O AVÓ POETA

Para conmemorar o Día do Libro  tivemos una visita moi agardada, o avoíño de Sara de 4º de Educación Infantil, veu a nosa biblioteca acompañado da súa dona e dos seus poemas.

 

Recitounos o poema que lle fixera a un carballo, e contounos que  lle gustaba moito vivir no seu pobo rodeado de paxaros, leitugas, tomates, carballos, e da súa netiña que lle axudaba a sementar, plantar, regar  coidar a horta e as árbores.

Aquí tedes o poema que o avó José lle escribiu aos carballos que tanto ama:

 

 

ARBORIZÁNDONOS

Para celebrar o Día da Árbore, na nosa escola, desenvolvemos as seguintes  actividades:

1- PLANTAMOS BIDUEIROS:

2-FIXEMOS MURAIS PARA DECORAR OS CORREDORES E AS AULAS:

3-AS NENAS E OS NENOSDE 1º FIXÉRONLLE UN AGASALLO AOS CARBALLOS DA NOSA ESCOLA.

Regaláronlle un xardín para que os carballos tiveran boa compañía.

4-PLANTAMOS CASTIÑEIROS E CARBALLOS COAS LANDRAS E CASTAÑAS QUE TROUXEMOS DAS NOSAS CARBALLEIRAS E DOS NOSOS SOUTOS.

DAS CORES ÁS CINZAS

Na nosa escola, este ano, propuxémonos acadar 2 obxectivos coa celebración do Entroido.

1- Non empregar o plástico nos nosos disfraces.

2- Concienciarnos, e concienciar a todos os membros da nosa comunidade educativa, do impacto que poden ter sobre o bosque as nosas decisións, e as nosas accións.

Para elo durante o mes de febreiro estivemos vendo en todas as aulas a seguinte película:

Resultado de imagen de el bosque animado Ao rematar de ver ” O bosque animado”, e de comentar os valores e os contravalores que aparecen na película, decidimos representar un bosque cheo de vida, cheo de cores, fronte a un bosque en cinzas, no que quixemos mostrar  o perigo das plantación de eucaliptos e dos incendios.
Centramos  o noso Entroido no paso da vida á morte, ou da morte á vida, dos nosos bosques debido as intervencións dos humanos.
Velaí o noso traballo que comeza representando un BOSQUE DE CORES  no que podemos atopar:
TRASNOS
NINFAS E ÁRBORES
MOUCHIÑOS

LOBOS

E ATA A ROBIN HOOD
A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA PUIDO VER COMO A ESCOLA SE TRANSFORMABA NUN BOSQUE BEN FERMOSO
 

AS PLANTACIÓNS DE EUCALIPTOS

E OS INCENDIOS

Sentímonos moi ledos, porque   despois de moito traballo o noso entroido acadou os obxectivos que fixamos ao comezo, xa que este ano por primeira vez non empregamos as tradicionais bolsas de plástico para a elaboración dos disfraces, e a temática escollida servíu para que sexamos conscentes da necesidade de coidar os nosos bosques.

E do importantes que somos os seres humanos para que as nosas árbores e os nosos bosques sigan vivos.

Cicais é iso o que o duende Lola lle está dicindo a Sole, a súa nai.

OS CONTOS DA FIGUEIRIÑA

Había unha vez un figueira á que moito lle gustaba ler, por iso decidíu visitar a nosa escola, porque o seu vello amigo o carballo, que era moi sabio, contáralle que na biblioteca do Albino Núñez podíanse atopar moreas de libros.

A figueiriña apareceu na clase das nenas e dos nenos de 6º de educación infantil, e pedíulles que a levasen á biblioteca, porque ela acababa de chegar e non sabía moi ben os andares.

Cibrán e Iria ofrecéronse voluntarios para ensinarlle a escola a nova amiguiña.

E alá fomos todos, a  presentarlle , como dicía ela, a “casa dos libros”.

Fixemos unha parada para presentarlle á mascota Librín.

Figueiriña estaba moi emocionada, porque vía que os nenos e as nenas, se esforzaban  en mostrarlle os libros máis interesantes e entretidos que  ían atopando.

Había libros de carballos, de piñeiros, da horta e mesmo de paxaros.

Atoparon un libro moi fermoso no que se podían aprender moitas cousas sobre a terra.

Foi entón cando a nosa árbore amiguiña dos libros, se puxo un pouco triste, porque lle dixo aos nenos, e ás nenas,  que a ela tamén lle gustaría atopar un libro sobre figueiriñas, un libro que falara dela, no que as nenas e os nenos puideran aprender moitas cousas sobre os figos e as figueiras.

