QUÉROTE VERDE

Verdes, moi verdes están a nosa horta solidaria, e os patios da nosa escola, grazas aos coidados dos nosos nenos, e das nosas nenas, que sempre están dispostos a botar una man, para regar, reutilizar, sementar…..e en definitiva encher a escola de vida e de cores.

DSC07895

Aixa, Iria, Xiana e Uxia presentaron  a nosa escola vestidas de verde.

ANO DOS LEGUMES

Acordádevos que tivemos unha sesión de contacontos onde os legumes e outros alimentos saudables eran os protagonistas?. Despois da sesión tiñamos un traballo pendente: inventar unha historia arredor dos legumes e das verduras. Pois aquí temos xa o conto XIÁN E OS CHÍCHAROS” que entre todos, nenos e nenas de infantil e profes, inventamos e fixemos. Botádelle unha ollada… e esperemos que vos guste!!

 

Facede clic na imaxe para ver +

A NOSA MASCOTA

DSC00028

Este é TRASTE a mascota do noso horto escolar. Este pequeno espantallo foi bautizado así polos nenos/as porque cando saen ao horto sempre lles fai algunha trasnada, sobre todo, encántalle cambiar os letreiros que sinalan os distintos produtos que hai na horta… logo menudo lío… os nenos/as teñen que volver colocar o letreiro no lugar axeitado, ao lado do produto que representan. 

Xa o veredes en acción…!!