REUTILIZANDO CARTÓN

Convidamos aos cativos a pensar que podíamos facer logo dunhas datas nas que ademais de acumular agasallos acumulamos papeis e cartón.

E decidimos empregar os cartóns, das caixas nas que viñan moitos dos agasallos recibidos polo Nadal, para facer as nosas “obras de arte pola paz”.

Isto só é o comezo, estamos convencidos de que pouco a pouco, con todo o cartón que estamos xuntando, faremos fermosos cadros pola paz.

 

O CARBALLO QUE SE CONVERTEU EN BONECO DE NEVE

Coas nenas,  e cos nenos de educación infantil estivemos traballando a historia da árbore que quería entrar nas aulas dos máis cativos.

O vello carballo levaba moito tempo ollando aos nenos da nosa escola, oía os seus sorrisos e vía os seus xogos, gústaballe o  que aprendían e o ben que o pasaban, polo que pouco a pouco foi medrando nel o desexo de acompañar aos cativos ao longo de toda a xornada escolar, dentro nas clases e fóra no patio.

Un día cando o avó Sergio chegou ao centro escoitou chorar a alguén  no patio, e achegouse ao carballo  para saber porque estaba tan triste. A árbore contoulle que co temporal  de vento e de choiva  caíranlle  varias polas, e pedíulle  que fixera algo con elas, para que puideran  acompañar aos nenos e non tiveran que rematar  queimadas no lume.

Sergio prometeu que lle axudaría, e durante as vacacións de Nadal púxose “mans á obra”, buscou un bo modelo:

E dunha das polas fixo este fermoso boneco de neve.

Sergio con CopitoO boneco de neve foi á clase dos cativos de 4º de educación infantil e mirade que ben o recibiron!

 Ata lle puxeron nome, decidiron chamarlle: ” Copito de neve”.

UN AGASALLO MOI ESPECIAL

Hoxe, 22 de outubro, día Internacional das Bibliotecas Escolares,  recibimos un agasallo moi especial, o dun avó da nosa comunidade educativa.

O avó Sergio trouxonos un carriño, para que os compañeiros do equipo de biblioteca, que están a desenvolver a actividade “Bibliopatio”, a través da cal os nenos voluntarios de primaria levan durante o tempo do recreo un carriño con libros ao patio de educación infantil, poidan empregar este. Un carriño  que fai moitos anos empregaban as leiteiras, para recoller o leite nos nosos pobos, e levalo pola costiña de Canedo a vender a Ourense.

E  agora, este carriño será reutilizado para   ir ao patio da nosa escola cargadiño de libros.

RECOLLENDO SEMENTES

Comezamos o traballo no horto recollendo sementes de xudías.

Logo descubrimos porque fai moitos anos nos nosos pobos, os avoíños e as avoíñas gardaban as sementes en bolsas de tea.

 

P1100236

LEVAMOS AS NOSAS SEMENTES PARA A CASA  EN BOLSAS DE TEA.

 

 

A tea permite que pase ou aire, á vez que absorbe a humidade das sementes, e iso facilita que se sequen.
Por iso quixemos recuperar a sabedoría da nosa xente e, tal e como facían eles, meter as sementes de xudías en bolsas, levalas para casa e deixalas a secar ata que chegue o tempo de sementar.

EN BOLSAS DE TEA.

 

 

 

 

 

 

SEMANA VERDE

MARTES: MANS Á OBRA LIMPANDO A ESCOLA!

O martes puxemos as luvas e mans á obra……recollemos o lixo dos patios da nosa escola.

limpando a escola 2

Que bo traballo fixeron as nenas e os nenos da ecopatrulla!!

BOLSAS MULTIUSOS PARA QUE O PLANETA NON LEVE UN SUSTO

Os cativos de 5º de Educación Infantil deseñaron as súas bolsas multiusos, que levarán cada vez que vaian comprar algo, para reducir o uso de plástico  ao reutilizar sempre a mesma bolsa de papel. Desta maneira intentamos evitar que o planeta leve un susto!

E o mesmo fixeron as nenas e os nenos da ecopatrulla

ECOIDEAS

Este ano para celebrar o Día da Nai decidimos facer agasallos con materiais reutilizados e reciclados, empregando botellas de plástico, macetas, folios e xornais.

Velaí  os resultados.

1-Fixemos postais reutilizando os xornais.

Aproveitamos as palabras que valían para definir a cada mamá.

2- Reutilizamos bolsas de papel

e decorámolas dun xeito orixinal e creativo.

3- Convertemos as botella de leite en macetas para sementar flores.

4- Os cativos de Educación Infantil fixeron uns paquetes moi orixinais reutilizando o cartón do papel hixénico.

5-Reutilizamos anacos dos xornais para escribir as mensaxes que logo poríamos nas postais, e descubrimos que podemos empregar as marxes das páxinas dos xornais para facer as notas coa compra do super, por exemplo.

6- Colocamos na entrada da escola, no patio de Educación Infantil, a Florinda, un agasallo que nos fixeron as nais da Anpa reutilizando macetas. Florinda converteuse na amiguiña de Friolín,  o noso boneco de neve, feito con pneumáticos.

A NOSA ECOPATRULLA NA TELE

A cadea de televisión local TELEMIÑO realizou no noso cole unha gravación na que fomos os protagonistas. Concretamente gravaron un programa da serie XORNAL ESCOLAR centrado nas actividades que realiza a nosa ECOPATRULLA.

