UNIDOS POLA NATUREZA

As nenas eos nenos de 5º de educación infantil contáronnos que fan moitas cousas cos seus avoíños, e coas súas avoíñas, e que a  maior parte delas están relacionadas co traballo na horta, e co coidado da natureza.

 

 

DA HORTA AO PRATO

Hai que ver canto medraron os nosos repolos!

Tanto que xa valen para facer un rico cocido. Polo que hoxe fomos á  horta escolar a recollelos, e levámolos á cociña,  para que os nosos cociñeiros nolos preparen para o xantar de mañá.

BO PORVEITO RAPACES!!!!

A HORTA DO ALBINO

E xa chegou o tempo de sementar as patacas na nosa horta

Un ano máis, foron os cativos de educación infantil os que cos pés na terra, e cheíños de enerxía e de ilusión comezaron a sementeira.

O primeiro que fixemos foi fender as patacas, buscando que, en cada un dos anacos fendidos, quedasen ollos para que a través deles abrollasen as novas prantas.

Coas patacas fendidas xa todo foi “sachar e sementar”, algo que as cativas, e os cativos de 6º de educación infantil saben facer moi ben.

Iria, Sofía e Cibrán traballan na horta con moito interese.

 

Marisa, Ainara e Hugo fan os buracos con moita ansia.

 

Hugo e Ainara levan traballando tanto que xa están un pouco cansos.

Helena e Mateo pensan que igual fixeron os buracos demasiado fondos, e isto dificulta que medren as patacas.

A Uxía moito lle gusta deixar a súa pataca ben colocada.

Agora a esperar que se dea unha boa colleita!!!!

SABEDORIA E TERRA

Seguimos coas  patacas a voltas ! Este venres   foron Diego de 3º,  e os nenos de 6º de educación infantil os que baixaron a horta para traballar con moita ansia.

Diego, Pablo e Matias viñeron  cos  sacos, só lles faltaban as sementes!

 

Aquí temos a Matias disposto a encher o saquiño de sementes de patacas.

Diego e Pablo teñen moitas gañas de traballar!

Diego repártelle patacas aos compañeiros para que lles busquen os ollos, e nós expliquen por onde teríamos que partilas:

E as amiguiñas e os amiguiños de Diego, e da horta dos amigos de Cardio, séntanse moi concentrados para decidir por onde hai que partir as patacas, asegurándose de que cada anaco leva alomenos un ollo.

E despois de partilas  imos a horta, a continuar coa faena!

Coas patacas semetadas, e a terra cultivada, so nós quedaba recompilar os ditos populares e os refráns que coñeceran as familias da nosa comunidade, relacionados coas  patacas.

REFRÁNS E DITOS POPULARES

Aínda que a cubras en abril, ata maio a pataca non vai saír.

Comer boa pataca engorda pero non mata.

Cando a fame dá calor, a pataca é un refresco.

Cando empezo a marcear, debes a pataca sementar.

Cando empeza a marcear, sementa a pataca e o garvanzal.

Onde non hai mata non escarbes que non hai pataca.

O arroz con tomate e a pataca cocida, alongan a vida.

En fin, patacas en latín, e arroz á cubana.

Hoxe gasta moita carne en brasa, o que onte comía cebolas e patacas.

As patacas cocidas, alongan a vida.

As patacas e as noras da montaña; o trigo e os xenros, da terra baixa.

Choiva de agosto, patacas, mel e mosto.

Máis vale patacas en paz, que talladas en guerra.

Máis valen dous bocados de vaca que sete de pataca.

Máis valen patacas en reunión, que perdiz nun recuncho.

O meu corazón palpita como unha pataca frita

Por San Blas, as patacas sementarás.

 

RECOLLENDO AS NOSAS COLLEITAS

Antes de marchar de vacacións temos que recoller os froitos do noso traballo.

Aquí podedes ver aos nosos cativos de 4º de Educación Infantil nunha sesión  de recollida, na que participaron con moita ilusión,  con moitas gañas de traballar e con moita forza….

REGANDO O NOSO HORTO

Os cativos de educación infantil  da nosa escola saben moi ben o importante que é a auga para que medren as  acelgas, os amorodos, os calabacíns e as patacas que temos plantadas no horto, por iso  sempre están  dispostos a coller a mangueira para regar……………..

e a regadeira, para darlle de beber aos castiñeiros e as  plantas que temos nas macetas.

CARACOL CARACOLEIRO

Para protexer os nosos cultivos seguimos colocando no horto trampas ecolóxicas de cervexa, logo, con moito coidado, recolleremos  os caracois e poremolos  na zona da carballeira, onde teñen comida e non son un perigo para as verduras.

dav

ELENA PREPARANDO UNHA TRAMPA ECOLÓXICA

 

Na aula estivemos facendo puzles con caracois de cores.

 

E coloreando varias fichas.

 

 

SEMANA VERDE

LUNS: BUSCAMOS BELEZA NA NOSA ESCOLA

O luns tivemos que buscar as imaxes máis “verde fermosas” da nosa escola.

