ECO ENREDOS

Para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente Antía fíxonos unha proposta moi interesante: ensinarnos a facer xoguetes con material reutilizado cando volvamos ao cole.

Seguro que moitos nos apuntamos a este novo taller!!!

Grazas Antía!!! Non se nos ocorre mellor maneira de conmemorar este día que a de intentar por en marcha unha idea  tan interesante.

ADEUS AO PLÁSTICO

Na nosa escola estamos pondo en marcha varias iniciativas para reducir o uso do plástico.

María dille adeus aos vasos de plástico, xa que a partir de hoxe deixaremos de usalos.

 

Victoria, Iria e Uxía tamén se despiden deles.

 

Velaí  unha destas iniciativas para coidar o medio reducindo o plástico que empregamos no centro…

Decidimos cambiar os tradicionais vasos de plástico dun só uso, que empregábamos para tomar o leite da parva…

………por estes vasos de bambú reutilizables.

As nenas, e os nenos acolleron esta medida con entusiasmo.

 

 

 

TAREFAS VIVAS PARA O VERÁN

Comprometémonos cos nosos cativos, e coas nosas cativas, a que despois do descanso de xullo lles proporíamos a través do blog, tarefas  pare desenvolver nas vacacións que lles axudasen a achegarse  á natureza e á vida, implicándoos  no coidado do medio.

Comezamos a nosa andaina cunha canción, asique xa sabedes hoxe toca cantar e bailar a ritmo de Raúl Charo:

 

A ÁRBORE DOS VALORES

Coas nenas, e cos nenos de 6º de educación infantil, e cos de 1º e 2º de primaria estivemos traballando o conto :»El árbol de los valores».

Logo as nenas, e os nenos deseñaron unha folla para as árbores do noso patio, na que foron anotando  os valores que eles  consideraban máis importante para ser felices.

 

ENTRE FOLLAS DE SABEDORÍA

Seguimos investigando, e seguimos aprendendo nesta terceira semana do concurso, cousiñas sobre o bosque, as súas árbores e a súa fauna.

Aquí tendes a novas fichas!

ENTRE FOLLAS DE SABEDORÍA

Ánimo rapazas e rapaces xa estamos na segunda semana do noso concurso!

Seguimos buscando información nos libros da nosa biblioteca.

Xa sabedes qe tende que ir ao recuncho de Bibliobosque, consultar o libro que vos indique o profesor que está de garda na biblioteca, e cubrir estas fichas.

 

 

ESCOLA PONTE GUAPA

As cativas, e os cativos de 6º de educación infantil chegaron hoxe á escola con moitas gañas de traballar, viñan decididos a encher o patio de cores, a para iso nada mellor que plantar prímulas.

Comezamos buscando aquelas zonas do patio nas que era necesario intervir.

 

Empregando as cores das prímulas como recurso puidemos traballar o valor da diversidade, as nenas  e os nenos entenderon que todos somos diferentes e importantes, e temos un papel fundamental para construír xuntos un mundo cheo de beleza.

Algo que Sofía e Cibrán entenderon moi ben, e que lles gustou explicar aos compañeiros.

Con moita ilusión puxémonos mans á obra.

Despois de plantar as nosas prímulas, e de comentarmos os coidados que ían necesitar, só nos quedaba colocalas enchendo o noso patio de cores, e comprobar que as diferenzas enriquecen o patio da escola e o mundo.

E para rematar Cibrán deseñou a Florinda….

Agora só nos queda gozar do noso patio multicor.

AMIGUIÑOS DA HORTA

As nenas, e os nenos de 4º de educación infantil visitaron a horta para comprobar a saúde dos nosos cultivos.

Foron observando as follas e descubriron varias cousas….

Moitas follas estaban danadas polo exceso de auga….

 

 

E tamén atoparon  probas de que temos caracois na nosa horta…

Asique decidimos facer trampas de caracois para poder recollelos e levalos lonxe da horta,  onde poidan vivir sen comer os nosos cultivos.

Comezamos facendo buracos para esconder as nosas trampas, dentro deles colocamos botes reutilizados.

Nos botes engadimos cerveza.

Puxémonos a esperar dispostos e atrapar caracois e levalos a zona  das árbores e da herba.

Mentrés estabamos esperando apareceu unha «amiguiña da nosa horta», menuda sorpresa levou Rodrigo…

 

 

 

ENTRE FOLLAS DE SABEDORÍA

Preparados para participar  no novo concurso!!!

Esta é a 1ª ficha, e a 1ª pregunta para os nenos e as nenas de 4º.

O CARBALLO

É unha árbore que pode pasar dos 40 m de altura.

