

FOLLAS…………………………………images09XOE8VE

RAÍZ……………………………………

PARA QUE SERVE A RAÍZ DUNHA PLANTA

imagesI1YWBU6MA través da raíz a planta absorbe os nutrientes do chan.

PREPARANDO AS ZANXAS

Tratando de implicar a toda a comunidade educativa no noso horto ecolóxico, o sábado 08 de novembro realizamos unha actividade conxunta entre profesores, alumnos/as, pais e ex-alumnos para comezar a outra parte do noso proxecto: “Escola ponte guapa”- “O xardín dos sentidos”. O traballo consistiu en cavar unhas zanxas e preparar o terreo para plantar mirtos. A choiva case non nos deixa rematar, esperamos agora que mellore o tempo para continuar coa plantación…
Captura
(Facede clic na imaxe para ver a nosa xornada de traballo)

TRABALLANDO NO HORTO

This album contains 67 items.

O venres, 07 de novembro fixemos unha nova plantación no noso horto: esta vez plantamos lombardas. Aquí tedes as imaxes dese día. O noso traballo no horto completámolo sempre con actividades que facemos nas aulas e con fichas sobre as propiedades, características e beneficios dos alimentos que sementamos. Nesta semana aprendemos un montón de cousas […]

O NOSO HORTO

DO HORTO AO PRATO

Estamos convencidos de que os elementos fundamentais de desenvolvemento dos nenos/as, e dos seus futuros medios de vida, son  unha nutrición e unha educación adecuadas, por iso dende fai algún tempo, viñamos dándolle voltas á idea de facer un horto ecolóxico e un “ xardín dos sentidos “ na nosa escola.

Decidimos poñer esta idea en marcha cos cativos de educación infantil, aproveitando que están implicados no proxecto de alimentación saudable “SI”.

Comezamos esta actividade  os venres, baixando cos nenos de educación infantil  ao horto, e ao xardín dos sentidos,  para preparar a terra e aprender a sementar e a coidar as verduras e as hortalizas que son fundamentais nunha dieta equilibrada e saudable, e que logo comeremos no comedor escolar.

Empregamos o horto como un recurso pedagóxico, a través do cal temos a oportunidade de:

  • Ofertar  un proxecto educativo integral e integrador, baseado nunha educación transmisora non só de coñecementos senón de valores, de competencias e de actitudes.
  • Converter aos alumnos en  protagonistas, e en construtores do seu propio proceso de aprendizaxe, fomentando a aprendizaxe por investigación e por descubrimento.
  • Aproveitar os recursos, partindo do concreto e do próximo para chegar ao abstracto e ao xeral.
  • Educar na , e para a saúde, fomentando  unha alimentación e uns hábitos saudables.
  • Educar na sensibilidade, na cooperación, na responsabilidade e no respecto cara o medio ambiente, programando e desenvolvendo actividades  que esperten a conciencia ecolóxica dos nosos cativos.
  • Fomentar unha ensinanza interdisciplinar.
  • Aplicar a teoría das intelixencia múltiples no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
  • Gozar dun espazo exterior no que podamos percibir a natureza través de cada un dos sentidos: ver, tocar, oír …
  • Intercambiar coñecementos,  experiencias ecolóxicas  e sementes, cos membros da comunidade educativa.
  • Recompilar  adiviñas, refráns e cantigas relacionadas co horto escolar.
  • Aprender técnicas da agricultura ecolóxica relacionadas coa preparación da terra e con outras tarefas tales como: abonar, sementar, e controlar enfermidades e pragas .

Estas actividades combinámolas con outra á que lle chamamos: “Escola ponte guapa”, coa que pretendemos que os nenos plantando  petunias, xeranios, e surfinias,  descubran o importante que é a súa cooperación para mellorar o espazo escolar.

IMG-20140519-WA0000P1010742