O CARBALLO QUE SE CONVERTEU EN BONECO DE NEVE

Coas nenas,  e cos nenos de educación infantil estivemos traballando a historia da árbore que quería entrar nas aulas dos máis cativos.

O vello carballo levaba moito tempo ollando aos nenos da nosa escola, oía os seus sorrisos e vía os seus xogos, gústaballe o  que aprendían e o ben que o pasaban, polo que pouco a pouco foi medrando nel o desexo de acompañar aos cativos ao longo de toda a xornada escolar, dentro nas clases e fóra no patio.

Un día cando o avó Sergio chegou ao centro escoitou chorar a alguén  no patio, e achegouse ao carballo  para saber porque estaba tan triste. A árbore contoulle que co temporal  de vento e de choiva  caíranlle  varias polas, e pedíulle  que fixera algo con elas, para que puideran  acompañar aos nenos e non tiveran que rematar  queimadas no lume.

Sergio prometeu que lle axudaría, e durante as vacacións de Nadal púxose “mans á obra”, buscou un bo modelo:

E dunha das polas fixo este fermoso boneco de neve.

Sergio con CopitoO boneco de neve foi á clase dos cativos de 4º de educación infantil e mirade que ben o recibiron!

 Ata lle puxeron nome, decidiron chamarlle: ” Copito de neve”.

A NOSA ECOPATRULLA NA TELE

A cadea de televisión local TELEMIÑO realizou no noso cole unha gravación na que fomos os protagonistas. Concretamente gravaron un programa da serie XORNAL ESCOLAR centrado nas actividades que realiza a nosa ECOPATRULLA.

O programa tivo dous momentos diferenciados: un que se gravou no cole con diferentes mostras de todas as actividades que realiza a ECOPATRULLA e outra parte que se gravou nos estudos de TELEMIÑO en onde asistiron como público os nenos e nenas de 4 e 5 anos e fixeron de co-presentadores Jeray (de 5 anos) e Ana e Martín (de 4 anos).

Recordamos que a ECOPATRULLA é unha actividade que realizan 101 nenos e nenas voluntarios na hora de actividades despois da hora de xantar e, que unha vez programadas polo equipo de VOZ NATURA do centro, son levadas a cabo principalmente, por dúas nais que colaboran no servizo de comedor escolar, Sandra e Ana Belén, e por un avó, Sergio.

Para o programa graváronse algunhas mostras dos distintos grupos de actividades que a ECOPATRULLA ven realizando ao longo do curso:

  1. COIDADO DO MEDIO (OU HORTO ESCOLAR)

    2. TALLERES DE RECICLADO

    3. XOGANDO COA NATUREZA

    4. POÑENDO A ESCOLA GUAPA

    5. TALLERES DE COUSAS CON RAÍZ (TALLERES PAN DE MILLO)

    E DE PIÑAS E XESTAS

6. HORTO BOTIQUÍN

7. FACEMOS CASAS PARA ANIMALIÑOS

E mantémolas húmidas, regando todos os días.

8. DEBULLAMOS MILLO E DAMOS DE COMER AOS PAXAROS

9. ESCOITAMOS, TOCAMOS, SENTIMOS E BAILAMOS AO  SON DA NATUREZA

FACEMOS  INSTRUMENTOS CON MATERIAIS DA NATUREZA, E CON OBXECTOS REUTILIZADOS.

E para rematar todos xuntos cantamos LA HORA DEL PLANETA para manifestar o noso compromiso de contribuír a un mundo sostible

O pasado 8 de abril emitiuse o programa na tele local TELEMIÑO e aquí vos deixamos os enlaces para que podades ver o programa completo:

 

P1080463

XORNAL ESCOLAR – PRIMEIRA PARTE

DSC07632

XORNAL ESCOLAR – SEGUNDA PARTE

TALLER DE VASOIRAS

Sergio volveu á escola para contarnos que a natureza é tan rica que ademais de darnos alimentos, danos moitos recursos. Algúns valen para facer xogos e xoguetes, outros para resolver os problemas que tiñan fai moitos anos as persoas que vivían nos nosos pobos, como era varrer ou levar piñas do eido para a casa.