A súa copa ten forma de globo, é ampla e irregular. Constitúe o principal representante da vexetación autóctona de Galicia

Os carballos florean entre abril e maio, e os froitos maduran en setembro.Resultado de imagen de CARBALLOS HOJAS

É orixinaria de Europa, Asia e o norte de África.

Ademais do gran valor paisaxístico, a súa madeira magnífica, dura e pesada foi sempre moi apreciada na  construción e na carpintería.

Unha carballeira é un bosque natural onde o carballo é a árbore dominante (en Galicia a especie principal sería o carballo común).

Resultado de imagen de ROBLE

A diferenza cunha fraga é que a carballeira é monoespecífica, polo que o carballo predomina claramente sobre outras especies arbóreas.

Ademais a fraga ten un grao de naturalidade maior, é dicir, achégase máis a un bosque virxe, bosque clímax ou primario.

Moitas fragas rematan sendo carballeiras cando perden biodiversidade, con todo, é unha formación de alto valor ecolóxico.

Para o seu normal desenrolo, os carballos precisan  chans profundos, frescos e soltos, aínda que soportan certo enchoupamento temporal.

É unha especie robusta e de longa vida ( pode superar os 1000 anos) .

Son árbores de gran valor ornamental e  paisaxístico.

En Galicia son típicas as carballeiras preto das igrexas e das ermidas, e en lugares de festas e de feiras.Ver las imágenes de origen

 

Os carballos sofren a doenza do Oidium, un fungo que se desenrola sobre a folla, dándolle un aspecto peloso de cor branca. Non chega a mata-la planta pero debilítaa considerablemente.

 

Os lumes e especies alóctonas como a mimosa son outros dos   inimigos dos carballos, con todo a superficie de carballeira aumentou nos últimos anos, en parte polo abandono de terreo agrícola causado polo despoboamento.

As carballeiras, ao igual que as fragas son o escenario de milleiros de contos, e lendas galegos. Carballos sagrados, mouros, lobishomes, trasnos, fadas, espíritos e a Santa Compaña aparecen e moran nestes bosques.

O termo Carballeira é un topónimo moi común na xeografía galega, e é ademais un apelido.

E agora para as nenas e os nenos que participades no concurso só vos queda ir a Biblioteca da nosa escola  pedir esta ficha e responder a seguinte pregunta:

Como se chaman os froitos do carballo?Resultado de imagen de bellotas

 

 

CULTIVOS AMIGOS DO FRIO

As nenas e os nenos de 6º de educación infantil foron á nosa horta escolar para investigar cales eran os cultivos propios do inverno.

Ben abrigados  saímos da aula para observar  que cultivos son amigos do frío, e cales son os que non deixan medrar as xeadas.

O primeiro que fixemos foi comprobar as temperaturas que estes días adoitan ser moi baixas.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vimos que  continúan as xeadas,  que xa nós levan acompañando ao longo de varios días.

 

Na nosa horta escolar, puidemos observar  que ás leitugas, aos porros e aos repolos gústalles o inverno

 

Outros como os pementos , ou os tomates non aguantan o frío. Isto débese a que os tecidos das plantas conteñen auga e se esta se conxela, os cristais de xeo que se forman rompen as células, facendo que a planta morra ou, no mellor dos casos, sufra danos de diferente consideración nos tecidos máis novos ou tenros.

Os brotes, follas tenras e flores son as partes máis sensibles ao frío.

DESCUBRIMOS QUE:

Cultivar no outono e no inverno non só se pode facer, senón que ten certas vantaxes:

*  Hai menos pragas.

*  Tes  que estar menos pendente da rega.

* Hai certos cultivos que saben mellor cultivados no outono e inverno: acelga, espinaca, rúcula e outras follas de ensalada teñen moito mellor sabor cando non viven baixo o sol abrasador de verán, que fai que teñan un sabor máis amargo (por iso no verán sempre recomendamos que teñan certa sombra).

UN BO CONSELLO:

Pare ter unha boa horta no inverno hai que preparala no outono.

A cuestión é, que existen cultivos moi resistentes ao frío.  Algúns aguantan até -4 ºC de temperatura en momentos puntuais. Simplemente hai que ter en conta unha cousa: son resistentes cando foron plantados no outono,  e no inverno están ben asentados ao terreo. Por iso é clave preparar no outono a horta do inverno, sobre todo se  a nosa zona é especialmente fría e ten xeadas no inverno. Se esperamos a sementar ou trasplantar cando o chan estea frío, o cultivo, por moi de inverno que sexa, non vai estar listo para enfrontarse a ese reto.

Asique, tal e como puidemos comprobar na horta escolar, hai cultivos amiguiños do frío , como son : a coliflor, o brócoli, o romanesco, as cenorias, as espinacas, as acelgas , os porros, as leitugas e os repolos.