Ollando o horto decidimos que poden ser estas:

A NOSA ECOPATRULLA NA TELE

A cadea de televisión local TELEMIÑO realizou no noso cole unha gravación na que fomos os protagonistas. Concretamente gravaron un programa da serie XORNAL ESCOLAR centrado nas actividades que realiza a nosa ECOPATRULLA.

O programa tivo dous momentos diferenciados: un que se gravou no cole con diferentes mostras de todas as actividades que realiza a ECOPATRULLA e outra parte que se gravou nos estudos de TELEMIÑO en onde asistiron como público os nenos e nenas de 4 e 5 anos e fixeron de co-presentadores Jeray (de 5 anos) e Ana e Martín (de 4 anos).

Recordamos que a ECOPATRULLA é unha actividade que realizan 101 nenos e nenas voluntarios na hora de actividades despois da hora de xantar e, que unha vez programadas polo equipo de VOZ NATURA do centro, son levadas a cabo principalmente, por dúas nais que colaboran no servizo de comedor escolar, Sandra e Ana Belén, e por un avó, Sergio.

Para o programa graváronse algunhas mostras dos distintos grupos de actividades que a ECOPATRULLA ven realizando ao longo do curso:

  1. COIDADO DO MEDIO (OU HORTO ESCOLAR)

    2. TALLERES DE RECICLADO

    3. XOGANDO COA NATUREZA

    4. POÑENDO A ESCOLA GUAPA

    5. TALLERES DE COUSAS CON RAÍZ (TALLERES PAN DE MILLO)

    E DE PIÑAS E XESTAS

6. HORTO BOTIQUÍN

7. FACEMOS CASAS PARA ANIMALIÑOS

E mantémolas húmidas, regando todos os días.

8. DEBULLAMOS MILLO E DAMOS DE COMER AOS PAXAROS

9. ESCOITAMOS, TOCAMOS, SENTIMOS E BAILAMOS AO  SON DA NATUREZA

FACEMOS  INSTRUMENTOS CON MATERIAIS DA NATUREZA, E CON OBXECTOS REUTILIZADOS.

E para rematar todos xuntos cantamos LA HORA DEL PLANETA para manifestar o noso compromiso de contribuír a un mundo sostible

O pasado 8 de abril emitiuse o programa na tele local TELEMIÑO e aquí vos deixamos os enlaces para que podades ver o programa completo:

 

P1080463

XORNAL ESCOLAR – PRIMEIRA PARTE

DSC07632

XORNAL ESCOLAR – SEGUNDA PARTE

DÍA DA TERRA

Esta celebración festiva correspóndese con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra, que se celebra o  21 de marzo,  e o Día da Terra ,  o 22 de abril, dende o 1970, data na que se celebrou  por primeira vez nos Estados Unidos.

A festividade foi creada, tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación á que os humanos estabamos sometendo a natureza. Pretende lembrarnos que o planeta, e os seus ecosistemas dannos vida, polo que temos a responsabilidade de coidalos e de protexelos.

Con esta celebración queremos comprometernos, como nos recordaba a Declaración de Río de 1992, para fomentar a harmonía coa Nai Terra, ata acadar o equilibrio do ser humano co medio, desenvolvendo prácticas sostibles.

No noso centro desenvolvemos varias actividades, para  promover a alfabetización mediambiental e climática do noso alumnado.

Comezamos analizando a situación actual do medio ambiente, para establecer a continuación o noso compromiso pola terra, no que cada neno se responsabiliza dunha zona verde da escola.

Aquí temos a un grupo de nenas e de nenos moi responsables, asumindo o seu compromiso, son os madrugadores, que xa regan á primeira hora, antes de subir ás clases.

Logo da análise baixamos ao patio para buscar a zona que ía  coidar cada cativo, ou cada grupo.

Con todas as fotos, da nosa escola verde, organizamos a exposición “VEXO VERDE”, que nos convida a gozar do noso traballo, dunha escola na que todos nos comprometemos no coidado do medio.

EXPOSICIÓN:  ” VEXO VERDE”

Os cativos de educación infantil traballaron varias fichas na aula.

artistas 1

Aquí temos o traballo das nenas, e dos nenos de 4º de Educación Infantil.

Tamén estivemos celebrando este día no horto, e no  xardín dos sentidos, onde aproveitamos para plantar, regar e gozar da fauna e dos sons da natureza.

comprmiso 5

Regando, regando a terra estamos coidando.

Non podían faltar as actividades de reutilizar ou de reciclar, que lle dan vida ao noso proxecto.

Nesta ocasión foi unha nai da comunidade educativa a que nos mandou botellas de leite xa cortadas, para que pudiéramos decoralas, e empregalas para sementar ou para plantar.

As nenas e os nenos de 2º levaron  unha bolsa de sementes para cultivar nas súas casas cebolas, pementos, cabaciñas, chícharos, leitugas ou tomates.

E como somos moi festexeiros, rematamos esta celebración bailando a canción de Chayanne “Madre Tierra”, coa que queremos desexarvos un feliz Día da Terra!!.