No noso taller de vasoiras vimos como traballaba Sergio con xestas e con vimbios, ata facer a que sería a avoa das actuais escobas. Tamén tivemos o recuncho de fantasía, o de cancións, o de xogos, o de curiosidades e o de adiviñas.

A profe Mª Xosé aproveitou para facernos un xogo: “A letra entrada”, no que para entrar no taller de fantasía había que coñecer as letras que xa estivemos estudando, porque a letra que ela ía dicindo era a inicial do nome do neno que podía entrar.

Sergio contounos que nos pobos había varios ditos sobre as vasoiras. Un deles afirmaba que “non se podía levar vasoira vella a casa nova”, porque daba mala sorte; o outro dicía que “non se podían varrer coa vasoira os pés dunha moza solteira”, porque entón a rapaza non casaría.

A profe María ensinounos unha canción que cantamos á vez que íamos comprobando o ben que varrían as nosas vasoiras:

Así varría así, así,

así varría así, así,

así varría , así, así.

Así varría porque eu a vin.

Cando pisamos no recuncho da fantasía démonos conta de que a nosa vasoira era máxica, e podía converterse no que nos quixéramos. Daquela a nosa vasoira foi:
As agullas dun reloxo, un avión, un telescopio, un peite para xirafas, un cabaliño viaxeiro, uns remos para unha barca, unha fregona, unha culler para remexer as receitas da paz, unha batidora, un espertador para facerlles cóxegas aos paxaros nos niños, unha gaita, un instrumento para facerlles cóxegas aos compañeiros, unha guitarra, un micrófono, unha brocha para maquillar xigantes…cantas cousas se nos ocurriron! Porque neste recuncho todo era posible…..

No recuncho das cantigas, coa nosa vasoira máxica cantamos: “Se eu tivera unha vasoira cantas cousas varrería” e como xa a tiñamos varremos as rabechas, a tristeza, os enfados, os berros, Rubén ata quería varrer os pepinillos pero Iria non estivo de acordo porque a ela gústanlle moito.

Varremos con tanta forza que voaron á caixiña, e despois desapareceron.

Ao rematar coas vasoiras Sergio sacou varias piñas dunha cesta, colocounas na colchoneta e contounos que fai moitos anos, cando el era neno, e ían ao monte co gando, ao volver levaban piñas para a casa para meter na cociña de ferro e quentarse, porque non había calefacción e no inverno facía moito frío.

P1090051Explicou que daquela tampouco había cestos ou carretillas e como querían levar todas as que puideran nunha soa viaxe inventaran o “ata piñas” que se facía cunha xesta á que lle ían colgando as piñas. Algo así como unha árbore de Nadal pero ao revés. Para comprobar o difícil que era levar moitas piñas dunha vez intentamos facelo, a pesar da dificultade, Rubén, Ana e Ainhoa conseguirono.

Sen embargo na maioría dos casos ao intentar levantarnos e camiñar acabaron caendo.

Fíxonos un “ata piñas”, para que puideramos ver como se facían, e aprender a facelos.

P1090043

E demos uns paseiños pola clase con el.

P1090089

Rematamos xogando a: “Piñiña, piñiña onde estás agochadiña”.

P1090160

Rematar, rematar o certo é que non rematamos porque isto non fixo máis que comezar, xa que cando íamos saír, a profe Conchi deunos un concerto coas piñas, e de aí naceu a outra idea, o nome do próximo taller, que será o de “Un concerto moi natural”, no que faremos instrumentos musicais con materiais reutilizados, e con diferentes elementos da natureza: cunchas, noces, millo…., etc e ……todos a danzar aos sons da natureza.

TALLERES CON RAÍZ: PAN DE MILLO

Continuamos cos noso taller de PAN DE MILLO, esta semana realizaron este taller os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria que volveron a compartir unha nova experiencia co avó Sergio, ao que xa coñecían do curso pasado. Isto é o que nos contan:

“Hoxe os nenos e as nenas de primeiro fomos ao taller de  pan de millo. Con esta actividade achegámonos a nosa contorna natural e sociocultural, puxemos en marcha os nosos sentidos (vimos, tocamos, probamos…), descubrimos as diferentes tarefas que hai que facer para elaborar pan de broa, aprendemos moitas palabras relacionadas co millo, traballamos en grupo, e cantamos a canción “Pan de millo” do grupo Migallas”.