Os cativos comezaron a buscar o libro que ela quería, buscaron por cada un dos recunchos da biblioteca, convencidos de que entre tantos libros algún tiña que haber.

Pero non atoparon ningún. E a figueiriña comezaba a sentirse moi…. moi decepcionada.

Rubén e Cibrán virona tan amolada que lle leron un dos seus libros preferidos.

As cativas e os cativos de 6º de educación infantil, que son moi dados a axudar a quen lle fai falla, e a pensar grandes solucións para os problemas dos que están a súa beira, foron cara a súa clase para pensar que podían facer para axudarlle á figueiriña.

Lucas pensando como axudar á árbore.

Xa está!- dixo Tibor, xa sei que podemos facer…..

 

E pensando…e pensando …tiveron unha idea fantástica.

Podían levar a figueiriña para as súas casas, e pedirlles as súas familias que lles axudaran a inventar un conto para ela.

Aínda que máis ca un conto, sabendo como se implican as nosas familias , imos facer un libro de contos, os contos da figueiriña.

Pois en marcha -dixeron os rapaces, meterona na mochila na que chegara á escola e alá vai de casiña en casiña, e xa veredes que feliz se vai sentir cando teña o seu libriño de contos.

 

 

 

ESCOLA VERDE

As nenas, e os nenos de 6º de Educación Infantil foron ao patio dos compañeiros de educación primaria para comprobar se a nosa é  unha “escola verde”, na que tiramos o lixo nos contenedores, ou pola contra temos lixo nos patios.

 

As nenas e os nenos de educación infantil comezaron a actividade moi ilusionados e decididos a converter a nosa nunha escola verde.

No noso percorrido fomos acompañados do Capitán Verdemán.

O primeiro que atopamos foi una caixa de cartón.

Continuamos a nosa “excursión” polo patio dándonos conta de que neste intre non somos “una escola verde”, xa que nos nosos patios

hai  varios envoltorios de lambetadas e anacos de plástico.

 

Logo de recoller todo o lixo que puidemos colócamolo na caixa e contámolo.

Demos recollido 27 anacos de plástico e como o noso obxectivo é ser una escola verde,

 e non atopar lixo nos patios, fomos falar cos nenos de educación primaria, para pedirlles axuda.

 

Mostrásmoslles aos compañeiros todo o lixo recollido.

E eles comprometéronnse a axudarnos tirando o lixo nos contenedores, e recollendo todo o que viran no patio, ata chegarmos á semana cero, na que a nosa bolsa de lixo estea baleira.

 

ESCOLA VERDE

 

Para conmemorar os días 26 de xaneiro, Día da Educación Ambiental, e o 30 de xaneiro, Día da Paz; no noso centro  imos  desenvolver   as seguintes actividades:

1- POR UNHA ESCOLA VERDE : VER, SENTIR E ACTUAR

VER

Comezamos traballando con  estes materiais na aula:

Logo  saímos das aulas para ver  ” como estaba o patio”, coa intención de comprobar se a nosa era “unha escola verde”, na que o lixo se tiraba nas  papeleiras, ou se pola contra o estabamos tirando en calquera recuncho.

E isto foi o que atopamos:

SENTIR

 Nos nosos patios había envoltorios de caramelos, e anacos de papel e de plástico.

ACTUAR

Polo que decidimos recollelos, motrarllos aos  nenos   de educación primaria, e pedirlles axuda a todos os membros da comunidade educativa para conseguirmos  unha “ESCOLA VERDE”.

O primeiro día recollemos só nunha zona do patio de educación infantil 25 anacos de plástico.

Propuxémoslle que todas as semanas os cativos, e as cativas de educación infantil íamos saír un día ao patio para recoller este lixo, logo ensinariámoslles todo o que fomos recollendo co obxectivo de que cada semana houbera menos plásticos nos nosos patioS, ata chegar á semana cero.

Esta semana sería aquela na que a nosa bolsa de lixo estivera baleira porque non atopamos ningún resto de plástico ou de papel fóra das papeleiras, e nese intre poderíamos considerarnos una “ESCOLA VERDE”.

Para que todos lembremos onde temos que tirar o lixo os nenos, e as nenas de educación infantil colorearon estes carteis do Capitán Verdemán, que logo colocaremos ao lado das papeleiras.

 

E para que non esquezamos cal é a nosa meta cantaremos e bailaremos ao  saír ao patio recoller o lixo, en busca da semana cero  “La hora del planeta”.