O programa tivo dous momentos diferenciados: un que se gravou no cole con diferentes mostras de todas as actividades que realiza a ECOPATRULLA e outra parte que se gravou nos estudos de TELEMIÑO en onde asistiron como público os nenos e nenas de 4 e 5 anos e fixeron de co-presentadores Jeray (de 5 anos) e Ana e Martín (de 4 anos).

Recordamos que a ECOPATRULLA é unha actividade que realizan 101 nenos e nenas voluntarios na hora de actividades despois da hora de xantar e, que unha vez programadas polo equipo de VOZ NATURA do centro, son levadas a cabo principalmente, por dúas nais que colaboran no servizo de comedor escolar, Sandra e Ana Belén, e por un avó, Sergio.

Para o programa graváronse algunhas mostras dos distintos grupos de actividades que a ECOPATRULLA ven realizando ao longo do curso:

  1. COIDADO DO MEDIO (OU HORTO ESCOLAR)

    2. TALLERES DE RECICLADO

    3. XOGANDO COA NATUREZA

    4. POÑENDO A ESCOLA GUAPA

    5. TALLERES DE COUSAS CON RAÍZ (TALLERES PAN DE MILLO)

    E DE PIÑAS E XESTAS

6. HORTO BOTIQUÍN

7. FACEMOS CASAS PARA ANIMALIÑOS

E mantémolas húmidas, regando todos os días.

8. DEBULLAMOS MILLO E DAMOS DE COMER AOS PAXAROS

9. ESCOITAMOS, TOCAMOS, SENTIMOS E BAILAMOS AO  SON DA NATUREZA

FACEMOS  INSTRUMENTOS CON MATERIAIS DA NATUREZA, E CON OBXECTOS REUTILIZADOS.

E para rematar todos xuntos cantamos LA HORA DEL PLANETA para manifestar o noso compromiso de contribuír a un mundo sostible

O pasado 8 de abril emitiuse o programa na tele local TELEMIÑO e aquí vos deixamos os enlaces para que podades ver o programa completo:

 

P1080463

XORNAL ESCOLAR – PRIMEIRA PARTE

DSC07632

XORNAL ESCOLAR – SEGUNDA PARTE

DÍA DA TERRA

Esta celebración festiva correspóndese con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra, que se celebra o  21 de marzo,  e o Día da Terra ,  o 22 de abril, dende o 1970, data na que se celebrou  por primeira vez nos Estados Unidos.

A festividade foi creada, tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación á que os humanos estabamos sometendo a natureza. Pretende lembrarnos que o planeta, e os seus ecosistemas dannos vida, polo que temos a responsabilidade de coidalos e de protexelos.

Con esta celebración queremos comprometernos, como nos recordaba a Declaración de Río de 1992, para fomentar a harmonía coa Nai Terra, ata acadar o equilibrio do ser humano co medio, desenvolvendo prácticas sostibles.

No noso centro desenvolvemos varias actividades, para  promover a alfabetización mediambiental e climática do noso alumnado.

Comezamos analizando a situación actual do medio ambiente, para establecer a continuación o noso compromiso pola terra, no que cada neno se responsabiliza dunha zona verde da escola.

Aquí temos a un grupo de nenas e de nenos moi responsables, asumindo o seu compromiso, son os madrugadores, que xa regan á primeira hora, antes de subir ás clases.

Logo da análise baixamos ao patio para buscar a zona que ía  coidar cada cativo, ou cada grupo.

Con todas as fotos, da nosa escola verde, organizamos a exposición “VEXO VERDE”, que nos convida a gozar do noso traballo, dunha escola na que todos nos comprometemos no coidado do medio.

EXPOSICIÓN:  ” VEXO VERDE”

Os cativos de educación infantil traballaron varias fichas na aula.

artistas 1

Aquí temos o traballo das nenas, e dos nenos de 4º de Educación Infantil.

Tamén estivemos celebrando este día no horto, e no  xardín dos sentidos, onde aproveitamos para plantar, regar e gozar da fauna e dos sons da natureza.

comprmiso 5

Regando, regando a terra estamos coidando.

Non podían faltar as actividades de reutilizar ou de reciclar, que lle dan vida ao noso proxecto.

Nesta ocasión foi unha nai da comunidade educativa a que nos mandou botellas de leite xa cortadas, para que pudiéramos decoralas, e empregalas para sementar ou para plantar.

As nenas e os nenos de 2º levaron  unha bolsa de sementes para cultivar nas súas casas cebolas, pementos, cabaciñas, chícharos, leitugas ou tomates.

E como somos moi festexeiros, rematamos esta celebración bailando a canción de Chayanne “Madre Tierra”, coa que queremos desexarvos un feliz Día da Terra!!.

UNS RELOXOS MOI ORIXINAIS

A titora de sexto, a profesora  Tamara,  sorprendeunos cunha proposta moi creativa. Reutilizar tapacubos para facer reloxos. E aínda máis soprendente foi o resultado, velaí…….

…os orixinais reloxos que foron capaces de facer as nenas e os nenos de 6º, con materiais do lixo.

tapacubos 5

 

CAPITÁNS VERDEMÁN

Presentámosvos a un grupo de nenos e de nenas que despois de coñecer ao Capitán Verdemán, a través do vídeo e do libro que traballamos na aula, decidiron deseñar os seus traxes, e converterse nos seguidores deste heroe da reciclaxe. 

Agora terán que convencer, ao longo do terceiro trimestre, a máis compañeiros, e compañeiras do cole, ata conseguir un equipo de capitáns verdemáns, especializados en reducir, reutilizar e reciclar.

 

HEROES 12

De momento xa temos varios nenos que, seguindo os pasos do Capitán Verdemán, se comprometen a manter  a escola limpa.