DSCN4821

Mentres o noso pan se cocía volvemos a aula para facer as seguintes fichas:


 

E aquí tedes aos pequenos e pequenas de 1º “coas mans na masa”:

PAN DE MILLO

Unha vez máis volvemos aos nosos TALLERES CON RAÍZ. O día 24 de febreiro, os pequenos e pequenas de 6º de Educación Infantil, e o 2 de marzo, os de 5º, estiveron elaborando pan de millo. Volveu o avó Sergio ao colexio para explicarlles como se facía antes todo o proceso de elaboración do pan de millo, para acabar elaborando eles mesmos os seus pequenos boliños de pan. Resultou unha experiencia moi motivadora e gratificante para os nenos/as, e a presenza do avó Sergio e esperada por eles sempre con gran expectación.

Na seguinte presentación podedes ler como realizamos este taller. Tamén podedes coñecer todas as propiedades do millo e a receita para elaborar o pan de broa:


 

Ese díaP1030964 os nenos/as tamén coñeceron a nosa nova mascota, unha simpática espiga á que bautizaron como ESPIGUÍN. Espiguín estivo con eles durante toda a xornada e irá rotando polas casas coma NARIGOTA e as distintas mascotas do comedor escolar. 

 

 

Tamén vos deixamos un pequeno vídeo, ao que lle engadimos a música de PAN DE MILLO do grupo MIGALLAS, para que vexades como se realizou o noso taller:

TALLERES CON RAÍZ

E de novo o avó Sergio veu ao cole para ensinarlle aos nenos/as as cousas que podemos facer con elementos da natureza 


Coma sempre os rapaces/zas pasarono xenial e aprenderon un montón de cousas con Sergio:

Tamén se acercou ao cole Luis, outro avó, que lles ensinou aos rapaces/zas pequenas tallas que facía  el aproveitando cachos de madeira:

TALLERES: COUSAS CON RAÍZ

Esta semana contamos no cole coa presenza de alguén moi especial, Sergio, un avó, que lles contou aos nenos/as cousas sobre cando el era pequeno e como aproveitaban os elementos da natureza que tiñan arredor para xogar e facer xoguetes… lede a ficha adxunta para saber máis…


E aquí tedes as fotos do que lles ensinou a facer Sergio e o ben que o pasaron con el. O primeiro día, o mércores 11 de marzo, Sergio estivo cos cativos/as de 3 anos e ensinoulles a facer avións con palillos e miga de pan e castelos de carozos de millo… e xogou con eles ao “esconde millos”…

O segundo día que veu Sergio ao cole, o venres 13 de marzo, estivo cos pequenos/as de 4 e 5 anos e ensinoulles a facer carros de xoguete con remolachas e xestas, tamén xogaron cos carozos e fixeron avións…

TALLERES: COUSAS CON RAÍZ

Esta semana comezamos unha serie de talleres que englobamos dentro do nome COUSAS CON RAÍZ.

Este venres, 6 de febreiro, empezamos o primeiro:  O TALLER DE VASOIRAS

E que facemos hoxe? Fai moito frío para saír ao horto.

Pero podemos xogar coa natureza, recuperar tradicións, facer series matemáticas…e todo iso no noso taller de vasoiras.

Aínda que o noso  taller non xurdiu porque fixera frío e non puideramos saír ao horto.

O taller xurdiu porque a nosa amiga a bruxa Catuxa tiña un problema e a mascota do noso horto “Traste”  pensou que os nenos de educación infantil  lle podíamos axudar.

Que quen é a bruxa CATUXA?

Pois veredes… un día atopamos en internet a historia da bruxa Catuxa, partindo dela inventamos o noso conto, fixemos  vasoiras, ordenamos series, debuxamos e coloreamos a bruxa Catuxa e a súa vasoira, e rematamos a festa cunha viaxe en vasoira e  cunha canción.

Desprazando a barra lateral da seguinte presentación podedes ler a historia…


Se facedes clic na seguinte imaxe veredes unha presentación coas imaxes do noso taller…

Captura

 

E aquí os nenos plasmaron de forma plástica á bruxa Catuxa…

P1020905P1020910

 

 

 

 

 

 

 

 

 

P1020909P1020908

 

 

 

 

 

 

 

 

 

P1020907P1020906