2-REDUCIR

A nivel de centro decidimos reducir o uso do plástico, polo que nós comprometemos a non empregalo nos disfraces de entroido, xa que de xeito habitual era o material que utilizabamos para elaboralos.

Elaboramos consellos para as familias, cada semana os nenos e as nenas terán que levar un para a casa.

Consellos  para reducir o consumo de plástico.

  1. Evita comprar auga en botellas de plástico.
  2. Esquece as palliñas de plástico.
  3. Usa bolsas reutilizables.
  4. Quita os chicles da túa vida.
  5. Compra produtos empaquetados en cartón ou vidro.
  6. Substitúe as fiambreras de plástico (tuppers) por recipientes de cristal ou de aceiro inoxidable.
  7. Comprar produtos a granel
  8. Non uses film de plástico.
  9. Usa utensilios de cociña de madeira, bambú ou aceiro inoxidable
  10. Usa pinzas da roupa de madeira.
  • Resultado de imagen de alimentos a granel

ESTUDANDO O PATRIMONIO: AFONDANDO EN OURENSE

O alumnado de 4º de primaria levou a cabo un proxecto de investigación ao longo de todo o curso sobre a nosa cidade, Ourense.

Despois dun intenso traballo, chegamos ao final do proceso: editamos a nosa propia guía turística da cidade e fixemos de guías nunha ruta interesantísima por Ourense o pasado venres 15 de xuño. Tivemos uns visitantes privilexiados: os rapaces e rapazas do CEE Saladino Cortizo de Vigo que viñeron moi emocionados!

Foi un día cheo de nervios, emoción e sorrisos onde compartimos e intercambiamos experiencias con alumnado doutro centro e outra cidade. Os nenos sentiron unha grande responsabilidade por ensinar a nosa cidade a outros compañeiros!

Dende o encontro nos Xardíns do Bispo Cesáreo, onde esperaban con caras de expectación, pasando polas Burgas, a Praza Maior, a Catedral, o Parque de San Lázaro e as beiras do río Miño, os pequenos gozaron dunha experiencia incrible e novedosa. Feito o traballo de guías, todos xuntos compartimos comida e xogos no parque Miño!

Xa para rematar, fixemos intercambio de agasallos! Eles obsequiáronos cunhas chapas feitas a man e personalizadas, e nós entregámoslle a nosa guía de Ourense editada.

Con moita mágoa tivemos que voltar aos nosos respectivos centros. Agardamos volver a atoparvos compañeiros e compañeiras do Saladino!0

Deixámosvos a nosa guía turística de Ourense e o making off de todo o proxecto de investigación “Afondando en Ourense”.

VISITA DE ANXO MOURE

Con motivo do día Mundial da Auga ( 22 de marzo),  e do día da Árbore ( 21 e marzo), tivemos unha visita moi especial.

Ninguén mellor ca Anxo Moure para falarnos do coidado das árbores e dos ríos.

 

Anxo chegou, como o fai sempre, cargadiño de ilusión, esta vez veu en barca, e fixo voar  a imaxinación de todos os que o escoitamos.

Anxo ensinounos a converter as novas tristeiras en novas con corazón.

SEMANA VERDE

LUNS: BUSCAMOS BELEZA NA NOSA ESCOLA

O luns tivemos que buscar as imaxes máis “verde fermosas” da nosa escola.

Ollando o horto decidimos que poden ser estas:

ECOIDEAS

Este ano para celebrar o Día da Nai decidimos facer agasallos con materiais reutilizados e reciclados, empregando botellas de plástico, macetas, folios e xornais.

Velaí  os resultados.

1-Fixemos postais reutilizando os xornais.

Aproveitamos as palabras que valían para definir a cada mamá.

2- Reutilizamos bolsas de papel

e decorámolas dun xeito orixinal e creativo.

3- Convertemos as botella de leite en macetas para sementar flores.

4- Os cativos de Educación Infantil fixeron uns paquetes moi orixinais reutilizando o cartón do papel hixénico.

5-Reutilizamos anacos dos xornais para escribir as mensaxes que logo poríamos nas postais, e descubrimos que podemos empregar as marxes das páxinas dos xornais para facer as notas coa compra do super, por exemplo.

6- Colocamos na entrada da escola, no patio de Educación Infantil, a Florinda, un agasallo que nos fixeron as nais da Anpa reutilizando macetas. Florinda converteuse na amiguiña de Friolín,  o noso boneco de neve, feito con pneumáticos.